Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do siderometal.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do siderometal (código 2700475), da provincia de Lugo, asinado o día 29 de setembro de 1998, pola representación da Asociación de Comerciantes e Industriales Metalúrxicos de Lugo pola representación da Asociaicón de Talleres de Reparación de Vehículos de Lugo e das centrais sindicais UGT (30,5%), CC.OO. (27%) e USO (10,9%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 27 de outubro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio provincial para as industrias de siderometalúrxica

Artigo 1º-Obxecto do convenio.

O presente convenio ten como obxecto establecer certos criterios particulares, non recollidos na lexis

lación laboral, para as melloras das relacións laborais das partes que o subscriben.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

No seu aspecto territorial, funcional e persoal, o presente convenio colectivo afectará a tódalas empresas instaladas na provincia de Lugo que se rixan pola ordenanza de traballo de siderometalúrxica, e ó persoal que nelas preste os seus servicios.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

A vixencia do presente convenio colectivo será desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999, con independencia da súa publicación no BOP.

As partes comprométense, no caso de constituírse unha mesa de negociación de ámbito autonómico, a acudir ás citadas negociacións.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación de 30 días á data de finalización do convenio deberá ser éste denunciado por calquera das partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará, en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Norma supletoria.

En todo o que non estea previsto no presente convenio, continúan sendo de aplicación as normas legais de carácter xeral da ordenanza laboral de traballo de siderometalúrxica, recentemente derogada, excepto aqueles aspectos que se opoñan ó disposto neste convenio, mentres non se aprobe un acordo marco para o sector de ámbito estatal ou autonómico.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio, establécense con carácter de mínimas. Dentro das condicións pactadas respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cas aquí dictadas, manténdose as ad personam en canto excedan do cómputo anual.

Artigo 7º.-Publicidade.

As empresas de ámbito deste convenio terán que ter exposto nos seus centros de traballo un exemplar deste para o debido coñecemento de todo o persoal.

Artigo 8º.-Comisión mixta.

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo cumprimento e exercer funcións de arbitraxe nos problemas o cuestións suscitados, como consecuencia da súa aplicación, constituirase un comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. No caso de non chegarse ó acordo na dita comisión, ámbalas dúas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), AGA e xurisdicción competente. O citado comité estará formado por 6 representantes da asociación de empresarios asinantes e outros 6 dos representantes da parte social: UGT 3; CC.OO. 2 e USO 1.

Artigo 9º.-Salario base.

Para 1998 será o que consta na táboa salarial anexa, que supón un incremento dun 3% respecto dos salarios do ano 1997, e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Para o ano 1999, o incremento salarial será do IPC previsto polo Goberno para o ano 1999, máis un 0,8%.

Artigo 10º.-Plus de asistencia.

Este plus como o seu nome indica e que se sinala na segunda columna da táboa de salarios, diferenciado segundo a xornada laboral semanal sexa de 6 días ou de 5 días, devengarase por día traballado e en vacacións. O dito plus de asistencia perderase polas causas e motivos seguintes:

a) Tres faltas de puntualidade ó mes, darán lugar á perda dun día de plus, seis faltas de puntualidade, tres días e dez faltas, perda do plus do mes. Igual sanción terá a anticipación á saída ó remate da xornada laboral. Para ser considerada falta de puntualidade deberá esta supoñer un atraso de cinco minutos diarios polo menos.

b) A falta dun día de traballo ó mes, sen causas xustificadas (previstas na ordenanza de traballo), dará lugar á perda de tres días de plus, a falta ó traballo sen causa xustificada nin regulamentada de dous días, dará lugar á perda de seis días do plus de asistencia e a falta ó traballo durante tres días ó mes, tamén sen causa xustificada nin regulamentada, dará lugar á perda do plus correspondente ó mes.

Artigo 11º.-Cláusula de revisión.

Para o ano 1998 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 1998 rexistrase un incremento superior ó 2,1%. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998, servindo de base para o incremento do ano 1999.

Para o ano 1999 establécese unha cláusula de revisión para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 1999 rexistrase un incremento superior ó IPC previsto polo Goberno. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da indicada cifra, con efecto desde o 1 de xaneiro de 1999, servindo de base para o incremento do ano 2000.

Artigo 12º.-Consolidación do premio de antigüidade e compensacións.

