Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se acorda facer pública a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

O Consello da Xunta de Galicia aprobou con data do 24 de setembro de 1998 a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia conforme o disposto no artigo 20.4º da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (DOG nº 168, do 2 de setembro de 1997).

O artigo 20, punto 5º, da Lei 10/1997 establece que, unha vez aprobado o plan, a consellería competente en materia de residuos o fará público e procederá á súa difusión para garanti-lo seu coñecemento ós cidadáns e ás administracións implicadas.

En consecuencia, en exercicio das competencias atribuídas polo Decreto 482/1997, do 26 de decembro, que establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e pola Orde do 12 de xaneiro de 1998 do conselleiro de Medio Ambiente sobre delegación de competencias no secretario xeral da consellería

RESOLVO:

Facer pública a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia co obxecto de garanti-lo seu coñecemento ós cidadáns e ás administracións implicadas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1998.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

Adaptación do Plan de Xestión de Residuos

Sólidos Urbanos de Galicia

1. Antecedentes.

Con data do 16 de xaneiro de 1992 o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de Galicia, elaborado pola Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas, no que se analizaba a problemática dos RSU na nosa comunidade e se deseñaba un plan para resolvela.

No tempo transcorrido desde entón apareceron novos criterios na xestión dos residuos, derivados fundamentalmente das recentes directivas da Unión Europea, que fixeron necesario proceder a unha revisión do proxecto de 1992 e establecer un Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos no que se recolleran, adaptándoos á realidade de Galicia, os puntos fundamentais destas directivas, poñendo esencial fincapé no que se refire a extrema-las precaucións na protección do ambiente e a aproveita-los recursos contidos nos residuos. Este novo plan foi informado

favorablemente polo Consello Galego do Medio Ambiente en maio de 1997. A publicación da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia e a normativa estatal sobre envases e residuos de envases fixeron necesaria a súa actualización, que é o que se reflicte neste documento.

En todo caso, hai que establecer como punto de partida que, nun campo tan complexo e tan suxeito á innovación técnica como este, ningún plan pode elaborarse con criterios inamovibles, xa que a súa propia esencia leva implícita que resulte necesaria a súa adaptación periódica tanto ás novas normas legais, como á problemática que a súa mesma aplicación xera.

Por outra parte, a solución dos graves problemas que supón a inadecuada xestión dos RSU en Galicia só se alcanzará a través dun amplo consenso social que, partindo dunha información suficiente, implique a tódolos colectivos afectados na busca das mellores solucións.

Así pois, das súas funcións como instrumento de planificación e como expresión dos criterios dados polas institucións do Goberno de Galicia neste campo, o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos pretende se-lo marco a través do cal conflúan harmoniosamente tódalas administracións implicadas e tódalas forzas sociais, tódolos galegos en suma, co fin de alcanzar unha solución adecuada ó problema dos RSU na nosa comunidade.

2. Marco legal.

O Plan de Xestión de RSU de Galicia susténtase na seguinte lexislación básica:

* Lei reguladora das bases de réxime local 7/1985, que establece con respecto ós RSU uns servicios mínimos que deben ser prestados polas autoridades locais:

-En tódolos municipios: recollida de RSU, limpeza viaria, e autorización de vertidos.

-En municipios maiores de 5.000 habitantes: tratamento de RSU.

* Quinto Programa de Acción Ambiental da Unión Europea, onde se establece a seguinte orde de prioridade en materia de xestión de residuos: prevención, reutilización, reciclaxe, valorización enerxética e vertido controlado.

* Lei 11/1997, de 24 de abril, de envases e residuos de envases, onde quedan fixados os principios de actuación das administracións públicas para fomenta-la prevención e reutilización dos residuos de envases e os procedementos para alcanza-los obxectivos de reciclaxe e valorización previstos na correspondente directiva europea. Para alcanza-los obxectivos fixados establécese un prazo ata o 30 de xuño do ano 2001 para todo o territorio nacional.

Así mesmo, establécense obxectivos intermedios para alcanzar antes do 25 de abril do ano 2000.

* Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

* Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

* Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, que regula o réxime xurídico xeral e a xestión dos RSU no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e recolle a redacción do presente plan.

* Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, que regula o réxime legal dos residuos.

* Real decreto 772/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

3. Características xeográficas.

3.1. Xeografía humana.

Galicia ten 2.743.999 habitantes, o que representa un 6,9% da poboación total española; por provincias, a poboación distribúese da seguinte maneira: A Coruña (1.110.302 hab.), Lugo (371.684 hab.); Ourense (346.909 hab.) e Pontevedra (915.104 hab). A organización territorial de Galicia estructúrase en 315 municipios.

A densidade de poboación galega é de 92,8 habitantes/km, concentrándose principalmente na costa, especialmente ó longo do eixe A Coruña-Santiago de Compostela-Vigo.

Galicia presenta un modelo de asentamento humano similar ó doutras rexións atlánticas de Europa Occidental, caracterizado pola súa elevada densidade e atomización. O entramado destes sistemas de asentamento está formado por unha serie de elementos simples: aldeas, parroquias, vilas e cidades, que forman un dos espacios máis densamente urbanizados da poboación diseminada de Europa. É significativo que das 63.613 entidades singulares de poboación existentes en España, 29.179 se concentren en Galicia. É dicir, no 5,9% do territorio español sitúase o 50% das ditas entidades, o que dá unha densidade de 1,5 núcleos por Km.

A distribución das entidades de poboación galegas en función do nº de habitantes é a seguinte:

ProvinciaNº de entidades

singulares

Nº de entidades

singulares de máis

de 100 hab.

Nº de entidades

singulares de menos

de 100 hab.

A Coruña10.2421.3428.900
Lugo9.1612768.885
Ourense3.6885873.101
Pontevedra6.0881.4464.639
Total Galicia:29.1793.65125.525

Fonte: Instituto Galego de Estatística

3.2. Climatoloxía e orografía.

Galicia ten un clima oceánico, e polo tanto húmido, aínda que pola súa latitude meridional é máis ben cálido. Ten un alto nivel de precipitacións alternado con períodos de sol que contribúen a debuxa-los seus verdes paisaxes con abundantes bosques e ríos; como tódolos de tipo oceánico, é extremadamente variable debido á situación xeográfica de Galicia entre o Océano Atlántico e a Meseta que, unida á súa morfoloxía, dá como resultado unha grande diversidade climática.

En canto ás temperaturas obsérvase, de maneira xeneralizada, un aumento das temperaturas medias a medida que avanzamos cara ó S e o SE ó contrario que as temperaturas, as precipitacións descenden desde o NO en dirección SE e aumentan en dirección N-S pola costa.

Na súa orografía combínanse vellas montañas e numerosos vales, con moita vexetación, que nutren a súa forte agricultura. Os residuos forestais dos bosques galegos, combinados cunha elevada pluviosidade favorecen un solo rico en compoñentes orgánicos e de gran fertilidade.

4. Principios xerais do plan.

O Plan de Xestión do Residuos Sólidos Urbanos de Galicia está sustentado por uns principios básicos que constitúen o marco obrigado de referencia para tódalas actuacións nesta materia que se vaian levar a cabo na comunidade.

En primeiro lugar, hai que sinalar que este plan se fundamenta nun enfoque integral da xestión dos residuos sólidos urbanos.

Baixo este enfoque o plan aséntase nos seguintes principos xerais:

-Integración.

-Eficacia.

-Eficiencia.

-Corresponsabilidade e coordinación de actuacións.

Todos estes principios oriéntanse á consecución dos seguintes fins primordiais:

-Protección da saúde e mellora da calidade de vida das persoas.

-Protección e mellora do ambiente.

Para iso preténdese dota-los xestores de RSU das ferramentas de intervención e control necesarios para garantir unha adecuada xestión; tales coma:

1. Utilización da comarca como unidade xeográfica básica, na medida do posible, na constitución das unidades territoriais de xestión (UTX) do plan. Estas unidades territoriais de xestión definiranse en función da estructura comarcal de Galicia e dun nivel mínimo de producción de RSU, permitindo unha racionalización da xestión que cada concello decida dar ós seus RSU, optimizando a localización de todos

aqueles elementos do plan e permitindo unha distribución eficiente dos recursos destinados ó seu desenvolvemento.

2. Respecto da paisaxe e dos espacios naturais con especial atención ós protexidos.

3. Promoción do desenvolvemento de tecnoloxías con menor consumo de materiais.

4. Fomento do uso e costumes na poboación tendentes a diminuí-la xeración de residuos.

5. Desenvolvemento adecuado dos procesos de valoración dos residuos mellor adaptados á situación da Comunidade Autónoma.

6. Fomento do control sobre o depósito de residuos.

7. Promoción dos medios necesarios para implica-los cidadáns nos procesos de xestión de residuos, así como a consecución dunha actitude de colaboración por parte deles.

Por tanto, débese afondar nun método que de forma integral, e agrupando os distintos tipos de tratamento de RSU, poida dar unha solución total ó problema.

Segundo a experiencia e estudios realizados en todo o mundo, esta solución consiste en aplica-lo que se coñece como un sistema integral de xestión de RSU.

Este sistema integral de xestión permite avanzar en aspectos fundamentais para a mellora das condicións de tratamento dos RSU, logrando unha reducción dos residuos producidos, un aumento da reutilización, da reciclaxe e un tratamento adecuado para o non reciclable.

Fundamentalmente a vía cara ó crecemento da reciclaxe debe consistir na separación en orixe de residuos limpos e na recolle destes residuos en contedores separados.

Para iso, o labor do cidadán é indispensable nesta primera fase xa que as condicións necesarias para os sistemas de selección en orixe son: primeiro, a vontade de facelo así por parte dos productores de residuos e segundo, o desenvolvemento e introducción de técnicas e solucións economicamente viables e ecoloxicamente necesarias para o almacenamento, recolla, transporte e tratamento das fraccións separadas de residuos.

A reciclaxe esixe unha separación clara dos distintos materiais presentes nos residuos, pero se estes foron previamente introducidos nunha única bolsa de lixo, as posibilidades técnicas de separa-los materiais (cribaxe, imáns,...) para logo reaproveitalos son reducidas, xa que debe recorrirse necesariamente a un traballo de tipo manual, custoso e limitado.

Polo tanto, o éxito desta fase do sistema integral de xestión depende, en gran medida, da colaboración do cidadán.

En Galicia, conscientes de que a recollida e eliminación dos RSU é un tema que debe ser abordado con absoluta prioridade, ó afectar non só os grandes

núcleos de poboación, senón a tódalas cidades, parroquias e aldeas da nosa comunidade, a Xunta de Galicia súmase ós sistemas en vigor na maioría dos países desenvolvidos e pon en funcionamento un sistema integral de xestión de RSU, denominado Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

5. Obxectivos do plan.

O obxectivo xeral do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia é:

Conseguir que a xestión adecuada dos RSU mellore a calidade de vida dos cidadáns de Galicia.

En aplicación dos principios xerais anteriormente expresados e do obxectivo xeral os obxectivos instrumentais do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia son:

1. Instaurar un sistema integrado de xestión de RSU.

2. Fomenta-la prevención da producción de RSU.

3. Promove-la reducción en orixe dos RSU.

4. Fomenta-la reutilización e a reciclaxe, promovendo a recolla selectiva en toda a comunidade.

5. Limita-lo vertido controlado a aqueles non susceptibles de valorización.

6. Recupera-los espacios degradados polos vertedoiros incontrolados.

7. Fomentar propostas e iniciativas de xestión dos residuos tanto públicas coma privadas que permitan mellora-la intervención nalgunhas etapas do ciclo.

8. Planificar e dotar suficientemente a infraestructura necesaria para desenrvolve-lo modelo de xestión proposto.

9. Desenvolve-lo marco xurídico na Comunidade Autónoma de maneira que se garanta o respaldo legal necesario ó propio plan.

10. Configura-la organización administrativa de forma que a aplicación do plan se realice da maneira máis eficaz posible.

11. Establece-las accións de información, educación e participación oportunas para fomenta-las prácticas e comportamentos compatibles co plan e beneficiosos co medio.

6. Estado actual da xestión dos RSU en Galicia.

A situación actual da xestión dos RSU en Galicia é a seguinte:

-A cobertura do servicio é precaria na maioría dos municipios rurais e nas áreas rurais dos municipios urbanos.

