Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.419

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de empresas concesionarias de servicios municipais de aparcamento e/ou retirada de vehículos da vía pública da provincia da Coruña.

Visto o expediente do convenio colectivo del sector de empresas concesionarias de servicios municipais de aparcamiento e/o retirada de vehículos da vía pública da provincia da Coruña que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-10-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de AUPYME, e da parte social pola Unión Xeral de Traballadores o día 2-10-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de outubro de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo laboral de ámbito provincial do sector de empresas concesionarias dos servicios municipais de aparcamento e/ou retirada de vehículos da vía pública na provincia de Coruña.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas concesionarias de servicios municipais de ordenación e regulación de aparcamento e/ou retirada de vehículos da vía pública e a súa posterior custodia e o seu persoal nas categorías especificadas no presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico do presente convenio circunscríbese á provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Duración.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998 e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderán denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio e deberá facelo cun mínimo de 3 meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación fidedigna á outra parte e á Dirección Provincial de Traballo.

Artigo 5º.-Vincualación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento da sinatura do convenio algún dos pactos del, este quedará nulo na súa totalidade, comprometéndose ambas partes a negocialo de novo.

Claúsula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas ou concesións que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores e na comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA.

Ós ditos mecanismos achegaráselle-la seguinte documentación:

1. Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que mediante estes se producen perdas reais.

2. Plan de viabilidade para o período que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e os datos a que tiveran acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, respecto de todo iso, sixilo profesional.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

1. Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá respecto de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

2. A comisión mixta paritaria estará formada por dous traballadores e dous representantes da empresa; cada parte poderá nomear un asesor que terá voz pero non voto.

3. Para que exista acordo requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

4. Das reunións celebradas pola comisión levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas; as actas deberán ser asinadas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

5. A comisión reunirase cando o solicite unha das partes, que deberá celebrarse nun prazo máximo de 5 días.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada laboral.

A xornada ordinaria en cómputo anual será de 1.784 horas efectivas. Os traballadores que realicen a súa actividade en domingos ou festivos cobrarán o día traballado cunha recarga do 60% sobre tódolos conceptos retributivos para os anos 1998 e 1999.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas; naquelas que se realicen de forma continuada haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo 12 horas.

Os días de descanso en cómputo anual serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa. Os cadrantes de traballo negociaranse, logo da comunicación entre o comité de empresa ou delegados de persoal e a parte empresarial, e será obrigatoria a súa exposición nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo con 15 días de antelación antes do inicio do ano.

Os cadrantes de traballo serán mensuais e estarán expostos no centro de traballo o día 20 de cada mes.

Nocturnidades.

A todo traballador que realice traballo nocturno compensaráselle cunha cantidade equivalente ó 30% do salario base. A nocturnidade será desde as 22.30 horas ata as 6.30 horas.

Os traballadores que realicen servicios en concellos limítrofes e que a súa xornada de traballo supere as 4 horas nocturnas compensarase cunha cantidade equivalente ó 30% do salario base.

Para os traballadores que estean de servicio as noites do 24 e 31 de decembro, estas serán computadas como días festivos.

Xornada continua.

O persoal de oficinas e talleres desfrutará de xornada continua de mañá desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ambos inclusive, e será de 8 horas a 15 horas, tendo que quedar cuberto o 50% de persoal en cada departamento.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará dunhas vacacións retribuídas de 32 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario de vacacións será pactado entre a empresa e a representación dos traballadores; para tal efecto, os representantes dos traballadores presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Os recepcionistas de depósito desfrutarán das súas vacacións entre os meses de maio e setembro.

Artigo 10º.-Permisos, licencias e excedencias.

Os traballadores poderán gozar de permisos retribuídos nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillo/a: catro días.

-Por matrimonio do traballador: dezaseis días.

-Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe ou parella estable:

-Ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: catro días.

-Ata terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: un día.

-Por matrimonio de fillos ou pais: un día.

Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 300 km corresponderanlle dous días máis en cada caso.

-Por traslado de domicilio habitual: dous días.

-En caso de visita médica á Seguridade Social ou mutua e mediante xustificación de consulta, concederase o tempo necesario para esta.

-Tamén se concederá o tempo necesario en caso de consulta médica privada unha vez esgotados os asuntos propios, e mediante xustificación de consulta.