A partir do 31 de decembro de 1998 suprímese, no ámbito de aplicación do presente convenio, o concepto económico de antigüidade, denominado premio de antigüidade (artigo 12 do convenio anterior). Segundo o sinalado, durante o ano 1998 o premio de antigüidade seguirá aplicándose tal e como se prevía no convenio anterior (quinquenios ó 5%).

Non obstante o anteior, as contías que corresponderían por anos de servicio o 31 de decembro de 1998 manteranse como un complemento ad personam denominado ex antigüidade, o cal sufrirá os mesmos incrementos anuais que tivera o resto do convenio, non sendo, polo tanto, compensable nin absorbible con ningún outro incremento.

Segundo o sinalado, para o ano 1999 deberá incluírse un anexo o convenio no que figure o complemento ex antigüidade que corresponda a cada traballador por cada ano de antigüidade na empresa.

Por outra banda, e en compensación ó disposto nos parágrafos anteriores, créase con efectos desde o 1 de xaneiro de 1999, no ámbito de aplicación deste convenio, un plus de compensación, cotizable á Seguridade Social, co obxecto de camiñar cara á equiparación salarial cos convenios da industria de siderometal da Comunidade Autónoma galega.

A contía do plus de compensación referido no parágrafo anterior será, para cada ano, no transcurso de 6 anos (desde 1999 ata o ano 2004, ambos inclusive), a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997, unha porcentaxe do 1,35%.

Durante o primeiro ano de aplicación deste complemento, isto é, desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro de 1999, os traballadores precibirán en concepto de plus de compensación as contías que, calculadas de conformidade co establecido no parágrafo anterior, figuran no anexo II do presente convenio.

Para os anos sucesivos (desde a ano 2000 ata o ano 2004, ambos inclusive), procederase, en cada ano, a adicionarlle a contía correspondente do ano anterior a contía resultante de aplicar sobre os salarios totais anuais de cada categoría para o ano 1997 unha porcentaxe do 1,35% (isto é, a contía que para cada categoría figura como plus de compensación na táboa salarial anexa, anexo II).

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Co carácter de complemento salarial aboaranse dúas gratificacións extraordinarias, tendo cada unha delas a contía de 30 días de salario base e premio de antigüidade para o ano 1998 e a contía de 30 días de salrio base, plus ex antigüidade e plus de compensación para o ano 1999, facéndose efectivas o día laborable inmediatamente anterior ó 22 de xullo e ó 22 de decembro.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións ó ano. O período de desfrute das ditas vacacións será preferentemente entre os meses de maio e outubro. O calendario de vacacións anuais deberá pactarse entre empresa e traballadores antes do 1 de abril de cada ano.

O salario que se precibirá durante as vacacións estará determinado polo salario base, premio de antigüidade e mailo plus de asistencia correspondente ós días laborables do dito período vacacional durante o ano 1998 e polo salario base, plus ex antigüidade, plus de compensación e mailo plus de asistencia correpondente ós días laborables do dito período vacacional durante o ano 1999.

Artigo 15º.-Premios de xubilación.

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade na empresa, como mínimo, se xubilen voluntariamente durante a vixencia do presente convenio. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos, 721.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos, 618.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos, 515.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos, 412.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos, 206.000 ptas.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos, unha mensualidade de salario máis o premio de antigüidade se a xubilación se producise no ano 1998 e unha mensualidade de salario base, máis o plus ex antigüidade e plus de compensación se a xubilación se producise no ano 1999.

Para a súa percepción terán que solicitarse no prazo de tres meses, desde o cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas, soamente se concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no Real decreto 1194/1985, de 17 de xullo.

Artigo 16º.-Roupa de traballo.

Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas os provexan de tres fundas ou peza de roupa similar cada ano, de uso obrigatorio, prohibíndose salvo para o seu lavado, e con permiso da empresa, sacar fóra dos seus locais tales pezas de roupa.

As asignadas ó persoal técnico e administrativo serán adecuadas ás súas funcións.

No caso de que, por aplicación da normativa en vigor en materia de prevención de riscos laborais, un posto de traballo requirise o emprego de roupa de seguridade, o empresario proporcionarlle tales roupas ó traballador.

Artigo 17º.-Permisos e licencias.