-Aínda que a Xunta de Galicia vén realizando durante estes últimos anos un importante esforzo na dotación de contedores e camións compactadores ós municipios, aínda se presenta unha parte dos resi

duos en recipientes abertos e bolsas de plástico ou se transporta en vehículos non específicos para este cometido.

-A recolla en lugares con afluencia estacional de productores de residuos (campings, praias e áreas turísticas en xeral, feiras e mercados, festas, romarías e acontecementos deportivos) non está debidamente organizada na maioría dos casos.

-Non existe máis sistema de eliminación que o vertedoiro. Con excepción do de Santiago de Compostela e o depósito temporal que a Sociedade Galega do Medio Ambiente teña no concello de Cerceda, o resto dos vertedoiros municipais carece de procedementos adecuados de xestión. A maioría deles non teñen cerramento nin sistemas de control de accesos, non cobren nin compactan os vertidos, non teñen sistemas de drenaxe, non tratan os lixiviados, nin teñen sistemas de recolla de gases. A principal precaución adoptada é a de arredalos, na medida do posible, dos núcleos de poboación.

-Non adoitan existir ordenanzas municipais sobre recolla e eliminación de RSU. Nos casos que existen, redúcense a ordenanzas fiscais, cunhas taxas moi baixas que gravan fortemente ás facendas locais, o non repercutirse sobre os usuarios o custo total do servicio.

-O balance económico da xestión adoita ser deficitario na maioría dos municipios. Os custos son elevados en relación coa baixa calidade e a escasa cobertura do servicio e, en moitas ocasións, non se repercuten nos productores dos residuos.

-Dáse unha dispersión da poboación e como consecuencia diso unha maior dificultade á hora do deseño da recolla dos RSU.

-Existen dificultades para encontrar localización adecuadas para novas instalacións deste tipo.

-Xérase un elevado caudal de lixiviados debido ó alto índice de pluviometría.

-Existen 201 vertedoiros, ós que os concellos envían actualmente os seus residuos, que se reparten polo territorio da Comunidade Autónoma. Ademais hai 292 puntos de vertido, entre os que se encontran parte dos anteriores vertedoiros, que están catalogados con contaminación industrial.

ProvinciaConcellos que envían os seusVertedoiros

residuos a vertedoiro

A Coruña6264

Lugo8357

Ourense2526

Pontevedra4954

Total219201

Fonte: estimación propia

A situación recollida nos primeiros puntos do apartado anterior tradúcese nuhna grave deterioración do ambiente galego.

Esta grave deterioración é aínda máis importante, o estar afectando os maiores compoñentes do patri

monio de Galicia, como son a paisaxe e a natureza.

Tanto os vertedoiros municipais coma outros vertedoiros, controlados ou incontrolados, alteran unha porcentaxe moi considerable do noso contorno máis inmediato e desvirtúan a harmonía visual da nosa natureza. A situación de permanente ignición destes produce emisións non desexadas e é a orixe de numerosos incendios.

Parece, pois, necesario conciencia-lo pobo galego de que a situación actual non é sostible, que as consecuencias dunha incorrecta xestión van afectar por un longo prazo o noso ambiente e que é urxente poñe-los remedios para comezar a inverter esta situación.

A iso é ó que aspira fundamentalmente o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, establecendo as medidas necesarias para soluciona-la situación existente, tendo en conta o novo marco lexislativo que se está a desenvolver na actualidade.

Nos seguintes puntos iranse detallando os pasos que se propoñen para conseguilo.

6.1. Producción de RSU.

O crecemento constante na producción de RSU en Galicia é debido fundamentalmente ó aumento do nivel de vida e á variación nos hábitos de consumo.

A acusada dispersión da poboación galega, xunto coa inexistencia dunha recolla sistemática que abarque todo o territorio e a carencia, en xeral, de controis periódicos de pesaxe dos RSU recollidos, dificultan unha exacta avaliación dos residuos xerados e tratados en Galicia.

En 1996 a Xunta de Galicia levou a cabo unha enquisa para a obtención de datos de xeración de RSU en cada municipio. Segundo este estudio, a distribución de RSU por provincias quedaría reflectida así:

ProvinciaTon/díaTon/día

A Coruña915,36334.108,61

Lugo280,07102.227,29

Ourense307,56112.259,46

Pontevedra716,92261.679,24

Total Galicia2.219,91810.274,60

Fonte: estimación propia

Os datos de producción expresados, están calculados sobre a base dunha recolla diaria durante 300 días ó ano, que é a hipótese que mellor se adapta globalmente ós diversos sistemas existentes na nosa comunidade.

Estes datos supoñen, polo tanto, un total de 800.000 toneladas anuais de RSU en números redondos, que para unha poboación de 2.800.000 habitantes, representa 0,28 toneladas/hab.ano e, aproximadamente, 0,9 kg/hab.día de media.

Os estudios estatísticos das fluctuacións dos factores de tipo social que afectan a xeración de RSU como son o crecemento da poboación, o incremento do nivel de vida, e os actuais e futuros plans de desenvolvemento da comunidade, coa adopción de modos de vida urbano, fan prever un progresivo incremento do índice de xeración de residuos. Fronte a isto as campañas de concienciación do cidadán e o cumprimento da normativa sobre reducción en orixe, poden diminuí-la súa xeración, polo que se pode cifra-lo incremento entre o 1% e o 2% anual.

No sucesivo, adoptaremos esta cifra de 800.000 toneladas como a dos residuos xerados en 1998, non só porque resulta razoablemente exacta, senón tamén porque facilita, coa simplicidade das cifras redondas, a divulgación entre os cidadáns do primeiro dato dun problema que é necesario resolver coa colaboración de todos.

6.2. Composición dos RSU.

Tan importante como o volume total dos RSU producidos é a súa composición media, sobre todo en relación á valorización e reciclaxe da maior parte posible deles.

A dispersión da poboación, os seus diferentes sistemas de vida e a heteroxeneidade dos procedementos de recolla fan que os datos expresados teñan un valor indicativo, pero resultan indispensables para orientar aspectos tan fundamentais en todo plan de xestión, como son:

-A recolla selectiva.

-A minimización da producción.

-Os límites reais da valorización e ó reciclaxe.

A clasificación dos residuos producidos en Galicia definido de acordo co artigo 4 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, así como o artigo 3 b) da Lei 10/1998, do 21 de abril de residuos, inclúese no anexo IV.

Os RSU están compostos fundamentalmente por residuos de comida, papel, cartón e plásticos de todo tipo, téxtiles, goma, coiro, madeira, residuos de xardín, vidro, cerámica, latas, aluminio, metais férreos, productos cosméticos e de limpeza, po e refugallos das tarefas do fogar e outros en menor contía.

O papel encontrado nos RSU está composto de xornais, libros e revistas, impresos comerciais, papel de oficina, cartón, embalaxes, outros, como panos e toallas deste material., etc, podendo segui-la listaxe ata 40 clasificacións.

En canto ós materiais plásticos encontrados nos RSU sitúanse dentro das seguintes categorías: polietileno tereftalato (PET), utilizado para botellas de refrescos carbónicos ou recipientes para comidas; polietileno alta densidade (PE-HD), botellas de lei

te, de deterxente ou bolsas laminadas; policloruro de vinilo (PVC), recipientes domésticos e canos; polietileno baixa densidade (PE-LD), envases de películas e envoltorios; polipropileno (PP), caixas para botellas, maletas, etiquetas; poliestireno (PS), vasos e pratos; outros materiais plásticos laminados.

Os factores principais dos que depende a variabilidade da composición dos residuos son:

-Poboación: en xeral a producción de RSU é maior en zonas urbanas con nivel de vida alto. Igualmente o nivel de vida fai que se incremente a proporción de determinados compoñentes (vidro, plástico, papel) e que diminúan outros (materia orgánica). Para o presente plan establecerémo-las seguintes ratios de xeración de RSU para os distintos niveis de poboación:

Ratios de producción de RSU

Municipios con P.F. total en núcleos >50.000 Hab.:1,1 kg/hab.día.

Municipios con P.F. total en núcleos >10.000 <50.000 Hab.:0,8 kg/hab.día.

Municipios con P.F. total en núcleos <10.000 Hab.:0,7 kg/hab.día.

Poboación dispersa:0,5 kg/hab.día.

Fonte: estimación propia.

-Estacionalidade: representada por unha certa variación nos hábitos de consumo e sobre todo, por desprazamentos da poboación.

-Clima: factor que condiciona tanto os hábitos de consumo como a propia composición dos residuos por efecto das variacións en pluviosidade e temperatura.

Non obstante, os RSU, aínda que teñen unha variación de composición en función dos factores indicados, constitúen un material relativamente uniforme e relativamente ben coñecido para o tratamento do cal se puideran definir unhas técnicas que consideran o residuo como unha suma de compoñentes susceptibles de aproveitamento.

Recóllese a continuación un cadro referente á composición media dos RSU en Galicia.

Composición de RSU ano 1997 e inverno 1998 (%)

ElementoInverno

96/97

Primavera 97Verán 97Outono 97Inverno

97/98

Metais3.1933.673.793.67
Vidro6.396.39.424.305.06
Plástico11.5111.78.2812.0611.59
Papel21.1121.1923.6017.3414.55
Orgánicos18.5518.6421.1729.6421.81
Outros3.193.151.777.138.33
Humidade36.0236.0232.1625.7134.49

Fonte: estimación propia

7. Entidades xestoras de RSU na Comunidade Autónoma de Galicia.

As operacións do proceso de xestión dos RSU que recollen o presente Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia poderán ser levadas a cabo polas seguintes entidades xestoras:

-Directamente pola Xunta de Galicia, a través da consellería competente.

-Directamente polos concellos ou mancomunidades.

-Consorcios constituídos entre concellos ou entre a Xunta de Galicia e as administracións locais.

-A Sociedade Galega do Medio Ambiente.

-Os concellos, nas fases de xestión que lles están atribuídas por precepto legal, ou polas deputacións no caso de subrogación.

-Outras entidades previstas pola normativa vixente.

8. Función das entidades xestoras dentro do plan.

8.1. Función dos concellos e mancomunidades no Plan de Xestión de Residuos Solidos Urbanos de Galicia.

1. Os concellos, por si mesmos ou asociados, de acordo co sinalado nos artigos 25 e 26 da Lei de bases de réxime local, ou se é o caso, polo artigo 20 da Lei 10/1998, de residuos, e por ser máis estricto polo considerado no artigo 26 da Lei 10/1997, terán ó seu cargo as fases iniciais do proceso de xestión dos RSU, ostentando por tanto a condición de primeiro xestor e realizando operacións de recolla, transporte e valorización dos residuos.

2. Cada concello establecerá, de acordo co Plan de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, un Plan Municipal de recolla de RSU no que, tras analiza-lo volume e a natureza dos residuos producidos, se fixarán os circuítos de recolla, os lugares de localización dos contedores, os equipamentos e instalacións necesarias e o resto dos datos relativos á axeitada organización do servicio.

Calquera sistema de tratamento de residuos urbanos e asimilables, reciclaxe, valoración e eliminación de residuos que non estea en funcionamento no momento da aprobación polo Consello da Xunta deste plan, ou modificación dun previamente existente, e que un municipio desexe poñer en marcha, para a súa autorización (de acordo coa normativa vixente), deberá segui-los trámites indicados no capítulo 9, plan de actuacións.

3. O plan municipal implantará a recolla selectiva como fase fundamental para a valorización dos residuos, actuando en función das características destes e das súas posibilidades de reutilización ou reciclaxe. Para a eliminación dos residuos que non admitan ningún tipo de proceso de reciclaxe ou reutilización, deberán segui-la seguinte orde de prioridade: valorización enerxética, outras valorizacións,

incineración sen recuperación de enerxía, vertido controlado.

4. Corresponderá así mesmo ós concellos que elixan xestiona-los seus residuos a través do sistema definido na Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, e a través da empresa pública Sociedade Galega do Medio Ambiente S.A., o transporte dos residuos ata as estacións de transferencia, a partir das cales será a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. a encargada de continuar coas operacións do proceso de xestión.

5. Os servicios de recolla, transporte e valorización poderán efectuarse a través de calquera das formas de prestación previstas na lexislación de réximen local.

6. Os concellos adoptarán tódalas medidas necesarias para garantir que nas operacións de xestión que teñan encomendadas se cumpran todos e cada un dos obxectivos sinalados no punto 5 do presente plan.