-O traballador terá dereito a desfrutar de xornada efectiva e retribuída de oito días de asuntos propios; a súa petición, como requisito para a súa adxudicación, esixirase por escrito cunha anticipación de 48 horas como mínimo. Cando a petición dalgún destes días sexa realizada por máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representación dos traballadores e da empresa estudiarán as condicións precisas para o seu desfrute; entre ambas partes, concretaranse as normas e excepcións a este artigo.

Excepcionalmente, poderase solicitar por causa de máxima urxencia no mesmo día.

Aqueles traballadores que realicen a súa actividade en xornada partida, poderán dividir en dúas fraccións da súa xornada habitual os asuntos propios.

Graos de consanguinidade e afinidade

Titular

Cónxuxe

1º grao:FilloPai-nai

2º grao:NetoIrmánAvó

3º grao:BisnetoSobriñoTíoBisavó

Excedencias:

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa; a forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase para a designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador, con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a un ano e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. A excedencia para a nai empezará a contar tras remata-las 16 semanas de baixa, sempre que llo notifique á empresa cun mes de antelación ó vencemento do período de IT por maternidade. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñerá fin ó que se viñera desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderán exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres que dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. A empresa reservaralle o posto ó traballador en excedencia; este último terá que avisa-la empresa con dous meses de antelación á súa reincorporación; no caso de non facelo, perderá o dereito ó seu posto de traballo dentro da empresa.

6. O posto de traballo vacante por excedencia dun traballador será cuberto en calquera caso, por persoal con contrato temporal. Ó reincorporarse o traballador excedente ó seu posto ou ó finaliza-lo prazo legal de contratación, o traballador substituto causará baixa na empresa.

Capítulo III

Emprego, contratación e ascensos

Artigo 11º.-Ascensos e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como categorías medias) antes de contratar persoas alleas a esta, terán preferencia para cubriren estas prazas os traballadores de cadro de persoal e a vacante que estes orixinen será cuberta polas novas contratacións.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior durante máis de 90 días ininterrompidos ou de 120 días alternos dentro do mesmo ano, concederáselle a categoría profesional superior, figurando con ela na correspondente escala.

Tódolos traballadores terán dereito á formación profesional e promoción no traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores nos seus artigos 22 e 23.

Tódolos traballadores que realicen estudios regrados ou non regrados poderán solicitar quenda de traballo adecuada a estes; a súa concesión, logo do estudio e aprobación, realizarase por acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa.

Os permisos necesarios serán dunha hora diaria retribuída durante a duración do curso, deberase presentar xustificante da duración do dito curso así como do seu horario. Para concorrer a exames facilitaráselles o tempo necesario retribuído e será imprescindible a xustificación da asistencia ós mencionados exames.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade temporal.

Para os supostos de incapacidade temporal acórdase o seguinte:

Durante as ausencias por incapacidade temporal e durante o tempo que se manteñan estas, a empresa aboará ó seu cargo un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que se cubra o

100% da retribución bruta polos conceptos de soldo convenio, complementos posto de traballo e antigüidade nos seguintes casos:

-En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional a partir do primeiro día.

-En caso de hospitalización, ambulatoria ou domiciliarida xustificada, a partir do 1º día.

-En caso de enfermidade común ou accidente non laboral: a partir do quinto día nas dúas primeiras baixas sufridas por cada traballador durante o ano. A partir do oitavo día nas sucesivas baixas producidas no ano.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada ós 64 anos, sempre que o traballador teña cuberto o período de carencia na Seguridade Social; para tal efecto e segundo o estipulado no Real decreto 1194/1985, a empresa comprométese a substituí-lo traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Para todo traballador que ós 65 anos obteña o 100% da súa pensión, será obrigatoria a súa xubilación.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

-Ós 63 anos: 400.000 ptas.

-Ós 62 anos: 450.000 ptas.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa está obrigada a facilitarlles ós representantes sindicais información periódica sobre contratación, que incluirá:

-Previsións en materia de emprego e contratación.

-Modalidades de contratación.

-Grao de cumprimento das previsións anteriores.

Esta información entregarase trimestralmente.

Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se van contratar.

-Modalidades de contratos e número deles.

-Data de celebración de contratos e a súa duración.

-Modo de selección de persoal.

Liquidación de contratación.

