Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/335-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Avda. Xeneralísimo.

Situación: Miño.

Características técnicas: expediente 335/1998. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e pasada sobre fachadas, en conductor R.Z.:-De 978 m de lonxitude correspondentes ó circuíto I. -De 163 m de lonxitude correspondentes ó circuíto II. -De 594 m de lonxitude correspondentes ó circuíto III. -De 359 m de lonxitude correspondentes ó circuíto IV. Tódolos circuítos teñen a súa orixe no C.T. Avda. do Xeneralísimo de Miño. Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

9960