8.2. Función das deputacións no Plan de Xestión de RSU.

1. As deputacións provinciais fomentarán a creación de consorcios cos concellos para a máis adecuada realización das funcións que estes teñan encomendadas no Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos e incluirán estes servicios con carácter preferente nos plans provinciais de cooperación, co fin de que poidan serlles aplicadas as correspondentes subvencións, axudas e asistencia técnica previstas na lexislación estatal, ó igual que os créditos que outorgan as institucións oficiais de préstamos para estes fins.

2. As deputacións provinciais apoiarán os municipios no establecemento e adecuada prestación dos servicios de recollida e transporte dos residuos nos termos establecidos na Lei de RSU 10/1997 e demais normativas de aplicación. Para estes efectos aumentarán a constitución de mancomunidades de municipios orientadas a estes fins naquelas zonas en que resulte necesario para o desenvolvemento do plan de xestión.

8.3. Función dos consorcios no Plan de Xestión de RSU.

1. Os consorcios para a xestión dos residuos sólidos urbanos serán entes de dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, e os seus acordos obrigarán a tódolos membros integrados neles.

2. Será función primordial dos consorcios a realización das funcións de xestión dos RSU que o presente plan encomenda ós concellos e, subsidiariamente, ás deputacións provinciais.

3. Cada consorcio contará cun consello de dirección no que se integrarán, na proporción que se fixe nos estatutos, representantes da Xunta de Gali

cia, da deputación, da Sociedade Galega do Medio Ambiente e dos concellos.

8.4. Función da Sociedade Galega do Medio Ambiente no Plan de Xestión de RSU.

1. Corresponderalle á Sociedade Galega do Medio Ambiente a xestión dos residuos sólidos urbanos daqueles concellos que decidiran integrarse na opción presentada por esta empresa para a xestión dos seus RSU, a partir do momento en que son depositados nas estacións de transferencia ou plantas de selección previstas no plan de xestión, coas conseguintes operacions de transporte, almacenamento, valorización, tratamento, comercialización e deposición dos residuos.

2. A xestión da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. realizarase de forma que se garante o cumprimento de tódolos obxectivos recollidos no punto correspondente deste plan, para o cal deberá concerta-las súas accións coas do xestor ou xestores que interveñan nas fases iniciais do proceso.

8.5. Funcións dos sistemas integrados de xestión.

Conforme as disposicións da Lei de envases e residuos de envases, a Xunta de Galicia autorizaralles, a través do órgano competente, ós sistemas integrados de xestión que se constitúan en virtude de acordos asinados entre os diferentes axentes económicos, que aseguren a recolla periódica de envases e residuos de envases.

Os integrantes dos sistemas integrados de xestión colocarán nos seus productos un símbolo acreditativo.

Nos sistemas integrados de xestión os axentes económicos responsables da posta no mercado dos envases deberán financiar ás administracións locais o sobrecusto da recolla e tratamento específicos dos envases. Este financiamento farase a través do acordo-marco subscrito entre a Xunta de Galicia e os sistemas integrados de xestión, sendo a Xunta de Galicia a que reciba os fondos para a súa xestión, de acordo co previsto no artigo 9, puntos 2º e 3º do Real decreto 782/1998, do 30 de abril, polo que se aproba o Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases. Esta xestión faraa a Xunta de Galicia, a través do sistema que considere máis oportuno, como un organismo público ou empresa pública, ou ela mesma a través da Consellería de Medio Ambiente.

Estes sistemas de xestión permitirán unha maior recuperación de materiais, que serán reutilizados e reciclados, dando lugar á reducción do volume final de residuos destinados a outros tipos de valorización y eliminación.

8.6. Funcións da Xunta de Galicia.

1. Coordinación das accións necesarias para o logro dos obxectivos da Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

2. Planificación das actuacións mediante a elaboración, tramitación e aprobación dos instrumentos previstos neste plan de xestión e na Lei 10/1997.

Colaboración coas administracións locais en todos aqueles aspectos nos que estea prevista unha actuación conxunta.

4. Fomento de tódalas medidas que tendan:

a) Á minimización da producción de residuos.

b) A realizar unha adecuada valorización.

c) Ó depósito controlado destes, se é o caso.

5. Concienciación da poboación da transcendencia do plan de xestión, así como fomento de políticas de educación ambiental.

E para todo o anterior créanse as Unidades Territoriais de Xestión.

8.7. Funcións das Unidades Territoriais de Xestión.

Para efectos de xestión dos RSU dividirase o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en Unidades Territoriais de Xestión, as cales se definirán baixo o criterio de comarcalización:

1. Respectar, na medida do posible, a delimitación xeográfica das mancomunidades e os consorcios existentes ou de nova creación.

2. Reduci-los custos do transporte.

3. Optimiza-lo tamaño da área de xestión, de forma que permita a operación adecuada das instalacións de transferencia e de tratamento.

Son funcións dos responsables das UTX:

1. Dirixir e controla-las experiencias piloto previstas neste plan.

2. Cooperar coas outras entidades recollidas no capítulo 7, na aplicación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia a todo o ámbito territorial encomendado.

3. Levar ó día as estatísticas sobre a xeración, tratamento, e destino dos RSU, así como da evolución temporal da súa composición.

4. Elaborar memorias anuais.

9. Plan de actuacións.

As actuacións para a xestión de RSU da Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen neste plan, desenvolveranse tendo en conta os seguintes aspectos:

-As razóns da súa posta en marcha.

-Os obxectivos que se pretende conseguir.

-A súa programación no tempo.

-As infraestructuras necesarias.

-Os investimentos requiridos.

A Unión Europea no Quinto Programa de Acción Comunitaria en Ambiente (Resolución do Consello

de 17-5-1993, DO n1C 138) xa apuntaba nesta liña ó dicir que:

«O obxetivo xeral en materia de xestión dos RSU é o logro dunha explotación racional e sostible dos recursos, a través de tres tipos básicos de actuación:

Prevención: minimiza-la producción de residuos.

Reciclaxe e reutilización: do papel, vidro, plásticos e residuos orgánicos e outros materiais susceptibles de seren tratados por compostaxe.

Eliminación: dos residuos non reciclabes ou reutilizables na seguinte orde de prioridade:

-Valorización enerxética.

-Incineración sen recuperación de enerxía.

Vertido».

Polo tanto, débese afondar nun método que, de forma integral e agrupando os distintos tipos de tratamento de RSU poida dar unha solución total a este grave problema, é dicir, un sistema integral de xestión de RSU que:

-Comprenda a totalidade do territorio de Galicia.

-Integre tódalas fase de tratamento dos RSU: reducción, reutilización, recolla selectiva e reciclaxe, valoración enerxética, prioridade ademais de calquera das enumeradas no anexo II.B da decisión da Comisión (96/350/CEE) do 24 de maio, das fraccións non reciclabes, e eliminación da fracción non reciclabe e non valorizable. Finalmente recolle actuacións específicas para rexeneración de espacios degradados por vertidos.

-Represente unha mellora ambiental xeral para Galicia en temas claves como aproveitamento de recursos, paisaxe, acuíferos e contaminación atmosférica, reducindo considerablemente os efectos negativos que sobre o ambiente ten a xestión tradicional dos RSU.

A Xunta de Galicia súmase ós sistemas en vigor na maioría dos países desenvolvidos e propúgnao como tal sistema integral de xestión de RSU, a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente e as instalacións que para o efecto deseñe e constrúa, como oferta común de tratamento para os municipios que o desexen, aínda que sempre dentro do máximo respecto á autonomía municipal.

Por iso, os municipios que non desexen integrarse no sistema de xestión da Sociedade Galega do Medio Ambiente poden poñer en marcha outros sistemas, sempre que sexan compatibles cos principios establecidos no presente presente Plan de Xestión de RSU de Galicia, e estean incluídos neste ou nas subseguintes revisións do plan.

Entre períodos de revisión do plan, aqueles municipios que desexen poñer en marcha sistemas de xestión de residuos ou modificacións dos existentes, que inclúan procedementos e instalacións de reci

claxe, valorización e eliminación, deberán proceder como segue:

Redacción dun plan municipal, se non o tiveran xa redactado, de acordo co establecido na Lei 10/1997, de residuos de Galicia, e na Lei 10/1998, de residuos, así como o recollido neste Plan de Xestión de RSU de Galicia.

Sometelo a revisión da Xunta de Galicia para comprobar que cumpre o que di no artigo 26, puntos 2º, 3º, 5º e artigo 31, puntos 1º, 2º da Lei 10/1997, de residuos de Galicia.

Unha vez comprobada a adecuación do plan municipal pola Xunta de Galicia e antes da posta en marcha dos servicios e instalacións nel establecidos deberá acreditarse ante a Consellería de Medio Ambiente (Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental) o cumprimento dos trámites previstos nos artigos 15 (construcción de instalacións e xestión de residuos), Art. 25 (protección ambiental do plan), e Art. 32 (tarifas), co fin de que ante o previsto na Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia e a Lei 10/1998, de residuos, opere como se estas instalacións estiveran incluídas e estes sistemas de xestión previstos nesta adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

9.1. Programas e actuacións.

O Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia defínese cun carácter dinámico e integral, en liña coas directrices do V Programa de Acción Comunitaria en Materia de Ambiente, e cos principios e obxectivos anteriormente expostos.

Ademais das actuacións xenéricas, detalladas máis adiante, destinadas a asegura-lo cumprimento do presente plan e a súa correcta aplicación; o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia consta dos seguintes programas específicos:

-Programa de reducción da producción de RSU.

-Programa de reutilización dos RSU.

-Programa de recollida selectiva e reciclaxe de RSU.

-Programa de valorización dos RSU.

-Programa de rexeneración de espacios degradados.

-Programa de xestión de pilas usadas.

Co fin de unificar criterios, enténdese por reciclaxe o que a lei galega define como tal, non incluíndo por tanto a compostaxe, que para os efectos unicamente deste plan se considera valorización.

A continuación expóñense os contidos, os obxectivos e, por último, as actuacións previstas en cada un deles.

9.1.1. Descrición dos programas.

Programa de reducción da producción de RSU

A reducción en orixe dos RSU presenta evidentes vantaxes económicas e ambientais.

Logrando reduci-la cantidade de residuos producida xeraranse importantes aforros, entre os que destacan:

-Aforro de materias primas, moitas delas non renovables ou de difícil obtención.

-Aforro de custos de recolla, transportes e tratamento dos residuos, xa que ó ser menor a cantidade de residuos, será menor a necesidade de recursos materiais para o seu adecuado tratamento.

-Aforro total no custo de xestión dos RSU, e por tanto no canon de tratamento, o que repercute fundamentalmente nunha reducción de custo para o productor dos RSU.

No presente Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia establécese que o programa de reducción implicará accións sobre os cidadáns en xeral e sobre os productores e distribuidores de bens de consumo.

Este programa establécese para lograr unha reducción na cantidade de residuos producidos en Galicia, para o que é fundamental difundir ente os cidadáns e outros productores de RSU a cultura da reducción.

Programa de reutilización dos RSU

A través da reutilización dos materiais, logrando que poidan ter máis dun ciclo de uso, conséguese que os materiais teñan unha vida máis longa, atrasen o momento de deixar de ser utilizados, e por tanto tarden en converterse en RSU.

O obxectivo de que os productos sexan reutilizados implica cubrir dúas funcións básicas:

-Lograr que os materiais e envases sexan reutilizables e existan os procedementos adecuados para facilitar esa reutilización.

-A segunda é lograr que os propios cidadáns colaboren reutilizando os materiais aptos para isto.

O progama de reutilización dos RSU do Plan Xeral de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia comprende, en consecuencia:

-O desenvolvemento normativo necesario para afianzar esa primeira función.

-As campañas de sensibilización cidadá necesarias para a segunda función, que implica os cidadáns galegos.

Este programa ten como ferramentas para a súa realización os plans empresariais de prevención, tendo en conta, ademais, o articulado do capítulo IV da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases, sobre o sistema de depósito.

Programa de recolla selectiva e reciclaxe de RSU

Combinando unha recolla selectiva amplamente difundida e correctamente planificada, e os adecuados sistemas de separación e tratamento é posible alcanzar cotas de reciclaxe de materiais moi altas.

O programa de recolla selectiva e reciclaxe de RSU do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urba

nos de Galicia establece as medidas necesarias para asegura-lo máximo grao de recolla selectiva que pola súa vez contribúa a obte-la cota máxima de reciclaxe de materiais que poidan alcanzarse a partir dos RSU de Galicia.