O aviso previo de extinción de contrato deberá ir acompañado de proposta de liquidación con quince días de antelación ó momento do cesamento, que deberá especificar con toda claridade os conceptos debidos ó traballador, correspondentes a atrasos de convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión.

Artigo 15º.-Dereitos de seccións sindicais e comité de empresa ou delegados de persoal.

Os membros do comité de empresa ou os delegados de persoal poderán acumula-las horas entre si.

O sindicato que teña 20 afiliados e a sección sindical constituída, terá dereito a 16 horas mensuais.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 16º.-Comité de seguridade e saúde.

Constitúese o comité de seguridade e saúde no traballo ou delegado de prevención de conformidade coa Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; as súas funcións e atribucións serán as seguintes:

a) Promover nas empresas a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde.

b) Estudiar e propo-las medidas oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

c) Seren informados pola dirección das empresas das medidas concretas que se previran en materia de seguridade e saúde, tendo facultade de propor adecuacións, modificacións ou adicións pertinentes ó plan de seguridade por iniciativa do comité.

d) O comité de seguridade e saúde poderá insta-la paralización das actividades ante o inminente risco de accidente.

e) O comité de seguridade e saúde estará composto polos empresarios ou quen os represente, un técnico cualificado en materia (designado pola empresa e o comité de empresa ou delegados de prevención conxuntamente) e tres representantes das categorías profesionais máis representativas.

O comité de seguridade e saúde reunirase unha vez ó mes en horas de traballo. As reunións extraordinarias serán por razóns de urxencia. Este comité de seguridade e saúde dará conta das súas funcións polo menos unha vez ó mes ó comité de empresa ou delegado de prevención.

Recoñecemento médico.

A empresa facilitará un recoñecemento médico que como regra xeral será cada dous anos, se ben cando as circunstancias así o aconsellen, poderá levarse a cabo noutros prazos, como medida preventiva de eventualidades que poidan xurdir.

O comité de seguridade e saúde ou delegado de prevención terá dereito a pedirlle ó empresario as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e as súas causas, enfermidades profesionais e as súas consecuencias e os índices de sinistralidade.

Artigo 17º.-Vestiario.

* Servicio de guindastre.

Cinto alxibeira.

Roupa de augas.

Un xersei para o inverno.

Un par de botas con protección para o inverno.

Dúas camisas de manga longa para o inverno.

Dúas camisas de manga curta para o verán.

Dous pantalóns de entretempo.

Un par de zapatos con protección para o verán.

Luvas e luvas de auga segundo as necesidades.

Un peto ou chaleque reflectante.

Dúas chaquetas de entretempo facendo xogo cos pantalóns.

* Servicio ORA.

Un anorak impermeable con carapucha.

Dous pantalóns de verán e dous de inverno.

Dúas saias de verán e dúas de inverno.

Dúas camisas de manga longa para o inverno.

Dúas camisas de manga curta para o verán.

Un xersei de la para o inverno.

Unha chaqueta facendo xogo coa saia ou pantalón.

Un par de zapatos para o inverno (cuantificar en diñeiro).

Un par de zapatos para o verán (cuantificar en diñeiro).

Unha gravata.

Dous pares de calcetíns de verán.

Medias para o persoal feminino.

Unha gorra.

Unha funda impermeable para a gorra.

Reflectantes.

As roupas de traballo e calzado serán renovables de ano en ano ou baixo a entrega do material deteriorado.

O vestiario de verán entregarase o 30 de abril e o vestiario de inverno entregarase o 30 de outubro, aproximadamente.

Os traballadores que por necesidades físicas e prescrición facultativa precisasen modificacións nas súas pezas de roupa, estas serán efectuadas con cargo á empresa.

Artigo 18º.-Asistencia xurídica.

Tódolos traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia de avogado e procurador desde o inicio ó fin do proceso xurídico, nos casos que pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido, se producise algún tipo de agresión por terceiros, alleos á empresa, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culposo.

Todo traballador que acuda a un xulgado ou comisaría de policía en descanso ou en vacacións, sempre que sexa por circunstancias laborais, será compensado por un día máis de descanso dentro dos dous meses seguintes.

