Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/331-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Montedónigo.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: expediente 331/1998. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 452 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 5 da liña que alimenta o C.T. Outeiro e final en C.T. Montedónigo que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Montedónigo, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 920 m de lonxitude. Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

10414