Para iso procederase, nunha primeira fase, á realización dunha experiencia piloto que cos seus resultados e conclusións permitirán afrontar, con mellores garantías de éxito, un correcto desenvolvemento da recolla selectiva en todo o territorio de Galicia.

O programa de recollida selectiva e reciclaxe establecerá definitivamente, a partir das conclusións desa experiencia piloto, os medios materiais necesarios para que os concellos establezan as medidas adecuadas que aseguren a recolla selectiva dos RSU no seu ámbito de actuación.

Trala recolla selectiva tódolos concellos:

-Entregarán a fracción seca dos RSU nas instalacións de selección ou nas estacións de transferencia.

-Entregarán o vidro, e o papel e cartón, ben directamente ós sistemas integrados de xestión de envases e residuos de envases (SIX) ou outros recicladores ou depositaranos nas instalacións de selección ou nas estacións de transferencia, segundo se estableza en cada caso.

Programa de valorización dos RSU

Os materiais non reciclables por outros métodos poden ser aproveitados mediante a súa valorización, evitando así a necesidade da súa eliminación ou vertido.

Para o aproveitamento máximo dos RSU non reciclables doutro modo procederase á súa valorización, ben enerxética a través da Sociedade Galega do Medio Ambiente ou ben por medio doutros sistemas de valorización que poidan poñer en marcha os propios municipios ou mancomunidades.

Os concellos que optaran polo procedemento común da Sociedade Galega do Medioambiente, entregarán a fracción húmida dos RSU nas estacións de transferencia.

Os concellos que optaran por outros plans de valorización local procederán ó tratamento adecuado desta fracción húmida dos RSU a través dos sistemas que se instauraran en cada caso.

a) Opción da Sociedade Galega do Medio Ambiente.

En concreto, no caso do sistema común de tratamento que ofrece a Sociedade Galega do Medio Ambiente, procederase a unha valorización enerxética que se realizará na planta termoeléctrica que se instalará dentro do complexo ambiental de Cerceda.

b) Tratamentos locais de valorización.

No caso dos tratamentos locais de valorización aplicables no ámbito municipal ou de mancomu

nidade, estes poderán ser de calquera tipo, sempre e cando cumpran coa normativa vixente e respecten as prioridades de tratamento establecidas pola normativa comunitaria, española e galega e do presente plan de xestión. Estes programas deberán ser capaces de manter un custo adecuado e de garantiza-lo cumprimento dos obxectivos establecidos neste plan.

Entre os tratamentos posibles polos que algúns municipios ou mancomunidades poden optar está a compostaxe, que é compatible co resto de programas establecidos no presente plan.

Nos casos en que se opte por programas locais de valorización, os municipios ou mancomunidades deberán instalar, de forma previa e compatible coas correspondentes plantas de valorización, as adecuadas áreas ou plantas de recuperación propias, polas que deberán pasar os RSU antes de seren sometidos a procesos de valorización, e sempre que cumpran as condicións recollidas no capítulo 9.

Preténdese, desta forma, que todo RSU producido en Galicia sexa sometido ós mesmos pasos de tratamento (separación en orixen, recuperación, valoración), independentemente de se é a Sociedade Galega do Medio Ambiente ou o propio municipio ou mancomunidade o encargado da súa valorización ou tratamento final.

En definitiva, todo RSU que se produza en Galicia, unha vez separado en orixe polos propios cidadáns, ou en destino nas plantas de recuperación adecuadas, será sometido a unha posterior reciclaxe, valorización, con prioridade a enerxética, compatible coa actual lexislación ambiental.

Asegúrase así co presente Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos que tódolos RSU producidos en Galicia se someten a tódolos tratamentos adecuados para o seu aproveitamento máximo, o que permitirá acada-los obxectivos marcados polo artigo 5 da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases.

Programa de rexeneración de espacios degradados

A situación actual da xestión dos RSU, xa descrita, supón que existan numerosos vertedoiros incontrolados e terreos contaminados. Ademais parte destes vertedoiros teñen vertidos de residuos perigosos (RP), que non son tratados adecuadamente ó non estaren preparados estes vertedoiros para este tipo de residuos.

De acordo coas liñas de acción comunitaria, en especial o Quinto Programa de Acción Ambiental da Unión Europea, os vertedoiros deben ser preferentemente substituídos por sistemas de xestión integrais dos RSU. En Galicia, irán desaparecendo de forma paulatina a medida que se poñan en marcha os distintos programas de presente plan e, en especial, os sistemas de valorización, tanto a opción común presentada a través da Sociedade Galega do Medioambiente como outros sistemas locais de valorización.

O programa de rexeneración de espacios degradados:

-Detectará, clausurará e selará os vertedoiros incontrolados que existan no territorio de Galicia.

-Manterá nas mellores condicións posibles os vetedoiros que vaian seguir sendo empregados.

-Clausurará e selará os vertedoiros que non vaian seguir sendo empregados.

En concreto, e dentro deste programa procederase á elaboración do Plan Xeral de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros, que deberá estar redactado nos primeiros meses de 1999.

Este plan proporá as solucións necesarias para a adecuación de tódolos vertedoiros existentes á normativa europea. Esta adecuación terá un triple obxectivo:

-Para os concellos que elixan a alternativa proposta pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. ou calquera outro sistema de valoración: manter, nas mellores condicións ambientais, os vertedoiros actualmente en uso, os cales serán posteriormente clausurados e selados.

-Para os concellos que opten por outras solucións e necesiten realizar un vertido controlado ben como solución parcial ou como forma de eliminación dos residuos: adecuar para o seu uso continuado aqueles vertedoiros ou ben crear outros novos. En tódolos casos, os vertedoiros deberán cumpri-la normativa que con posterioridade se dicte sobre eles.

-Detección, selado e clausura de vertedoiros incontrolados.

No ano 2000 está previsto o comezo da execución do Plan Xeral de Adecuación, Selado e Clausura de Vertedoiros. Desde 1998 comezarase o programa de rexeneración de espacios degradados, tal e como se indica nas fases de actuación do presente plan.

A partir da entrada en vigor do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, e os programas nel previstos, os vertedoiros actualmente en funcionamento requirirán para continuar coa súa explotación o cumprimento da normativa ambiental e a autorización pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente. De acordo co artigo 15 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, este trámite será de obrigado cumprimento tanto para os vertedoiros actualmente en funcionamento como para os de nova creación. Calquera actuación de selado e clausura de vertedoiro requirirá unha declaración de efectos ambientais se o seu volume é superior a trescentos mil metros cúbicos, e un dictame ambiental noutro caso.

Os xestores dos vertedoiros así como de calquera instalación de xestión de residuos, e demais actividades establecidas na Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, deberán incribirse no rexistro xeral de Xestores de Residuos

Sólidos Urbanos de Galicia, adscrito á Consellería de Medio Ambiente, sexa a súa actividade por autorización, delegación ou concesión dos entes locais, ben de forma individualizada por estes, ou ben por mancomunidades ou por consorcios dos entes locais.

Programa de xestión de pilas usadas de orixe doméstica

Para poder dar resposta adecuada e viable a este tipo de residuos establecerase un sistema xeral de recolla destes materiais polos propios municipios e adecuaranse os medios de transporte dispoñibles para optimiza-lo sistema.

A pesar de que certos tipos de pilas non entran dentro da categoría de RSU, xa que son residuos perigosos, o feito de que a súa fonte habitual de producción, os domicilios, sexa a mesma que a dos RSU foi determinante para que o seu tratamento se inclúa no marco do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia. Para facilita-lo seu tratamento deberán ser recollidas e tratadas de forma específica.

Por último, tódalas pilas recollidas neste sistema serán debidamente tratadas na planta de tratamento de pilas usadas, situada nas Somozas.

9.1.2 Obxectivos dos programas.

A continuación establécense os obxectivos para cada un destes programas:

Programa de reducción da producción de RSU:

Obxectivos:

-Minimiza-la producción en orixe de RSU.

-Alcanza-los obxectivos de reducción definidos pola Lei 11/1997, de envases e residuos de envases: antes do 30 de xuño do ano 2001 unha reducción do 10% do peso da tatalidade dos residuos de envases xerados.

Programa de reutilización dos RSU

Obxectivos:

-Consegui-la reutilización daqueles productos e materiais incluídos dentro dos RSU que poden ter máis dun ciclo de uso.

-Fomenta-la fabricación de materiais e envases reutilizables.

-Fomenta-la creación de instalacióons para o depósito e xestión adecuada de materiais e envases reutilizables.

Programa de recollida selectiva e reciclaxe

Obxectivos:

-Consegui-la implantación xeneralizada de sistemas de recollida selectiva no ámbito doméstico.

-Conseguir-la implantación de sistemas de reciclaxe a escala municipal mediante a formalización de convenios entre os entes locais, os xestores de

RSU dedicados á reciclaxe, os productores de envases e a Xunta de Galicia.

-Alcanza-lo máis estricto dos seguintes obxectivos de reciclaxe: 1) Os definidos pola Lei 11/1997, de envases e residuos de envases; antes do 30 de xuño do ano 2001 reciclarase o 25% como mínimo e o 45% como máximo, en peso, da totalidade dos materiais de envasados que formen parte de tódolos residuos de envases xerados, cun mínimo do 15% en peso de cada material envasado, 2) os definidos na decisión da Comisión Europea con data do 7-5-1998 sobre a concesión dunha axuda do Fondo de Cohesión ó proxecto de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia en España, que inclúe os seguintes para o reciclado, en tanto por cento de cada material e con separación en orixe.

-Para o ano 2000 en vidro o 20%, en plástico o 20%, en papel o 20% e para o total de envases o 19%.

-Para o ano 2001 el 27% en vidro e papel, 25% en plástico e para o total de envases o 26%.

Programa de valorización

Obxectivos:

-Recuperar mediante tratamentos fisicoquímicos e biolóxicos os recursos aínda existentes nos RSU que non puideron ser xestionados mediante reutilización ou reciclaxe.

-Conseguir que tódolos concellos de Galicia dispoñan dun sistema de valorización dos residuos, adecuado ás súas necesidades e integrado dentro do conxunto de programas que se desenvolvan neles.

-Alcanza-los obxectivos de valorización definidos pola Lei 11/1997, de envases e residuos de envases: antes do 30 de xuño do ano 2001 valorizarase o 50% como mínimo e o 65% como máximo, en peso, da totalidade dos residuos de envases xerados.

Programa de rexeneración de espacios degradados

Obxectivos:

-Detectar, selar e clausura-los vertedoiros incontrolados existentes en Galicia.

-Recuperar e acondicionar aqueles espacios que vaian seguir sendo empregados para o vertido controlado de residuos sólidos urbanos.

-Acondicionar, selar e clausura-los vertedoiros que non vaian ser empregados a medida que os concellos opten por algunha das alternativas de valorización proxectadas para a xestión dos residuos.

Programa de xestión de pilas usadas

Obxectivos:

-Implantar unha recollida sistemática das pilas usadas que se producen na Comunidade Autónoma.

-Trata-las pilas usadas mediante tecnoloxías que permitan a eliminación dos riscos potenciais para o medio.

9.1.3. Descrición das actuacións que se van realizar. Aplicación da Lei 11/1997 de envases e residuos de envases.

Dentro do marco legal no que se inscribe o presente plan, o artigo 17 da Lei 11/1997, de envases e residuos de envases indica que os plans de xestión de residuos das comunidades autónomas deberán conter determinacións específicas sobre a xestión de envases e residuos de envases. Esta obriga xa aparece recollida na Directiva 94/62/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de decembro de 1994, relativa ós envases e residuos de envases, que no seu artigo 14 esixe que os plans de xestión de residuos inclúan un capítulo específico sobre a xestión de envases e residuos de envases. En cumprimento dos anteditos preceptos estructúranse as actuacións que se van realizar no plan, recollendo as diferentes actuacións que se realizarán na xestión de envases e residuos de envases e estendendo estas actuacións ó resto de residuos.

Distínguense dous tipos de actuacións diferentes para realizar no plan; aquelas que se aplican de forma xenérica a tódolos programas definidos e aquelas outras o obxectivo das cales é dar cobertura ás especificidades de cada un dos programas.

Actuacións xerais

Relativas ó propio plan:

-Seguimento do desenvolvemento dos programas.

-Revisión, polo menos quinquenal, do plan.

Relativas á xestión dos residuos:

-Cumprimento dos obxectivos de reducción, reciclaxe e valorización definidos polo artigo 5 da Lei 11/1997.