Artigo 19º.-Retirada do carné de conducir.

a) A todo conductor, recadador ou persoal de mantemento que por causa da súa diminución física lle fose denegada a renovación do carné de conducir, pasará a desempeñar funcións noutra categoría, continuará percibindo o salario que lle correspondese nese momento, aínda que se lle aplicará a porcentaxe que lle corresponda á súa antigüidade. No momento en que a retribución bruta mensual sen antigüidade da súa nova categoría sexa superior á súa retribución bruta mensual pasará a cobrar segundo o establecido para o seu novo posto de traballo.

b) No caso de que ó conductor, recadador ou persoal de mantemento, lle fose retirado o carné de conducir ou non lle fose renovado como consecuencia dun accidente de traballo e sempre que isto se deba a conducir un vehículo da empresa e por orde e conta dela, non impedirá que entre tanto, siga percibindo o salario que por categoría lle corresponda.

O anteriormente disposto non será de aplicación nos casos en que medie imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 20º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez derivada de accidente de traballo para tódolos traballadores da empresa durante a súa permanencia en activo nela, consistente nunha indemnización de catro millóns e medio de pesetas. A póliza producirá efectos desde o asinamento do presente convenio. As primas dese seguro serán por conta da empresa, a cal deberá dar copia ós representantes legais dos traballadores.

Establécese unha póliza por morte natural ou accidente non laboral dun millón setecentas mil pesetas.

Indemnización por falecemento. A empresa aboará tres mensualidades compostas por salario base, antigüidade e pluses convenio, en caso de falecemento de calquera traballador en activo, as cales se entregarán ós familiares ou ás persoas que con el convivan habitualmente.

Á parte destas tres mensualidades, a empresa aboaralles ós ditos familiares o salario, a antigüidade e pluses convenio do mes completo no que faleza sen ter en conta o día en que tal feito ocorra. A cantidade que se vai aboar por loito será de 150.000 ptas.

Artigo 21º.-Protección ó embarazo.

As traballadoras xestantes terán dereito a ocupar durante o seu embarazo un posto de traballo e unha quenda distinta á súa se existe prescrición do facultativo que atende o embarazo, sen modificación de categoría, nin mingua dos seus dereitos económicos.

No caso de baixa por IT durante o embarazo, as traballadoras terán dereito a percibi-lo 100% de tódolos conceptos salariais.

As traballadoras embarazadas terán dereito a permisos retribuídos para preparación ó parto sempre que non haxa cursos en horario fóra das horas de traballo, así como a elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de 12 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións ou reduci-la xornada normal de traballo nunha hora coa mesma finalidade. Por lactación dun fillo menor de 9 meses, este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ambos traballen.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se denominarán de verán e de Nadal en contía de salario base e antigüidade. As ditas pagas percibiranse nas primeiras quincenas de xullo e decembro respectivamente.

Artigo 23º.-Paga de compensación social.

A empresa aboará unha paga de compensación social de 43.000 ptas. para o ano 1998 e 45.000 ptas. para o ano 1999 que se aboará na segunda quincena do mes de marzo do seguinte ano.

Artigo 24º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

De 3 a 6 anos: 5%.

De 6 a 9 anos: 10%.

De 9 a 12 anos: 15%.

De 12 a 15 anos: 20%.

De 15 a 18 anos: 25%.

De 18 a 21 anos: 34%.

De 21 a 24 anos: 48%.

De 24 ou máis anos: 58%.

Artigo 25º.-Quebranto de moeda.

Este plus percibirano os traballadores que efectúen labores de cobramento e será de 70 pesetas por vehículo, o cal a súa taxa fora cobrada na rúa, facilitándolle ó traballador a cantidade de 5.000 ptas. en cambio.

Con respecto ó plus que lles correspondería ós recepcionistas de depósito, este sería o resultado de aplicar ó montante total do diñeiro manexado mensualmente unha porcentaxe de 0,60%.

Estas cantidades serán percibidas, en ambos casos, durante os meses de traballo efectivo.

Artigo 26º.-Subrogación.

Co fin de garanti-la estabilidade no emprego dos traballadores da actividade, cando unha empresa perda a adxudicación dos servicios contratados dun centro de traballo por resolución de contrato de arrendamento de servicios, ou fin da concesión ou autorización administrativa, a empresa adxudicataria está, en todo caso, obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos ó dito contrato de arrendamento de servicios, concesión ou autorización administrativa, calquera que sexa a modalidade de contratación destes, sempre que teña unha antigüidade mínima no servicio obxecto da subrogación, de sete meses anteriores á data en que a subrogación se produza, incluíndose no dito período de permanencia as ausencias que por vacacións, IT, permisos retribuídos, excedencias, etc., puidese te-lo traballador no servicio subrogado.