Avisando coa debida antelación, o traballador terá dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:

a) Por falecemento do cónxuxe, fillos ou pais do traballador, 4 días naturais e 5 días se ocorre fóra da provincia.

b) Por falecemento de avós, avós políticos, netos, pais políticos, fillos políticos, irmáns, irmáns polí

ticos, 2 días naturais e 4 se ocorre fóra da provincia. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

c) Dous días naturais en caso de enfermidade grave do pai, avó, fillos e cónxuxe, declarada polo médico que o asista. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días. Prevese a mesma licencia para os casos de parellas de feito.

d) Un día natural en caso de matrimonio de fillos ou irmáns. Cando fose fóra da provincia, terase dereito a un día máis.

e) Quince días naturais en caso de matrimonio do traballador e tres días naturais por nacemento de fillo. Neste último caso cando o traballador necesite facer un desprazamento, o plazo será de catro días.

f) As traballadoras, por lactanción dun fillo menos de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá subtituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen.

g) Quen, por razóns de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

h) As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo con dereito a remuneración para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo do aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada laboral.

Así mesmo, terán dereito á asistencia a consulta médica de especialista coincidindo o horario de consulta co do traballo, sempre que sexa xustificada e polo tempo necesario.

i) Un día laborable polo cambio de domicilio habitual, debendo ser este debidamente xustificado.

Estes permisos serán retribuídos sobre salario base da primeira columna da táboa salarial anexa, incrementándose cos correspondentes premios de antigüidade durante o ano 1998 e co correspondente plus ex antigüidade e plus de compensación durante o ano 1999.

f) En caso de cumprimento de deberes inescusables de carácter público, nos cargos representativos, rexeranse polo previsto na ordenanza de traballo, percibindo tódolos conceptos incluso o plus de asistencia.

En todo caso, os traballadores terán dereito ás licencias e permisos previstos no Estatuto dos traballadores hoxe en vigor.

Artigo 18º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral para 1998 queda fixada en 1.790 horas anuais de traballo efectivo, distribuíndose de luns a venres, ámbolos dous incluídos, salvo o disposto nos artigos 19 e 19 bis.

Para o ano 1999 a xornada laboral queda fixada en 1.787 horas anuais de traballo efectivo nos mesmos termos.

Artigo 19º

A empresa fica facultada para nomear un servicio en sábados, para manter un nivel de asistencia ó público, así como, se fose o caso, funcións de mantemento en xeral, que en ningún caso será superior ó 50% do cadro de persoal. Ningún traballador está obrigado a prestar servicios dous sábados seguidos.

Aqueles traballadores que presten servicios os sábados, desfrutarán do descanso equivalente o luns, de forma que desfruten un descanso ininterrompido de 48 horas, salvo que por acordo da empresa e traballadores decidan manter outro sistema de descanso, incluído aquel que viñera utilizando na actualidade.

Artigo 19º Bis.

Os traballadores que realicen a súa xornada en domingo e festivo terán dereito a un descanso compensatorio de dous días por cada domingo ou festivo traballado, a desfrutar dentro dos dous meses seguintes, segundo acordo entre a empresa e o traballador.

Artigo 20º.-Réxime de quendas.

Os traballadores contratados en réxime de xornada ordinaria que vexan modificado tal réxime polo de xornada a quendas rotativas, percibirán un complemento consistente no 20% do salario base do convenio.

Artigo 21º.-Cota sindical.

Por requirimento dos traballadores afiliados ás centrais sindicais asinantes do presente convenio colectivo, as empresas descontarán da nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente. O traballador ou traballadores interesados en tal operación remitirán á empresa un escrito no que se expresarán con claridade a orde de desconto, a central sindical á que pertence, a contía da cota, así como o número da conta ou libreta de aforro á que debe ser transferida a correspondente cantidade.

A dirección de empresa entregará copia da transferencia á representación sindical.

Artigo 22º.-Xubilación ós 64 anos.

A idade de xubilación voluntaria será de 64 anos cumpridos. Todas aquelas empresas ás que lles sexa solicitada por un traballador a dita xubilación á idade xa citada, veranse obrigadas a contratar outro traballador, nas condicións establecidas no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axudas de custo percibirá 3.500 ptas. diarias por axuda de custo completa, e 1.515 ptas. por media axuda, ou ben os gastos a xustificar, a elección da empresa. Estas axudas de custo serán de aplicación a tódalas empresas de montaxes eléctricas e telefónicas.