-Posta en marcha do Rexistro de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos, creado polo artigo 14 da Lei 10/1997, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

-Inscrición dos Sistemas Integrados de Xestión (SIX) definidos pola Lei 11/1997, de envases e residuos de envases e inclusión destes no Rexisto de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos.

-Formalización de convenios cos SIX para coordina-las súas actuacións cos obxectivos deste plan.

-Creación das unidades territoriais de xestión (UTX).

-Establecemento das medidas necesarias para que as fraccións tóxicas ou perigosas resultado dos procesos de xestión, sexan tratados ou depositados en forma e lugar axeitado.

-Elaboración e actualización do Catálogo de Residuos de acordo coa disposición adicional da Lei 10/97, de RSU de Galicia.

Relativas ós productores de envases.

-Aprobación dos plans empresariais de prevención de residuos para aqueles fabricantes que superen unhas cotas definidas na súa producción de envases.

-Definición de obxectivos e formalización de convenios dirixidos ós productores de envases que non alcancen as cotas definidas anteriormente.

Relativas ós consumidores.

-Realización de estudios sociolóxicos sobre os hábitos de consumo nos fogares galegos co fin de definir-los puntos sobre os que se teña que incidir nas campañas de sensibilización que se realizarán en cada un dos programas.

Actuacións por programas

Seguindo o exposto no comezo deste punto sobre descrición de actuacións, estructúranse os diferentes programas que inclúe o plan recollendo de forma específica a xestión de envases e residuos de envases, e ampliando este modelo de xestión en canto ós principios que o ordenan de prevención, reutilización e reciclaxe ó resto dos residuos sólidos urbanos obxecto deste plan.

Programa de reducción.

-Campaña de sensibilización dirixida ós consumidores.

-Campaña de reducción na producción de residuos nos centros oficiais dependentes da Xunta de Galicia.

-Edición de manuais de comportamento.

-Estudios sobre metodoloxía e tecnoloxías.

-Acordos con empresas productoras.

-Deseño, dirección, supervisión e control.

Programa de reutilización.

-Campaña de sensibilización cidadá para fomenta-lo consumo de envases reutilizables.

-Desenvolvemento normativo para a fabricación, uso e formas de xstión de envases reutilizables.

-Estudios sociolóxicos para coñece-los comportamentos actuais e futuros dos cidadáns e para dirixir e, posteriormente, avalia-lo impacto das accións do programas.

-Edición de manuais de comportamento.

-Estudios de metodoloxías e tecnoloxías.

-Acordos con comercios e grandes superficies, para acordar medidas tendentes á reutilización.

-Acordos con fabricantes, para acordar medias tendentes á reutilización.

-Deseño, dirección, supervisión e control.

Programa de recollida selectiva e reciclaxe.

-Realización dunha experiencia piloto sobre clasificación domiciliaria dos residuos en fraccións seca e húmida, como punto de partida para a aplicación dunha estratexia de recollida selectiva domiciliaria Como parte desta experiencia realizaranse as seguintes actividades:

-Estudios sociolóxicos para coñece-los comportamentos actuais e futuros dos cidadáns e para dirixir

e, posteriormente, avalia-lo impacto das accións do programa.

-Manuais de comportamento.

-Estudios de metodoloxías e tecnoloxías.

-Acordos cos SIX.

-Acordos con outras entidades recicladoras.

-Deseño, dirección, supervisión e control da proba con recollida práctica nun número determinado de concellos que supoñan da orde do 10% da poboación e recollendo o medio rural, semirural, semiurbano e urbano.

-Creación de puntos limpos (puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais).

-Aplicación de resoltados da experiencia piloto.

-Construcción dunha planta de clasificación no complexo ambiental de Cerceda da Sociedade Galega do Medio Ambiente.

-Construcción de plantas de clasificación por parte dos concellos que xestionen a valoración dos seus propios residuos.

-Compra dos medios materiais necesarios para a realización de recolla selectiva e reciclaxe polas entidades ás que corresponda.

-Construcción doutras plantas de clasificación nas zonas onde sean necesarias segundo os resultados da experiencia piloto.

Programas de valorización.

-Construcción por parte da Sociedade Galega do Medio Ambiente de estacións de transferencia para a transferencia dos residuos recollidos polos concellos. A instalación das estacións de transferencia realizarase sobre a base dos criterios que se recollen no anexo III.

-Construcción dunha planta de recuperación.

-Construcción por parte da Sociedade Galega do Medio Ambiente dunha planta termoeléctrica dentro do complexo ambiental de Cerceda.

-Construcción dos sistemas alternativos de tratamento por compostaxe e outras formas de valorización, por parte daqueles concellos que non opten polo sistema definido pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Programa de recuperación de espacios degradados.

-Elaboración do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros, que deberá estar redactado nos primeiros meses de 1999 para solicita-los fondos europeos necesarios para a súa implantación.

-Execución do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros.

-Proxecto e execución das obras de descontaminación de vertedoiros contaminados por RTP.

Programa de recolla de pilas usadas.

-Campaña de sensibilización cidadá sobre a recolla e adecuado depósito das pilas usadas.

-Plan de axudas á recolla municipal de pilas usadas, achegando medios materiais ós concellos para a súa recolla e aplicando un sistema de subvencións ó seu transporte á planta de tratamento, con carácter temporal e porcentaxes decrecentes ata consegui-la consolidación do sistema.

-Tratamento na planta de tratamento de pilas usadas, situada nas Somozas.

9.2 Fases de actuación.

A execución das diferentes fases do plan comezará no primeiro trimestre do ano 1998, estendéndose ata a súa primeira revisión, prevista para o ano 2001.

O desenvolvemento temporal das actuacións será o seguinte:

Ano 1998

-Redacción da normativa que desenvolve o Rexistro de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos.

-Autorización dos Sistemas Integrais de Xestión (SIX) de envases na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Axuda á dotación de medios materiais no ámbito municipal para os programas municipais de recollida selectiva e reciclaxe.

-Comezo do funcionamento da planta de tratamento de pilas usadas das Somozas.

-Fomento da recolla municipal de pilas usadas.

-Avance na construcción de estacións de transferencia e complexo ambiental da Sociedade Galega do Medio Ambiente en Cerceda.

-Definición do prego de condicións para o concurso de asistencia técnica para a redacción do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros.

-Selección de emprazamentos para actuacións de recuperación de solos contaminados e elaboración de pregos de condicións técnicas.

-Definición das actuacións que se van realizar para a posta en marcha da experiencia piloto sobre clasificación domiciliaria e recolla fraccionada dos residuos domésticos. Estas actuacións deberán incluí-la selección de puntos de aplicación da experiencia piloto, a definición dos sistemas de recolla e clasificación, a avaliación dos medios materiais necesarios, a programación das actuacións e a redacción do prego de condicións para o concurso de asistencia técnica para a realización da campaña.

-Realización de campañas de sensibilización para a colaboración cidadá na recolla de pilas.

-Adxudicación do contrato de asistencia técnica para a realización da campaña de clasificación domi

ciliaria e recolla selectiva de residuos domésticos.

-Accións previas para a posta en marcha da experiencia piloto:

* Acordos cos concellos seleccionados.

* Formalización de acordos previos cos Sistemas Integrados de Xestión (SIX), que inclúan os obxectivos de reducción, valorización e reciclaxe definidos pola Lei 11/1997, de envases e residuos de envases, que deberán ser aplicados na Comunidadade Autónoma de forma extensiva a todo o territorio e cos mesmos valores que para todo o Estado.

* Realización de acordos marco entre os SIX e os municipios que requiran asistencia para a aplicación dos ditos sistemas.

* Deseño das plantas de clasificación necesarias para a realización da experiencia piloto.

-Aprobación dos plans empresariais de prevención de residuos para aqueles productores de envases que xeren cantidades anuais superiores ás taxas que no seu día indique o regulamento de desenvolvemento da Lei 11/1997, de envases e residuos de envases.

-Contratación da redacción do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros e proxectos tipo, e contratación de proxectos e obras de recuperación doutros espacios degradados.

-Desenvolvemento da normativa necesaria para o Fondo de Recuperación de Espacios Degradados creado polo artigo 35 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia; pregos de asistencia técnica.

-Posta en marcha da experiencia piloto de clasificación domiciliaria e recolla selectiva de residuos domésticos, que incluirá:

* Definición e aplicación das campañas de sensibilización cidadá.

* Comezo da aplicación dos convenios subscritos cos sistemas integrais de xestión (SIX).

* Definición e aplicación do sistema de recolla e clasificación.

-Fondo de Restauración de Espacios Degradados: preparación normativa.

-Elaboración do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoros e redacción de proxectos tipo.

-Comezo da execución de obras de restauración de espacios degradados.

Ano 1999

Primeiro semestre:

-Análise dos resultados da experiencia piloto de clasificación domiciliaria e recolla selectiva de resi

duos domésticos, que incluirá:

* Definición de criterios e selección de emprazamentos para o establecemento de puntos limpos para a recolla selectiva de residuos.

* Posta en marcha de campañas de sensibilización dos consumidores cara á reducción de residuos e á recolla selectiva.

* Revisión dos convenios subscritos cos SIX en función das conclusións da experiencia piloto.

-Aplicación da experiencia piloto e posta en marcha de forma extensiva da recolla selectiva a partir dos seus resultados.

-Aplicación dos plans empresariais de prevención.

-Solicitude de fondos europeos para a execución do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros.

-Selección de emprazamentos para a segunda fase de recuperación de espacios degradados.

-Formalización de acordos con productores non suxeitos a plans empresariais de prevención.

-Comezo da aplicación dos acordos subscritos.

-Establecemento de puntos limpos para a recollida selectiva de residuos.

-Contratación da segunda fase de recuperación de espacios degradados.

Segundo semestre:

-Comezo das campañas de sensibilización sobre o uso de envases reutilizables.

-Elaboración de borradores de disposicións normativas para o fomento da reutilización.

-Entrada en vigor da segunda fase de recuperación de espaios degradados.

Ano 2000

Primeiro semestre:

-Inicio da execución do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros.

-Selección de emprazamentos para a terceira fase de recuperación de espacios degradados.

-Contratación da terceira fase de recuperación de espacios degradados.

-Análise do grao de cumprimento dunha reciclaxe mínima do 15% dos envases producidos e definición de novas accións.

-Entrada en funcionamento do complexo ambiental da Sociedade Galega do Medio Ambiente.

Segundo semestre:

-Execución da terceira fase de recuperación de espacios degradados.

-Finalización do apoio económico ás campañas municipais de recolla de pilas.

Ano 2001

-Análise do grao de cumprimento dos obxectivos finais de reducción, valoración e reciclaxe de envases e definición de novas accións.

-Revisión do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos.

10. Orzamento de investimentos do plan.

A estimación do orzamento de investimentos que se presenta, que en conxunto ascende a 49.378 millóns de pesetas, (IVE excluído) inclúe os distintos programas en que se articula o plan e establece as partidas que han terse en conta, tras aplicar na avaliación de cada unha delas os criterios que se expoñen a seguir:

O orzamento inclúe os seguintes programas:

1. Programa de reducción de residuos.

2. Programa de reutilización de residuos.

3. Programa de recolla selectiva e reciclaxe.

4. Programa de valorización de residuos.

5. Programa de recuperación de espacios degradados.

6. Programa de recollida de pilas usadas.

O orzamento de cada un destes programas integra tres conxuntos de actuacións:

A. Accións previas, tales como realización dunha experiencia piloto; estudios sociométricos; manuais de comportamento, ou campañas de sensibilización e educación cidadá.

B. Accións de mantemento e continuidade.

C. Investimentos derivados de infraestructuras e servicios que van se-lo soporte obrigado do plan.

O investimento programado para levar a cabo o plan proposto foi realizado aplicando os seguintes principios:

-O plan realízase co propósito de resolve-lo problema dos RSU en todo o territorio de Galicia, tendo en conta que a incorporación dos municipios a el será paulatina.

-A pesar de seren os muncipios os responsables dos residuos e os seus xestores, a eficacia do plan e o seu custo requiren que se supere o ámbito municipal, co obxecto de lograr unha maior operatividade na xestión e diminuí-los gastos. Polo tanto, ten que pensarse nunha xestión consorciada e nuns investimentos planificados, non en función do número de concellos que interveñan en cada caso, senón de habitantes de cada comarca e o dos residuos que haxa que tratar da forma máis efectiva e máis económica posible.