A empresa cesante no servicio deberá notificarlle ó persoal afectado, a través dos seus representantes, a resolución do contrato de arrendamento de servicios, tan pronto como teña coñecemento del.

A empresa adxudicataria deberá respectarlle ó traballador tódolos dereitos laborais que tivese recoñecidos na súa anterior empresa, incluso a antigüidade, para tódolos efectos. Así mesmo, o traballador percibirá con cargo á súa anterior empresa a liquidación dos haberes, partes proporcionais de gratificacións e vacacións que lle puideran corresponder.

Para os efectos anteriores, a empresa cesante deberá pór á disposición da empresa adxudicataria, nun prazo mínimo de 72 horas antes de que esta comeze a prestación do servicio ou 72 horas desde que tivese coñecemento directo da subrogación, a seguinte documentación:

-Certificación, na que deberá consta-lo nome do traballador, data de nacemento, nome dos pais, estado civil, número de beneficiarios de prestacións á familia, importe da totalidade das prestacións de calquera índole que veña cobrando o traballador polo seu traballo, desagregado por conceptos, categoría e antigüidade na empresa.

-Certificación da Tesourería Territorial da Seguridade Social de estar ó día no pagamento, así como unha declaración xurada da empresa cesante de igual situación.

-Fotocopia do TC1 e TC2 de cotización á Seguridade Social dos tres últimos meses.

-Contratos de traballo subscritos polos traballadores afectados, no caso de que se concertasen por escrito.

-Relación de traballadores en situación de baixa temporal.

-Calquera outro documento que se requira para estes efectos como necesario.

É facultade da empresa cesante no servicio, decidir quedarse con todos ou parte dos traballadores afectados pola subrogación.

Artigo 27º.-Normativa e réxime diciplinario.

1. Principios xerais.

As presentes normas de réxime disciplinario perseguen o mantemento da disciplina laboral, aspecto fundamental para a normal convivencia, ordenación técnica e organizativa da empresa, así como para a garantía e defensa dos dereitos e intereses lexítimos de traballadores/as e empresarios/as incluídos no presente convenio colectivo.

2. Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, trascendencia e intención como leve, grave ou moi grave.

3. Faltas leves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo ata tres ocasións nun mes, de ata 15 minutos por falta.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo dun día durante o período dun mes.

c) A non comunicación coa antelación previa debida da inasistencia ó traballo por causa xustificada, agás que se acreditase a imposibilidade da notificación.

d) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada por breves períodos de tempo e sempre que iso non cause risco á integridade das persoas ou das cousas; neste caso poderá ser cualificado segundo a gravidade, como falta grave ou moi grave.

e) A desatención e falta de corrección no trato co público cando non prexudiquen gravemente a imaxe da empresa.

f) Os descoidos na conservación do material que se tivese a cargo ou fose responsable e que produzan deterioracións leves del.

g) Discutir violentamente cos compañeiros dentro da xornada de traballo.

h) A falta de aseo ou limpeza persoal.

i) O uso de pezas de roupa de vestir distintas ás que compoñen o uniforme segundo convenio, ou non leva-lo uniforme regulamentario na súa totalidade e estar de servicio.

j) Efectuar un cambio de quenda, ruta de vixilancia, día de traballo ou día de descanso, sen previa comunicación á empresa.

k) Non antende-las chamadas que se produzan pola emisora.

l) Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

m) Denuncia-los vehículos con criterios propios desmarcándose das directrices sinaladas pola dirección e as propias ordenanzas municipais.

