Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de dúas bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 23 de setembro de 1998 (DOG nº 200, do 15 de outubro).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 16 de novembro de 1998 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de dúas bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 200, do 15 de outubro de 1998, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder dúas bolsas de colaboración para os proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I a esta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire a alínea anterior será de 122.000 pesetas mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 24 de novembro e o 31 de decembro de 1998.

Terceira.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso ordinario, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1998.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director Xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Apelidos e nome dos bolseiros/NIF.

Martínez Calvo, Mª Liliana, 33291241Y.

Rodríguez Pérez, Xoán Carlos, 34987872L.

10277