-Polo tanto, os investimentos necesarios para levar a cabo as operacións programadas, incluso as que

seguen sendo competencia de municipios e consorcios, como son, por exemplo, os camións compactadores e os contedores, foron calculadas de acordo co volume de residuos que hai que recoller en cada área, sen ter en conta a necesidade de dotar a cada concello dun camión ou de contedores para o uso exlusivo dun municipio.

-Afondando neste criterio, fíxose incidencia na adquisición de elementos que contribúan a fomentar-la unión entre os municipios, o que permitirá solucionar algúns dos problemas actualmente existentes, como é o caso dos camións lava-contedores ou dos equipos dedicados especificamente á recolla selectiva.

-Inclúense no orzamento global os custos derivados dos estudios técnicos e sociolóxicos, así como as campañas de sensibilización cidadá que se consideran necesarias para lograr unha maior participación da sociedade galega na xestión de residuos, especialmente no que se refire á reducción, reutilización e reciclaxe destes.

Así mesmo, inclúense tamén as partidas correspondentes ó deseño, posta en marcha e avaliaión dun plan piloto de recolla selectiva, os resultados do cal permitirán definir con maior rigor a magnitude das partidas de invstimento previstas neste plan e a súa distribución temporal.

Para efectua-lo cálculo do orzamento presentado, consideráronse os seguintes parámetros e estimacións:

-Prodúcense anualmente 800.000 Tm de RSU na Comunidade Galega. O plan actuará sobre a totalidade delas.

-As operacións de recolla realízanse 300 días ó ano.

-Os procedementos previstos neste plan pretenden alcanzar a medio prazo, ano 2001, a participación do 75% da poboación na recolla selectiva.

-Calculouse o investimento global de cada concepto, con independencia de que en moitos casos os gastos sexan graduais e dependentes uns doutros. Preténdese, como se sinalou anteriormente, tanto estimar unha cifra global coa maior exactitude posible, como sentar criterios e fixar conceptos de gasto para que os coñeza a sociedade galega, protagonista e interlocutora en última instancia do plan.

O contido e valoración de cada un dos programas considerados é o seguinte:

10.1. Programa de reducción.

Inclúe os investimentos derivados das campañas de sensibilización cidadá e da elaboración e difusión de manuais de comportamento; os gastos correspondentes á realización de estudios sociolóxicos e de metodoloxías e tecnoloxías, así como os que se derivan dos acordos previstos coas empresas manufac

turadoras. O conxunto de investimentos establecidos ata o ano 2001 ascende a 371 millóns de pesetas, dos que 39 corresponden ó ano 1998, (ambos casos IVE excluído).

10.2. Programa de reutilización.

Agrupa os investimentos derivados da campaña de sensibilización cidadá e da elaboración e difusión dos correspondentes manuais de comportamento; a realización de estudios sociolóxicos e de metodoloxías e tecnoloxías, así como o gasto derivado dos acordos que se alcanzarán con comercios, grandes superficies e fabricantes. O conxunto de investimentos establecidos por este concepto elévase a 457 millóns de pesetas, dos que 17 corresponden ó ano 1998. (IVE excluído).

10.3. Programa de recolla selectiva e reciclaxe.

Este programa inclúe tamén investimentos e gastos derivados da campaña de sensibilización cidadá e dos estudios específicos antes citados; os correspondentes ós acordos que se alcanzarán cos SIX e con outros recicladores; a compra de equipos; a creación dos denominados puntos limpos; os custos da experiencia piloto e da aplicación dos seus resultados; os investimentos destinados á construcción da planta de recuperación da Sociedade Galega do Medio Ambiente e, por último, os investimentos derivados da compra de medios materiais polos concellos.

Os investimentos en equipos, medios materiais e puntos limpos foron estimados en 4.624 millóns de pesetas (IVE excluído). Os gastos derivados da experiencia piloto e a súa aplicación foron estimados en 155 millóns de pesetas, (IVE excluído), e o resto dos investimentos establecidos, estudios, acordos, etc. Ascende a 793 millóns de pesetas (IVE excluído). En conxunto, os investimentos previstos neste programa alcanzan os 5.591 millóns de pesetas (IVE excluído).

A valoración do conxunto de investimentos en equipos, medios materiais e puntos limpos foi obtida da seguinte forma.

A) Contedores convencionais.

Para o cálculo dos contedores necesarios para un correcto funcionamento do plan foi considerado que, a medio prazo, o 75% dos cidadáns de Galicia estarán debidamente concienciados e separarán en orixe os elementos máis característicos dos residuos con obxecto de facer posible unha recolla selectiva.

Paralelamente, as campañas dirixidas á reducción e reutilización de residuos, conseguirán estabiliza-la súa producción, anulando o aumento previsto para anos sucesivos, de tal maneira que o parque de contedores, á parte das reposicións por desgaste, permaneza sensiblemente constante.

Unha producción de 800.000 T anuais de residuos en 300 días de recolla ó ano supón unha recolla

media diaria de 2.667 Tm diarias, cifra á que hai que aplicar un coeficiente corrector, tanto no capítulo de contedores coma nos de camións e estacións de transferencia, con obxecto de recolle-los 65 días do ano posteriores ás festas, nos que as necesidades se duplican.

Para o cálculo dos contedores convencionais partiuse das seguintes premisas:

-Xeración de 0,9 kg/hab./día.

-Necesidade de acumular residuos de 2 días.

-Densidade dos residuos no contedor: 0,2 kg/litro.

-Coeficiente de perda de capacidade: 1,3.

En consecuencia, a necesidade de contedores será: 0,9 kg/hab./díax2 díasx1 litro/0,2x1,3=11,7 litros/hab.

Segundo os datos do Padrón Municipal de 1996, o volume de residuos xerados por cada provincia é o seguinte:

ProvinciaHabitantesLitros

A Coruña1.110.30212.990.533

Lugo371.6844.348.703

Ourense346.9094.058.835

Pontevedra915.10410.706.717

Total Galicia2.743.99932.104.788

Os contedores dispoñibles na actualidade son os seguintes:

240L360L800LTotal litros

Cedidos pola Xunta20.3469.96819.12823.773.920

5% de baixas1.0184999571.188.696

Adquiridos polas 7 grandes

Cidades11.988.078

Existencia en libros de contedores:34.573.302

Con independencia dalgún posible desequilibrio na distribución que poida orixinar pequenos déficits nalgúns puntos concretos, a cantidade de contedores convencionais existentes supera no 7,7% ás necesidades actuais, sobre todo tendo en conta que, ademáis do apuntado anteriormente respecto á reducción, a maior incidencia da recolla selectiva liberará paulatinamente un número apreciable de contedores convencionais que compense o crecemento da poboación galega.

B) Contedores para recolla selectiva.

Tendo en conta a hipótese de que se recollen diariamente 2.667 Tm de residuos; que, a medio prazo, o 75% dos cidadáns colaborarán na recolla selectiva de residuos; que se seleccionarán papel e vidro, ademáis da fracción seca que leva metais, plástico e outros, e tendo en conta que os residuos conteñen por termo medio un 19,56% de papel, un 21,21% de fracción seca e un 6,29 % de vidro, as cantidades recollidas en toda Galicia serán:

Papel: 2.667x0,1956x0,75=391,16 Tm/día.

Fracción seca: 2.667x0,2121x0,75=424,12 Tm/día.

Vidro: 2.667x6,29x0,75=125,88 Tm/día.

Resto residuos: 2.667x(0,529x0,75+0,25)=1.665,50 Tm/día.

Considerando que a densidade do papel no contedor é de 120 Kg/m a da fracción seca 54,9 Kg/m e a do vidro 320 Kg/m, e que se utilizarán contedores de 800 litros con cerramento e cores distintas para o papel e o plástico, e iglús de 2.500 litros para o vidro, as necesidades de contedores calcúlanse nas seguintes:

MaterialToneladasMNº contedores

Papel391,163.2604.075

Fracción seca424,127.7269.657

Vidro125,88350140

A recolla nestes contedores realizarase por termo medio unha vez á semana, no caso do papel e vidro, e no caso da fracción seca da orde de tres veces á semana.

Así pois, as necesidades totais e a súa valoración en pesetas son as seguintes:

MaterialNº contedoresPrecioMillóns de

unitariopesetas

(ptas.)

Papel24.45023.500575

Fracción seca19.31423.500454

Vidro 84085.00072

Total contedores recolla selectiva1.101

(949 Mptas. IVE excluído)

Ó evaliar estas cifras non se tiveron en conta os contedores adquiridos por algúns concellos en pequenas cantidades, nin os cedidos pola Administración central á cidade de Vigo ou a algúns municipios máis, a capacidade dos cales pasará a incrementa-la dispoñibilidade total de Galicia para a recolla selectiva nesta fase inicial do plan.

C. Camións compactadores convencionais.

Preveuse que os camións teñan unha capacidade de 8 m e 16 m, que é a máis usual para estes equipos mecánicos. Os camións de 8 m teñen un rendemento menor pero resultan indispensables se se considera a dispersión da poboación e a escasa largura de moitos camiños de acceso ós núcleos rurais, polo que nas provincias de poboación máis dispersa, a súa proporción respecto ós de 16 m resulta maior. As grandes cidades utilizan practicamente na súa totalidade camións de 16 m.

As necesidades para o desenvolvemento do plan de xestión son as seguintes:

ProvinciaCamións 8 mCamións 16 m

A Coruña100100

Lugo4429

Ourense4428

Pontevedra8181

Total Galicia269238

Estimando que se realiza un medio de 1,5 viaxes diarios por vehículo necesitaranse:

Tamaño do camiónUnidades

Camións de 8 m180

Camións de 16 m160

Total camións340

Os camións dispoñibles na actualidade son os seguintes:

Concepto8 m16 mUnidades

Cedidos pola Xunta a 306 concellos143 45188

10% de baixas

Adquiridos polas 7 grandes cidades 15 5 20

- 96 96

Existencias128136264

O custo dos camións que se adquiren, necesarios para completa-lo parque ascenderá a:

TamañoNºPrezo unitarioMillóns de

(Millóns ptas.)pesetas

Camións de 8 m5215780

Camións de 16 m2417408

Total camións761.188

1.024 Mptas. (IVE excluído)

D. Camións para recolla selectiva.

Os compoñentes separados dos residuos obtidos a partir da recolla selectiva, poden transportarse na súa maior parte en camións compactadores convencionais, pero isto resulta negativo fronte á poboación, que pode chegar a pensar que se volven mesturar no camión os residuos que eles se molestaron en separar previamente.

Por iso, resulta conveniente amplia-lo parque de vehículos de recolla con camións dedicados especificamente ó transporte dos compoñentes seleccionados.

Para os labores de recolla do vidro adquiriranse 8 camións, a razón de 2 por provincia, dotados da correspondente pluma para o manexo dos contedores e un mesmo número para o papel.

En canto á fracción seca, tendo en conta a menor frecuencia de recolla e a menor compactación, obtéñense 41 camións.

O importe destes vehículos ascenderá a:

ConceptoNº vehículosMillóns de

pesetas

Camións compactadores para papel12204

Camións fracción seca41618

Camións con pluma para vidro12108

Total camións65920

793 Mptas. (IVE excluído).

E. Puntos limpos.

Instalaranse puntos limpos, que terán como función seleccionar e almacena-los productos resultantes da recolla selectiva (non domiciliaria porta a porta); é dicir, recoller todos aqueles residuos que, debidamente clasificados, acheguen directamente os cidadáns.

En cada punto limpo recollerase e almacenarase papel e cartón, vidro, plásticos de diferentes tipos, metais, madeira, material inerte procedente de pequenas obras domésticas, spray, tubos fluorescentes, pilas, baterías, aceites usados, medicamentos, radiografías, etc..

Unha vez clasificados, os residuos trasladaranse ás diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.

Enténdese como recolla domiciliaria porta a porta a aquela en que se utiliza un cubo de dobre corpo onde se recollen a fracción seca e a fracción húmida, que despois se deposita en contedores diferentes.

Opcionalmente, os puntos limpos poderán instalarse nas estacións de transferencia ou outros lugares de acordo coas necesidades da UTX.

O coste medio de cada punto limpo calcúlase en torno a 15 millóns de pesetas, que determina un investimento total de 264 millóns de pesetas (IVE excluído).