4. Faltas graves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en máis de tres ocasións nun mes, de ata 15 minutos por falta.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo de dous a catro días durante o período dun mes. En caso de relevo a un compañeiro abondará dunha a dúas faltas.

c) O entorpecemento, a omisión maliciosa e o falsidade dos datos que tivesen incidencia na Seguridade Social.

d) A simulación de enfermidade ou accidente.

e) A desobediencia das ordes e instruccións de traballo, incluídas as relativas ás normas de seguridade e hixiene, así como a imprudencia ou neglixencia no traballo.

f) A falta de comunicación á empresa dos desperfectos ou anormalidades observados nos útiles, ferramentas e vehículos, cando diso se derivase un prexuízo grave á empresa.

g) A realización de traballos particulares durante a xornada, así como o emprego de útiles da empresa para usos alleos ós do traballo encomendado, incluso fóra da xornada laboral.

h) O quebrantamento ou a violación de segredos de obrigada reserva que non produzan grave prexuízo para a empresa.

i) A embriaguez no traballo.

j) A falta de aseo e limpeza persoal cando poida afecta-lo proceso productivo ou a prestación do servicio e sempre que previamente mediase a oportuna advertencia da empresa.

k) As ofensas de palabras proferidas ou de obras cometidas contra as persoas, dentro da xornada laboral, cando revistan acusada gravidade.

l) A reincidencia na comisión de cinco faltas leves, aínda que sexa de distinta natureza e sempre que medie sanción distinta da amoestación verbal dentro dun trimestre.

ll) Entregarse a xogos, calquera que sexan, dentro da xornada de traballo, se perturbasen o servicio.

m) Non reflectiren os traballadores na ficha de cada quenda de traballo, incidencias no horario correspondente, tales como atraso, abandono do servicio e saída antes da hora.

n) Deixa-lo servicio sen que chegase o relevo e non cubrir na ficha a hora de saída, en todo caso.

ñ) Negarse a efectua-la retirada dun vehículo da vía pública, cando sexa ordenado polos axentes da policía local ou outras autoridades con competencia

na materia, sen que exista motivo xustificado para iso.

5. Faltas moi graves.

a) A impuntualidade non xustificada na entrada ou na saída do traballo en dez ocasións durante seis meses, ou en vinte durante un ano, debidamente advertida.

b) A inasistencia inxustificada ó traballo durante tres días consecutivos ou cinco alternos nun período dun mes.

c) A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas ou a apropiación, furto ou roubo de bens propiedade da empresa ou de compañeiros.

d) A simulación de enfermidade ou accidente ou a prolongación da baixa por enfermidade ou accidente coa finalidade de realizar calquera traballo por conta allea ou propia.

e) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que produza grave prexuízo para a empresa.

f) A embriaguez habitual ou toxicomonía se repercute negativamente no traballo.

g) O abuso de autoridade exercido por quen desempeñe funcións de mando.

h) A reiterada non-utilización dos elementos de protección en materia de seguridade e hixiene, debidamente advertida.

i) A reincidencia ou reiteración na comisión de faltas graves, considerando como tal aquela situación na que, con anterioridade ó momento da comisión do feito, o traballador fose sancionado dúas ou máis veces por faltas graves, aínda que de distinta natureza, durante o período de seis meses.

j) As derivadas do punto 3 na súa letra d) e no punto 4 na súa letra l) do presente texto.

k) Non acudir á prestación dun servicio reclamado pola policía local ou autoridade competente dentro do horario de traballo.

l) Elaboración dun aviso de denuncia dun vehículo inexistente na zona de vixilancia, agás erro informático.

6. Sancións.

As sancións máximas que poderán imporse pola comisión de faltas enumeradas no artigo anterior, son as seguintes:

a) Por falta leve:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

b) Por falta grave:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de 2 a 15 días.

c) Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de 15 a 45 días.

Traslado de centro de traballo de localidade durante un período de ata un ano.

Despedimento disciplinario.

Postergación para ascenso ata tres anos.

As anotacións desfavorables que como consecuencia das sancións impostas puidesen facerse constar nos expedientes persoais, quedarán canceladas ó cumprírense os prazos de:

Por faltas leves ós dez días.

Por faltas graves ós vinte días.

Por faltas moi graves ós corenta días.

Todas elas a partir da data en que tivo coñecemento da súa comisión e, como máximo, ós tres meses do seu coñecemento.

7. Comunicación.

Toda imposición de sanción lle será comunicada ó/á representante dos traballadores na empresa ou ó delegado/a de persoal ou sindical, se é o caso.

Tódolos traballadores teñen dereito a recorre-las propostas de sanción; estas serán sempre por escrito e entregaranse á empresa en presencia dos seus representantes sindicais.

8. Disposicion adicional primeira.

A dirección da empresa e os representantes dos traballadores velarán polo máximo respecto á dignidade debida ó traballador/a, de calquera tipo, que será sancionado de acordo co previsto no capítulo réxime disciplinario, en función da gravidade do feito.

