Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación da subministración dunha carreta elevadora, polo trámite de urxencia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: adquisición dunha (1) carreta elevadora.

División por lotes e número: non existen lotes.

Lugar de entrega: porto pesqueiro de Portonovo (PO).

Prazo de entrega: dez (10) días desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns novecentas oitenta mil pesetas (3.980.000 pesetas).

5. Garantías.

Provisional: non.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce horas (14) horas do día no que se cumpran trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago

de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si.

8. Apertura das ofertas.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día no que se cumpran tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

10408