No caso de que se produzan modificacións no sistema de aboamento dos gastos de manutención e aloxamento empregado de modo habitual na empresa, deberáselle comunicar ó traballador con antelación.

Artigo 24º.-Póliza de seguros.

As empresas subscribirán en favor dos traballadores, unha póliza de seguros que cubra, no caso de accidente de traballo, os riscos de morte e invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, nas contías de 2.750.000 e 3.250.000 ptas., respectivamente.

A obriga de contrata-la póliza na contía que se incrementa con respecto á do convenio anterior, entrará en vigor a partir dos 30 días da publicación deste convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, a indemnización que se percibe con cargo ó seguro aquí convido, considerarase como percibida a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza na vía penal, compensándose ata onde aquela non alcance.

Artigo 25º.-Préstamo ós traballadores.

As empresas crearán un fondo de préstamos para os seus traballadores. Para a súa concesión, así como para a determinación da súa contía, ateranse ó mutuo acordo da empresa e o traballador. O mencionado préstamo non reportará xuros e a súa devolución deberá efectuarse no tempo que acorden a empresa e traballador.

As solicitudes de préstamos traerán como causa a adquisición de vivenda, automóbil, aboamento de gasto de enfermidades, etc.

Artigo 26º.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios do Metal de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector do metal, co fin de colaborar tanto nos que estean

en marcha, como nos que poidan programar en adiante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la súa organización e programación, tanto ocupacional como, regulamentada (observatorio ocupacional).

-Elaborar planos formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 27º

A parte empresarial e a parte social acordan manifesta-la súa vontade de camiñar cara á unificación, nun só texto, do articulado dos convenios do siderometal e comercio do metal da provincia de Lugo.

Artigo 28º.-Recoñecementos médicos.

As empresas vinculadas ó presente convenio colectivo, estarán obrigadas á realización dun recoñecemento médico anual para todo o persoal, a través do Gabinete Técnico Provincial de Seguridade e Hixiene ou a través da Mutua Patronal de Accidentes de Traballo. As empresas estarán obrigadas a concede-lo tempo necesario para a realización destes recoñecementos, logo de citación por escrito, no que deberá figura-lo día e a hora.

Artigo 29º.-Compensación en caso de IT.

No caso de situación de baixa por IT a consecuencia de accidente de traballo e enfermidade profesional, as empresas aboarán o complemento necesario para que, xunto coas prestacións aboadas pola Seguridad Social, o traballador perciba o salario que se establece no presente convenio, a partir do día seguinte ó do inicio da baixa e mentres dure a situación de IT.

No caso de enfermidade común e accidente non laboral, percibirase un complemento ata que o traballador perciba o 90% do salario que se establece neste convenio, a partir dos 90 días do inicio da baixa. O dito complemento será ata o 100% do salario establecido neste convenio a partir dos 120 días, contados a partir da data de inicio da baixa, e, en todo caso, nos supostos en que se produza hospitalización do traballador e durante o tempo que dure ésta máis 14 días posteriores á data de finalización da hospitalización.

Artigo 30º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante da cada unha das centrais sindicais asinantes do

convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios do Metal de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas dúas representacións comprométense a manter reunións periódicas, previa convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos competentes nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que se realicen ós traballadores deste sector.

5. Cantas outras funcións que a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo, no sector, na provincia de Lugo.

Artigo 31º.-Liquidación.

Nos casos de terminación de contrato ou baixa voluntaria do traballador, entregaráselle ó traballador, copia da liquidación con tres días de antelación ó cesamento.

Artigo 32º.-Cláusula de desvinculación.

As partes asinantes do presente convenio acordan someterse ás seguintes normas en tódolos ámbitos de negociación, cando algunha empresa decida solicitar a inaplicación do incremento salarial pactado no presente convenio.

a) Comunicar por escrito as súas pretensións á representación dos traballadores e á comisión paritaria do convenio dentro dos 10 días naturais seguintes ó da súa publicación do mesmo no boletín oficial correspondente.

b) No prazo máximo dos 30 días naturais posteriores á comunicación anterior aportará ós representantes dos traballadores a documentación acreditativa da petición:

1. Memoria explicativa das causas que motivan a solicitude.

2. Orzamento e conta de resultados dos dous anos anteriores.

3. Orzamento e previsións do ano en curso.

4. Informe relativo á situación dos aspectos financeiros, productivos, comerciais e de cotización á Seguridade Social e Facenda.

