Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/339-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I L.M.T. e C.T. Urb. Montrove.

Situación: Oleiros.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 794 m de lonxitude, con orixe no C.T. Lamastelle (Expte. 30030) e remate na liña Perillo-Lamastelle (Expte. 29878). Centro de transformación en caseta, en Urbanización Montrove, de 630 kVA en tensións de 15/0,380-0,220 kV. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9959