F. Camións lavacontedores.

Prevese a adquisición de camións lava-contedores, capaces de mante-lo parque de contedores dos diferentes municipios nun bo estado de limpeza, realizando esta nunhas condicións que non supoñan unha agresión para o ambiente.

Estímase un total de 13 lavacontedores para toda Galicia, en función do número de contedores previstos no plan. Considerando un custo unitario de 17 millóns de pesetas por unidade, esta partida ascende a 224 millóns de pesetas (IVE excluído).

G. Plantas de selección.

Co fin de poder entregar ós Sistemas Integrados de Xestión os envases e residuos de envases, de acordo coas especificacións técnicas establecidas e acordadas con eles en cumprimento da Lei de envases e residuos de envases, prevese a construcción de plantas de clasificación e limpeza.

Tendo en conta as especiais características de dispersión da poboación e da orografía do territorio, preveuse a construcción de 4 destas plantas que se situarán nas proximidades das estacións de transferencia cando iso sexa posible.

No caso de que, como resultado do plan piloto, fora necesaria alguna máis, procedería se, así mesmo, á súa construcción.

Por outra parte, os municipios, logo de petición á Xunta de Galicia, e autorización desta despois da avaliación ambiental que se realizará de acordo coa normativa vixente, poderán instalar por sí ou por concesión, as plantas de clasificación que coiden oportunas.

O custo total estimado para a construcción destas plantas ascende a 1.379 millóns de pesetas (IVE excluído).

En calquera caso despois da realización da experiencia piloto determinarase o modelo idóneo para cada medio: urbano, semiurbano, semirural e rural, e polo, tanto poderanse valorar máis axustadamente as necesidades de medios materiais, da recolla selectiva.

10.4. Programa de valorización de residuos.

Neste programa inclúese a construcción das estacións de transferencia previstas no plan, a planta termoeléctrica da Sociedade Galega do Medio Ambiente e a de recuperación, e unha estimación dos investimentos necesarios para a construcción de posibles solucións noutros municipios non adheridos á opción da Sociedade Galega do Medio Ambiente.

Os investimentos previstos neste programa ascenden a 31.291 millóns de pesetas (IVE excluído), e a 36.297 millóns de pesetas, sobre a base das seguintes estimacións:

A. Planta de recuperación.

Por último, os investimentos adxudicados para a construcción da planta de recuperación, foron os seguintes:

ConceptoMillóns de pesetas

Proyecto básico100

Obra civil2.169

Enxeñería455

Equipos mecánicos3.314

Montaxe mecánica466

Electricidade e control366

Montaxe Elec. e Cont.37

Posta en marcha76

Total planta6.983

(IVE excluído)

B.Estacións de transferencia.

O investimento requirido en cada estación de transferencia vén determinado pola súa situación, as características do terreo e dos accesos e as medidas correctoras de carácter ambiental que poidan resultar necesarias en cada caso.

Na presente avaliación prevíronse dous tipos de estación de transferencia, unha de maior dimensión, con tres grupos compactadores, e outra dun só grupo.

A estación de transferencia con tres grupos compactadores, o rendemento da cal é de 180 Tm/hora, reduce ó mínimo os períodos de espera dos vehículos recolledores. Unha instalación deste tipo require investimentos nas seguintes contías:

ConceptoMillóns

de pesetas

Obra civil141

Compactadores 87

Repostos 7

Varios 14

Subtotal instalacións249

Contedores transferencia (24 u. a 2 Mmptas./u.) 64

Camión transferencia (Ampliroll) 23

Subtotal elementos de transporte 87

Total estación336

(IVE excluído)

Tendo en conta a dispersión da poboación e a flexibilidade de que debe estar dotado o sistema, previuse construír tamén estacións de transferencia

dun grupo compactador, o custo do cal se cifra nas seguintes cantidades:

Ecoplanta dun grupo (60t/hora)Millóns de pesetas

Instalacións80

Contedores transferencia21

Ampliroll23

Total ecoplanta124

O plan prevé a instalación, nunha primera fase, das estacións de transferencia nas areas seguintes:

-A Rúa

-Barreiros

-Boiro

-Chantada

-Guixar

-Lugo

-Monforte de Lemos

-Narón

-Ourense

-O Porriño

-Ribadumia

-Santiago de Compostela

-Silleda

-Vilaboa

Así mesmo, instalaranse outras estacións de transferencia a medida que o desenvolmento do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia así o aconselle, nas seguintes áreas (o nome do emprazamento é indicativo da área que se vai cubrir):

-Cabana de Bergantiños

-Dumbría

-Viveiro

-Tomiño

-Bande

-Verín

-Vilasantar

-Betanzos

Poderanse habilitar outras estacións de transferencia, logo de solicitude motivada por parte da Sociedade Galega de Medio Ambiente, e aprobación da Xunta de Galicia a través do órgano competente en residuos.

Por outra parte, nos municipios nos que a xeración de residuos é moi escasa e nos que, por razóns loxísticas, non sexa aconsellable o seu traslado polos propios municipios ás estacións de transferencia proxectadas, habilitaranse solucións de recolla, depósito temporal e retirada adecuada ás estacións de transferencia, por conta da Sociedade Galega do Medio Ambiente, co fin de logra-la maior eficacia do sistema.

O orzamento total das estacións de transferencia e os seus equipos de transporte é de 3.080 millóns

(IVE excluído) ó recoller 4 estacións de transferencia de 3 grupos e 14 de 1 grupo.

C. Planta termoeléctrica.

O importe desta instalación, obtido da adxudicación do concurso correspondente, é o seguinte:

ConceptoMillóns de pesetas

Proxecto básico 102

Obra civil 4.616

Enxeñería 531

Equipos mecánicos10.695

Montaxe mecánica 1.731

Electricidade e control 941

Montaxe Elec. e Cont. 94

Posta en marcha 106

Total planta18.816

(IVE excluído)

A estas cantidades hai que engadírlle-lo custo dos xuros intercalarios que ascenden a 2.282 millóns de pesetas.

10.5. Programa de recuperación de espacios degradados.

Recolle os investimentos que se derivan da definición, elaboración e execución do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros, así como as correspondentes ós procesos de adecuación, selado e clausura de vertedoiros con contaminación industrial.

A Xunta de Galicia programou o investimento de 45 millóns de pesetas en 1998 na elaboración do plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros, co fin de completa-los estudios existentes sobre os diferentes tipos de vertedoiros que hai na Comunidade galega, clasificalos e proceder á elaboración dos proxectos tipo para o seu tratamento e clausura.

Non obstante, no presente plan previuse un investimento por ese concepto de 3.017 millóns de pesetas (IVE excluído) dentro do período de aplicación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que deberá ser avaliada en detalle no estudio anteriormente citado.

Respecto á adecuación, selado e clausura de vertedoiros con contaminación industrial, a Xunta de Galicia previu realizar un investimento de 254 millóns de pesetas (IVE excluído) en 1998, dos cales o 50% será achegado directamente pola Xunta de Galicia e o resto que se prevé polo Ministerio de Medio Ambiente. Nos anos 1999 ó 2001 prevíronse realizar investimentos adicionais nunha contía de 927 millóns de pesetas, (IVE excluído) polo que o investimento total previsto neste programa ascende a 4237 millóns de pesetas (IVE excluído).

10.6. Programa de pilas usadas.

Este programa inclúe unha campaña de sensibilización cidadá específica e os investimentos correspondentes á planta de tratamento. O custo da planta, transferido pola Administración central á Xunta de Galicia en febreiro de 1998, ascendeu a 156 millóns de pesetas (IVE excluído). Así mesmo prevese un investimento de 19 millóns de pesetas nunha campaña de sensibilización.

11. Modelo de financiamento.

O financiamento do plan programado será realizado aplicando os seguintes criterios e procedementos:

11.1. Recollida xeral de RSU.

Os custos derivados da recolla xeral de residuos seguirán sendo financiados na súa totalidade polos concellos, tal e como sucede actualmente.

11.2. Recollida selectiva de papel e cartón, vidro e plástico.

Para realiza-la actividade de reciclaxe constituiranse os Sistemas Integrados de Xestión (SIX). Estes SIX teñen que facerse cargo de tódolos residuos de envases reciclables que lles sexan entregados polos entes locais, ós que lles pagarán o extracusto que orixina pasar dunha recolla en masa a unha selectiva, e a clasificación destes residuos, de acordo coas especificacións establecidas e acordadas cos SIX.

Os custos de transporte desde as plantas de selección ata as instalacións de reciclaxe e o seu tratamento neles serán por conta das asociacións recuperadoras.

11.3. Estacións de transferencia e complexo ambiental de Cerceda.

As estacións de transferencia serán financiadas pola Sociedade Galega do Medio Ambiente. Esta financiarase a través dos seus fondos propios, de recursos obtidos por ela no mercado de capitais e dos fondos de cohesión que lle sexan outorgados.

11.4. Outras plantas locais de tratamento e outras instalacións de valorización.

Os investimentos e custos derivados do proxecto, execución de obras e operación de instalacións daquelas plantas que decidan realiza-los concellos ou outros entes por iniciativa propia, serán asumidos por eles sen prexuízo de que poidan acudir ós Fondos de Cohesión da UE que puideran obter para financiar estes proxectos.

11.5. Puntos limpos.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, os entes locais e a Xunta de Galicia, asumirán os investimentos dos gastos de proxecto e construcción destes puntos limpos, dentro do capítulo orzamentario correspondente, debendo achega-los concellos os terreos e sendo por conta destes os custos de explotación.

11.6. Recolla de pilas usadas.

A planta de tratamento de pilas foi financiada polo Ministerio do Medio Ambiente, que transferiu a súa propiedade á Xunta en febreiro de 1998.

A adecuada dotación de contedores específicos, a súa instalación, así como os custos derivados do mantemento destes, serán asumidos polos entes locais.

11.7. Campañas de sensibilización e información.

Os investimentos e custos derivados destas campañas serán asumidas pola Xunta de Galicia, pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, polos entes locais e polos Sistemas Integrados de Xestión, segundo o establecido neste plan.

En calquera caso, os concellos deberán realizar apoios loxísticos para asegura-la adecuada sensibilización e información (tales como a difusión de folle

tos e cartas, colocación de adhesivos e carteis, cesión de espacios, soportes, locais ou medios...).

11.8. Rexeneración de espacios degradados.

Os fondos necesarios para levar a cabo este programa terán a súa orixe, de acordo co establecido no artigo 35 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, en:

-O orzamento da Comunidade Autónoma.

-As subvencións e axudas outorgadas por outros organismos da Administración do Estado ou pola Unión Europea.

-As doazóns ou achegas finalistas que efectúen particulares ou empresa.

-A recadación por sancións impostas pola Xunta de Galicia como consecuencia das infraccións da normativa sobre RSU, unha vez deducidos os custos de xestión da sanción.

-A porcentaxe do canon de xestión dos RSU que, no seu momento, se determine.

O conxunto destas achegas de fondos xestionarase o través do Fondo de Recuperación de Espacios Degradados que recolle a Lei 11/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

En calquera caso, os plan municipais de xestión de residuos sólidos urbanos deben recoller unha partida para o tratamento do vertedoiro ou vertedoiros municipais do seu territorio, co obxectivo de consegui-la súa total adecuación á normativa, o seu selado e clausura, considerando a vida de xeración de gases e lixiviados desde o seu peche.

12. Custos do sistema de xestión de RSU.

Hai que ter en conta as seguintes consideracións para avaliar estes custos:

-O custo estimado procede da suma dos que se producen por recolla urbana realizada de forma selectiva (co fin de acada-los obxectivos marcados no artigo 5 da Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases e residuos de envases), de reciclaxe, transporte e valorización destes. Por último recolle tamén o valor de deposita-los residuos finais no vertedoiro correspondente.

-Estas cifras estimáronse cos datos de diferentes enquisas e serán contrastadas cos resultados do estudio piloto. As cifras que se adiantan poden sufrir variacións en función de variables tales como os custos da enerxía, o transporte e o diñeiro, os prezos dos materiais reciclables ou o IPC.