c) Á vista da documentación achegada, se no prazo de 10 días non se acadase acordo remitirase á comisión paritaria a resolución da discrepancia así como a documentación señalada no punto b), a cal no prazo máximo de dez días resolverá a cuestión suscitada. Se neste prazo a comisión non resolvese a dita cuestión, procederase conforme o previsto no sistema de arbitraxe AGA I de 4 de marzo de 1992.

d) Nas empresas nas que non exista representación legal dos traballadores a empresa comunicará a dita petición de descolgue e a documentación acreditativa á comisión paritaria, procedéndose conforme o disposto no parágrafo anterior.

e) Os acordos acadados no ámbito da empresa establecerán, de xeito obrigado, os incrementos obrigados para a vixencia do convenio así como a forma e tempo para a súa recuperación. Do acordo acadado darase conta á comisión paritaria do convenio, co obxecto de ter un seguimento dos problemas do sector e revisar que se cumplan os criterios marcados.

Artigo 33º.-Modalidades de contratación.

1. Contrato para a formación:

Tendo a conta que o contrato de aprendizaxe debe ser fundamentalmente un contrato formativo, non caberá no ámbito de aplicación do presente convenio a formalización dun contrato de traballo de aprendizaxe que teña por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo non cualificado.

A formación teórica no contrato para a formación terá unha duración mínima do 15% da xornada laboral diaria, e máxima do 20%, podéndose impartir acumulando semanalmente o tempo destinado a formación. Por acordo coa representación legal dos traballadores ou cos propios traballadores, poderanse establecer períodos de formación ó comezo do contrato, no intermedio e na fase final deste.

En todo caso o salario de contratación dos traballadores para a formación será como mínimo igual ó 75% e 90% do salario base da categoría profesional para a que se forma o traballador durante, respectivamente, o primeiro, o segundo ano de vixencia do contrato. O resto das condicións laborais, tales como pluses, percibirase en proporción ó tempo de traballo efectivo.

Polo feito de non te-los traballadores contratados baixo a modalidade de contrato para a formación dereito a prestacións por desemprego, establécese unha indemnización por finalización de contrato consistente no aboamento de 10 días de salario por ano de servicio na empresa, sempre e cando o traballador non continúe na empresa baixo outra modalidade de contratación.

2. Contrato de traballo en prácticas.

No ámbito estatal determinaranse os postos de traballo, períodos de proba, grupo, niveis ou categorías obxecto deste contrato.

O contrato de traballo en prácticas terá por finalidade facilita-la práctica profesional dos traballadores ou traballadoras para perfecciona-los seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.

Establécese unha retribución mínima garantida para os traballadores en prácticas no ámbito de aplicación do presente convenio, nas seguintes contías:

-Titulado superior:

Primeiro ano de contrato: 88.000 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 103.000 ptas./mes.

-Titulado grao medio:

Primeiro ano de contrato: 85.000 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 98.000 ptas./mes.

-Formación profesional:

Primeiro ano de contrato: 83.000 ptas./mes.

Segundo ano de contrato: 94.000 ptas./mes.

3. Contrato eventual previsto no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

Os contratos previstos no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores vixente poderán ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses, mentres non se aprobe o acordo marco para o sector de ámbito estatal ou autonómico que regule esta materia, suposto no que a duración destes contratos se rexerá polo disposto no acordo marco.

4. Conversión de contratos formativos e de duración determinada en indefinidos.

As empresas que teñan contratados traballadores a través de contratos para a formación ó remate deste, converterán un 30% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento do emprego.

As empresas que teñan contratos traballadores a través de contratos en prácticas, ó remate destes, converterán un 25% como mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento de emprego.

As empresas que teñan contratados traballadores a través de contratos de duración determinada previstos no número 3 deste artigo, ó remate destes, converterán un 20% com mínimo, destes contratos, en contratos indefinidos de fomento de emprego.

5. Contrato para o fomento da contratación indefinida.

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contractual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución do emprego estable, no ámbito de aplicación deste convenio, poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, subscrito unha vez transcorrido un ano desde a entrada en vigor do Real decreto lei 8/1997.

