Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1998 pola que se convoca unha segunda edición do curso sobre licencias e protección da legalidade urbanística.

Rematado o prazo de admisión de instancias para o curso sobre licencias e protección da legalidade urbanística que se convocou por Resolución do 13-10-1998 (DOG nº 205, do 22 de outubro) e á vista do elevado número de solicitudes, convócase unha segunda edición do dito curso que se rexerá polas mesmas bases, ás que deberán engadirse as seguintes:

Primeira.-Datas de realización.

A segunda edición do curso terá lugar entre o 30 de novembro e o 4 de decembro de 1998.

Segunda.-Prazo.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias que rematará o día 25 de novembro de 1998. As persoas que solicitaran o primeiro curso e non fosen admitidas non necesitarán formular unha nova solicitude.

A admisión notificaráselles persoalmente ós seleccionados.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

9992