Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006277/1998 m.

En cumprimento do solicitado en escrito do 22 de outubro de 1998, polo presidente da Sección 2ª

da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en recurso contencioso-administrativo 02/0006277/1998 m, interposto polo Concello da Illa de Arousa contra orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 20 de maio de 1998 pola que se dictan as disposicións necesarias para facilita-lo reparto de cargas entre os concellos da Illa de Arousa e Vilanova de Arousa, resultantes do proceso segregador resolto mediante o Decreto 415/1996, do 21 de novembro da Xunta de Galicia, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Que de conformidade co artigo 61 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, se lle remita o expediente administrativo ó mencionado órgano xurisdiccional.

Segundo.-Que de conformidade co artigo 64 da citada lei, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesual, este acordo debe serlles notificado de inmediato a cantos aparezan como interesados nel, emprazándoos para que poidan comparecer e constituírse en parte nos citados autos mediante procurador, con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, no prazo de nove días, incorporando as notificacións practicadas ó expediente, ó que se lle dá cumprimento con este escrito.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

10377