Disposicións adicionais

Primeira.-As partes asinantes deste convenio consideran o acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) as canles idóneas para a solución do conflictos colectivos laborais.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio crean unha comisión técnica paritaria que estará integrada por un membro de cada central sindical asinante do presente convenio e por un número igual de representantes da parte empresarial, co cometido de estudiar e buscar unha fórmula de consenso nas seguintes materias:

a) Adaptación da clasificación profesional prevista no presente convenio ó texto do acordo sobre clasificación profesional para a industria do metal asinado o 16 de xaneiro de 1996 entre as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG e Confemetal.

b) Saúde laboral.

Terceira.-Os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como días laborables. Nembargantes, en atención as datas especiais de que se fala, as empresas procurarán que os traballadores, sen prexudica-la atención ós clientes, vexan reducida na medida do posible a súa xornada laboral.

Cuarta.-Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da entrada en vigor do presente convenio aboaránselles ós traballadores no prazo de dous meses desde a súa publicación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo de siderometal. Vixencia: 1-1-1998 ó 31-12-1998

Plus Asist.Total

Categoría profesionalSoldo6 días5 díasanual

Peón2.6581.0991.3181.459.150
Especialista2.6721.1331.3571.474.850
Mozo especialista almacén2.6721.1331.2571.474.850
Oficial de 1ª2.6981.2321.4801.516.650
Oficial de 2ª2.6841.1921.4311.498.450
Oficial de 3ª2.6761.1581.3911.485.050
Listeiro79.5601.1891.4241.469.840
Almaceneiro80.3791.1721.4061.476.806
Chofer camión80.9871.2201.4631.499.568
Garda xuramentado79.9461.1201.3441.455.244
Vixilante79.8961.1151.3401.453.544
Telefonista79.8261.1151.3401.452.564
Conserxe80.5611.1851.4231.483.604
Xefe 1ª administrativo84.1541.5901.9081.655.156
Xefe 2ª administrativo83.3001.4951.7911.613.950
Oficial 1ª administrativo82.1681.3161.5801.545.352
Oficial 2ª administrativo81.3661.2641.5171.518.374
Auxiliar administrativo80.4191.1571.3891.473.116
Viaxante82.1401.3731.6471.561.710
Enxeñeiro, arquitecto, licenciado87.3622.0232.4271.829.818
Peritos, aparelladores, con responsabilidade técnica86.7611.9312.3161.793.654
Peritos aparelladores86.4371.8582.2281.767.118
Axudante enxeñeiro85.4751.7932.1541.735.150
Mestre industrial82.9431.5471.8581.625.702
Xefe de taller84.0711.5791.8941.650.494
Mestre de taller 1ª82.3411.4311.7151.581.524
Mestre de taller 2ª82.0791.3551.6281.556.106
Encargado81.2461.2681.5231.518.194
Delineante proxectista83.5581.5111.8121.622.812
Debuxante proxectista83.5581.5111.8121.622.812
Delineante 1ª82.1491.3571.6281.557.086
Delineante 2ª81.3671.2641.5171.518.388
Auxiliar80.1001.1531.3861.467.900

ANEXO II

Plus de compensación

Vixencia: desde o 1-1-1998 ó 31-12-1998

Categoría profesional Plus

compensación

mes

Plus

compensación

ano

Peón1.36619.124
Especialista1.38119.334
Mozo especialista almacén1.38119.334
Oficial de 1ª1.42019.880
Oficial de 2ª1.40319.642
Oficial de 3ª1.39019.460
Listeiro1.37619.264
Almaceneiro1.38319.362
Chófer camión1.40419.656
Garda xuramentado1.36219.068
Vixilante1.36119.054
Telefonista1.36019.040
Conserxe1.38919.446
Xefe 1ª administrativo1.54921.686
Xefe 2ª administrativo1.51121.154
Oficial 1ª administrativo1.44720.258
Oficial 2ª administrativo1.42219.908
Auxiliar administrativo1.37919.306
Viaxante1.46220.468
Enxeñeiro, arquitecto, licenciado1.71323.982
Peritos, aparelladores, con responsabilidade técnica1.67923.506
Peritos aparelladores1.65423.156
Axudante enxeñeiro1.62422.736
Mestre industrial1.52221.308
Xefe de taller1.54521.630
Mestre de taller 1ª1.48120.734
Mestre de taller 2ª1.46020.440
Encargado1.42119.894
Delineante proxectista1.51921.266
Debuxante proxectista1.51921.266
Delineante 1ª1.45820.412
Delineante 2ª1.42219.908
Auxiliar1.37419.236

10279