Custo de xestion por tonelada de RSU a partir da posta en marcha do sistema de recolla selectiva.

a) Recolla selectiva a domicilio - fraccións húmida e seca do lixo do fogar, así como vidro, pilas, papel e cartón - transporte á planta de selección, selección, depósito en planta e transporte a reciclador (excluídas pilas):

Arredor de 10.800 pesetas/tonelada. Notas (1) e (2).

b) Tratamento do resto non reciclable ou non separado, separación en destino e a súa valorización a través de recuperación enerxética ou doutro tipo:

Arredor de 4.500 pesetas/tonelada. Nota (2)

c) Por conseguinte o custo total é de 13.275 pesetas/tonelada.

d) Custo da xestión do programa de pilas usadas, en millóns de pesetas:

1998199920002001

Transporte 6 8 910

Tratamento34,136,538,840

En calquera caso, os municipios deberán ter aprobadas as tarifas das correspondentes taxas de recollida de lixo que cumpran cos requisitos do capítulo VI da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, en función dos seus propios estudios.

Nota (1):

Deste extracusto, arredor de a 4.800 pesetas/tonelada serán aboadas polos correspondentes Sistemas Integrados de Xestión (SIX).

Nota (2):

As cantidades aquí expresadas son indicativas. Os valores finais, máis axustados, dependen dos resultados obtidos da aplicación da experiencia piloto, que recollerá:

-Estudio do custo actual sen selección.

-Estudio das rutas de transporte óptimas e dos medios necesarios para efectualas.

-Seguimento durante seis meses da evolución dos custos do sistema de recolla selectiva.

-Resultados da campaña de sensibilización e información.

-Caracterización dos RSU para determina-la súa evolución.

13. Perspectivas do futuro plan.

A execución do Plan de Xestión dos RSU desenvolverase ó longo dun período de tempo que establece como primeiro horizonte o final do ano 2001. Durante este período resultará necesario revisar algúns dos parámetros iniciais, como consecuencia do cambio das condicións técnicas, ambientais e sociais nas que o plan foi concibido. Entre elas poden citarse:

-Os movementos demográficos.

-As modificacións dos parámetros de producción e/ou composición dos RSU.

-A necesidade de incrementar paulatinamente os índices de reducción e valorización dos residuos, alcanzando cotas óptimas de reciclaxe destes ou as legais que puideran establecerse.

-Os incrementos da producción unitaria de residuos.

-Os cambios dos sistemas ou do ámbito previsto no que se realice a recolla ou tratamento dos RSU.

-As modificacións da infraestructura de transporte.

-As innovacións tecnolóxicas e melloras dos sistemas de tratamento.

-A rendibilidade e capacidade administrativa de xestión.

-As variacións das esixencias e/ou normativas ambientais.

-A previsible publicación dun Plan Nacional de RSU.

Todos estes aspectos condicionaron o método de elaboración do Plan de Xestión de RSU e das súas variacións, cando sexan significativas, constituirán os aspectos e motivos da súa revisión.

Estableceuse, sen embargo, unha revisión automática do plan, pasados catro anos a partir da súa elaboración.

ANEXO I

Prescricións técnicas xerais para a xestión dos residuos

Para a xestión dos RSU defínense as seguintes prescricións técnicas de carácter ambiental.

I.1. Protección do ambiente atmosférico.

Tódalas instalacións de valorización enerxética de residuos sólidos urbanos (RSU) deberán cumpri-los límites de emisión determinados polo Real decreto 1088/1992, do 11 de setembro, polo que se establecen novas normas sobre limitación de emisións á atmosfera de determinados axentes contaminantes procedentes de instalacións de incineración de residuos municipais.

Ademais, no relativo á emisión de dioxinas e furanos, tódalas instalacións deberán cumpri-los límites fixados polo artigo 7.2º da Directiva 94/67/CE relativa á incineración de residuos.

I.2. Protección dos solos.

Os vertedoiros controlados de RSU, os almacenamentos permanentes de rexeitamentos de sistemas de recollida selectiva ou de compostaxe, así como os vertedoiros de escouras e cinzas procedentes de sistemas de valorización enerxética, deberán cumpri-los requisitos xerais definidos polo anexo do Decreto 260/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Rexistro de Xestores de Residuos Sólidos Urbanos, así como calquera normativa que con posterioridade se dicte sobre o tema.

I.3. Protección das augas.

Tódalas instalacións de tratamento de residuos que produzan efluentes líquidos deberán trata-los mediante sistemas de depuración adecuados que permitan alcanzar como mínimo os valores definidos pola táboa I de parámetros característicos de vertido, correspondente ó anexo ó título V do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Reglamento de dominio público hidráulico.

En caso de que as instalacións estean dentro de polígonos que posúan plantas de tratamento de aguas residuais, deberán cumpri-los valores determinados polo propio polígono para o vertido á súa rede de saneamento.

En todo caso, tódalas instalacións de tratamento que realicen vertidos ó dominio público hidráulico deberán supedita-los seus vertidos ás concentracións que determine o organismo de conca correspondente na preceptiva autorización de vertido.

I.4. Residuos perigosos.

Tódolos residuos perigosos de orixe doméstica (aceites de coche, fluorescentes, baterías, pilas, medica

mentos, restos de disolventes, pinturas, pesticidas, fertilizantes, etc.) así como as fraccións clasificadas como residuos perigosos (RP), resultantes dos procesos de xestión, serán entregados ós correspondentes xestores, legalmente autorizados para garanti-lo seu tratamento e depósito adecuado.

ANEXO II

Programas de valorización

II.1. Programa da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

A Lei 10/1097, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, no seu preámbulo, e tras indica-lo seu obxectivo prioritario, sinala que:

«Como instrumentos necesarios para acadar estes obxectivos, a lei prevé entre outros, o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, a Sociedade Galega do Medio Ambiente ...».

En cumprimento diso, a Sociedade Galega do Medio Ambiente crea un programa que presenta as seguintes fases:

II.1.1 Transferencia e transporte.

O carácter rexional do plan e a centralización dos RSU recollidos como todo un nun único punto (complexo ambiental de Cerceda, A Coruña) para o seu tratamento en destino, fai necesaria a instalación dunha rede de estacións de transferencia, o obxectivo da cal é optimiza-lo transporte ata o complexo ambiental, mediante compactación dentro de contedores adecuados para este cometido.

Deste modo, os RSU non separados selectivamente polos cidadáns trasvasaranse nestas instalacións para seren dirixidos cara ó complexo ambiental. Mentres que os materiais separados selectivamente polos cidadáns poderán seguir dous percorridos alternativos:

-Seren trasladados directamente ás empresas recicladoras para o seu tratamento, mediante a aplicación dos convenios subscritos con elas.

-Seren depositados, unha vez separados en orixe, nos puntos limpos situados nesta rede de estacións de transferencia, para logo seren trasladados, tamén, ás plantas de reciclaxe.

A única e exclusiva función das estacións de transferencia é de facilita-lo trasvase dos RSU duns camións pequenos a uns contedores de gran capacidade, adaptados para o transporte a longas distancias, nas condicións ambientais máis adecuadas.

II.1.2. Clasificación RSU recollidos selectivamente.

Prevese a clasificación dos residuos recollidos selectivamente ben nunha planta de clasificación que se construirá en Cerceda, ben naquelas plantas de clasificación que se consideren necesarias unha vez realizada a experiencia piloto.

II.1.3. Recuperación en destino.

Levarase a cabo na planta de recuperación e tratamento (complexo ambiental de Cerceda), dotada de tecnoloxía vangardista, na que se procede a separa-los materiais que a pesar de non seren obxecto de recolla selectiva, aínda son susceptibles de seren valorizados

mediante reciclaxe. Desta forma separaranse vidro, metais, papel, cartón e plásticos, levando a taxa de recuperación de materiais a cotas máis elevadas que calquera outro sistema de xestión de RSU, precisamente por suplir con esta instalación as deficiencias inevitables dunha recollida selectiva.

Conséguese, deste xeito, deixar exhausta de materiais recuperables a corrente de RSU procesados nesta instalación, quedando unicamente as fraccións desbotadas dos residuos orixinais como último recurso aproveitable, desde o punto de vista da enerxía neles contida.

II.1.4. Aproveitamento enerxético.

A recuperación enerxética dos RSU - convertidos nesta fase no denominado CDR (Combustible Derivado de Residuos) - supón dar unha saída a aqueles residuos que xa non poden ser nin reutilizados, nin reciclados.

O combustible obtido coas fraccións desbotadas dos RSU, perfectamente acondicionado e estabilizado bioloxicamente, alimenta unha planta termoeléctrica, dotada da tecnoloxía máis avanzada (leito fluído circulante) garantíndose o cumprimento das normativas ambientais máis estrictas e das estratexias enerxéticas comunitarias e nacionais.

II.2. Outros programas de valorización.

O presente Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia establece a posibilidade de que os municipios, cumprindo o recollido no propio plan, e tendo en conta a autonomía municipal, poidan desenvolver-los seus propios programas de valorización dos RSU.

En calquera caso resultará imprescindible que cumpran a lexislación aplicable en cada momento, resaltándose especialmente a Lei de protección ambiental de Galicia, así como a Lei de residuos sólidos urbanos de Galicia, en particular a confección dun plan municipal, así como o que se recolle neste plan.

Estes programas locais deberán analizar a viabilidade no tempo que asegure a correcta retirada e tratamento dos RSU no seu ámbito de aplicación.

ANEXO III

Criterios para a instalación de estacións de transferencia

III.1. Técnicos.

-O máis próxima posible ó maior centro de producción de RSU co fin de optimiza-lo custo do transporte.

-O máis próximo posible ás vías férreas para, dese xeito, evitar ó máximo o transporte dos contedores por estrada.

-Onde se dispoña duns bos accesos por estrada, co fin de facilita-la entrada/saída dos camións dotados de sistema ampliroll no suposto de que sexa necesario efectua-lo transporte dos contedores.

-A superficie da parcela deberá estar en función do tamaño da ecoplanta. En todo caso, nunca será inferior a 35.000 m.

-Deberase ponderar tamén a proximidade ou accesibilidade ás subministracións necesarias para o bo funcionamento da estación de transferencia (auga, electricidade, colector, etc.).

III.2. Ambientais.

-Dado o nulo impacto ambiental que orixina unha estación de transferencia, calquera localización parece idónea. En todo caso, e como consecuencia de que a ela deben chegar camións de recolla viaria, para evita-las molestias deste tráfico, é aconsellable que se distancie das vivendas, sendo o máis aconsellable os parques industriais.

III.3. Sociais.

-Minimiza-las molestias que o transporte dos RSU poida orixinar nos cidadáns.

ANEXO IV

Artigo 4 da Lei de RSU de Galicia 10/1997, do 22 de agosto e artigo 3b da Lei de residuos 10/1998, do 21 de abril.

«Artigo 4. Lei 10/1997. Ámbito de aplicación.

1. Estarán dentro do ámbito de aplicación da presente lei os refugallos e residuos sólidos producidos como consecuencia das seguintes actividades e situacións:

a) Os residuos de orixe doméstica.

b) Os residuos xerados en comercios, oficinas e servicios.

c) Os residuos procedentes da limpeza das vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias.

d) Os residuos procedentes de lonxas, mercados, feiras, festexos, peregrinacións, excursións, acampadas ou actos similares.

e) Os mobles, utensilios e electrodomésticos desbotados, así como os entullos de construcción e de obras menores de reparación domiciliaria.

f) En xeral, todos aqueles residuos dos que a recolla, transporte, almacenamento, tratamento ou depósito controlado corresponda ós concellos, de acordo co establecido expresamente na Lei de bases do réxime local e demais disposicións vixentes.

2. Quedan excluídos da presente lei os residuos non incluídos no punto anterior, tales como:

a) Os residuos radiactivos.

b) Os residuos procedentes de actividades industriais.

c) Os residuos resultantes da prospección, extracción, tratamento e almacenamento de recursos minerais e da explotación de canteiras.

d) As materias fecais e outras substancias naturais non perigosas das explotacións agrícolas e gandeiras que se utilicen exclusivamente no marco da explotación agraria.

e) Os residuos xerados pola actividade especificamente sanitaria en hospitais, clínicas e ambulatorios.

f) Os efluentes líquidos vertidos ás augas continentais e ó mar.

g) Os efluentes gasosos emitidos á atmosfera».

«Artigo 3, Lei 10/1998 apartado b)»:

«Residuos urbanos ou municipais»: os xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e servicios, así como todos aqueles que non teñan a cualificación de perigosos e que pola súa composición poidan asimilarse ós producidos nos anteriores lugares ou actividades.

Terán tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes:

-Residuos procedentes da limpeza das vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias.

-Animais domésticos mortos, así como mobles, utensilios e vehículos abandonados.

-Residuos e entullos procedentes de obras menores de construcción e reparación domiciliaria.

10511