Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial do parque eólico Montouto. (Expediente 026-EOL).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territoria de Galicia, e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento a enerxía eólica na

Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude da empresa Norvento, S.L., para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, que implicará a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial do parque eólico de Montouto, coas seguines características:

Peticionario: Norvento, S.L.

r/ Ribadeo, nº 2, entreplanta.

27002, Lugo.

Situación: concellos de Abadín (Lugo) e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.616.530, 4.812.800); V(0.617.970, 4.813.140).

V(0.618.384, 4.810.736); V(0.616.597, 4.810.479).

V(0.615.413, 4.813.037); V(0.615.986, 4.813.146).

Afección a predios particulares:

A) As afeccións incluídas no anexo designadas como: «aeroxerador, superficie de apoio», e «colector eléctrico, superficie ocupada» implican a ocupación de pleno dominio dos terreos.

B) As afeccións incluídas como «camiño, superficie» e «aeroxerador superficie explanación» implican a servidume permanente de paso coas seguintes limitacións ó dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares, así como plantar árbores e arbustos.

2. Prohibición de efectuar calquera tipo de obras ou efectuar ningún acto que puidese danar ou prexudica-lo bo funcionamento das instalacións.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a este, no prazo de 30 días, nesta delegación provinical situada no dificio administrativo Ronda da Muralla 70, (Lugo, 27071).

É de significar que esta publicación se reliza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento adminstrativo común de notificación ós titulares descoñecidos, cando se ignore o lugar da notificación, ou ben cando intentada a notificación, non se puidese practicar esta; os predios descríbense no anexo.

Lugo, 29 de outubro de 1998.

Serafín Núnez Ramos

Delegado provincial substituto de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios afectados

Predio

zona

Propietario

Afección

AeroxeradorCamiñoColector eléctrico

(Gabia+subestación)

Nº en

plano

TitularCultivoLugarMunicipioSuperficie

apoio

(m)

Superficie

explanación (m)

Superficie

(m)

Superficie

ocupada

(m)

1M.V.M.C. de A Balsa

Representante: Francisco Reigosa Trastoy

Aguillal nº 1. A Balsa

Muras. 27817, Lugo

Mb.A BalsaMurasM01 a M055551.250N a D

R-M02

8.00000
2M.V.M.C. de Montouto

Representante: Jesús Vizoso Coiro

Ponte nº 2, Montouto

Abadín. 27737, Lugo

Mb.-Pr.MontoutoAbadínP01 a P06

P09 a P10

C01 a C05

S01 a S13

2.8866.500A a B

B a E

E a N

E a F

G a H

K a L

K a M

B a N

R-P01

R-P03

R-P06

R-C02

R-C03

R-S02

R-S03

R-S09

R-S12

57.575Subest.

SUB-P10

C01-S03

S08-S07

5.685

10407