Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.598

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector de bebidas refrescantes e analcohólicas da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector de bebidas refrescantes e analcohólicas da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-10-1998, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada pola representación da Asociación Provinical de Bebidas Refrescantes y Analcohólicas e das centrais sindicais UGT e CC.OO. o día 17-10-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de novembro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de bebidas refrescantes e analcohólicas da provincia da Coruña

Parte empresarial: José Landeira, Miguel Calderón Acero.

Parte social: Fernando Vázquez (UGT), Alfonso Quintana (CC.OO.).

Ás 11 horas do día 17 de setembro de 1998, nos locais da Asociación de Empresarios reúnense os membros da dita comisión, co fin de aproba-la revisión salarial pactada no convenio colectivo do ano 1997. Dado que o IPC previsto polo Goberno para o ano 1998 é do 2,1% e este foi o incremento pactado, procede aumenta-la táboa salarial nun 2,1%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 1998 e se reflectirá nas táboas anexas para engadirlle ó convenio colectivo.

Así mesmo, autorízase a Francisco J. González Outumuro para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Sendo as 13.30 horas levántase a sesión e asínase esta acta en sinal de conformidade.

Convenio colectivo provincial de bebidas refrescantes e analcohólicas (táboas salariais 1998)

CategoríaSalarioPlus convenioSalario anual

Peón68.02915.6641.463.571
Subalterno73.09517.0131.559.796
Axudante77.73016.7531.625.421
Oficial de 2ª82.53715.5551.679.556
Oficial de 1ª86.65215.7221.743.786
Encargado grupo95.74715.1361.871.421
Encargado sección114.10914.8592.142.696
Encargado xeral136.41014.1522.466.606

Plus de transporte 17.348 pesetas mes para tódalas categorías.

10465