9. Disposición adicional segunda.

Os expedientes e sancións de tódolos traballadores/as que estiveran propostos/as, expedientados/as ou saniconados/as quedarán derrogados automaticamente no momento da sinatura do presente convenio.

Artigo 28º.-Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios efectuarase ó final de cada mes. Cun aviso previo de dous días antes do final de mes, con notificación ó comité de empresa ou delegados de persoal, amplíase o prazo ós dous primeiros días do mes seguinte.

O traballador e, coa súa autorización, os seus representantes legais, terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento, anticipos a conta do traballo xa realizado.

O pagamento de anticipos deberá solicitarse por escrito antes do día 15 de cada mes.

Retribucións.

Aumento salarial.

Para o ano 1998 acórdase un incremento segundo táboa anexa.

Para o ano 1999 acórdase un incremento do 2,7% calculado sobre tódolos conceptos retributivos.

Revisión salarial.

Ano 1998.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1998 un incremento superior ó 2,1%, efectuarase automaticamente unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, na contía exacta do exceso porcentual

sobre o citado 2,1%. A dita diferencia aplicarase á táboa salarial desde o 1 de xaneiro de 1998.

Ano 1999.

No caso de que o IPC previsto polo INE o 31 de decembro de 1999, superase o IPC previsto o 31 de decembro de 1998, efectuarase automaticamente unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, na contía exacta do exceso porcentual. A dita diferencia aplicarase á táboa salarial desde o 1 de xaneiro de 1999.

Táboas salariais do ano 1998

CategoríasSalario brutoSalario baseIncentivoActividade

Plus convenio

P. transporteTotal anual

Subdelegado204.674154.77518.31515.084

33.399

16.5002.765.638
Encargado Vix.

Técnic-Encarg.

Mantemento

179.693134.27516.91812.000

28.918

16.5002.424.886
Xefe negociado180.259115.66630.53521.058

51.593

13.0002.394.440
Tco. Mantemen.164.070117.29018.28012.000

30.280

16.5002.203.420
Grupo I158.016115.66618.75010.600

29.350

13.0002.127.524
Grupo II133.77596.24216.2338.300

24.533

13.0001.797.784
Grupo III117.79888.1429.6567.000

16.656

13.0001.589.860

Estes salarios están calculados nos conceptos recollidos na táboa salarial, e non se incluirán por tanto, as antigüidades nin a paga de compensación social. Os importes destes dous conceptos incrementaranse ás retribucións brutas arriba indicadas.

Grupo I: inclúe as seguintes categorías.

Oficial 1ª administrativo.

Axudante técnico de mantemento e/ou recadador.

Mecánico de primeira.

Conductor mantemento.

Conductor de primeira.

Grupo II: inclúe as seguintes categorías.

Oficial 2ª administrativo.

Conductor de segunda.

Grupo III: inclúe as seguintes categorías:

Auxiliar administrativo.

Auxiliar de mantemento.

Peón de servicios múltiples.

Axudante de guindastre.

Vixilante de depósito.

Recepcionista de depósito.

Vixilante ORA.

Categorías profesionais. Clasificación e funcións.

A clasificación do persoal que a continuación se consigna é simple enunciativa e, en ningún caso, supón a obriga de que existan postos de traballo de tódolos grupos profesionais nin en tódalas categorías relacionadas, o que estará en función das necesidades da empresa.

A implantación deste sistema permite agrupar unitariamente as aptitudes profesionais e contido xeral da prestación, así como as diversas categorías, postos, funcións e especialidades profesionais no correspondente grupo profesional.

A adscrición ós grupos poderá estar ou non en función da titulación que teña o traballador/a e será determinada polo contido da prestación de traballo.

O persoal que preste os seus servicios nas empresas afectadas polo presente convenio clasifícase en atención á función que efectúe independentemente do sexo, sendo asumibles tódalas categorías por ambos sexos.

Clasificación xeral.

I. Persoal superior e técnico.

II. Persoal administrativo.

III. Persoal de talleres e mantemento.

IV. Persoal de retirada e depósito de vehículos.

V. Persoal de vixilancia.

Epígrafe I. Subdelegado ou xefe de servicio.

Epígrafe II. Xefe de negociado.

Oficial de primeira.

Oficial de segunda.

Auxiliar.

Epígrafe III. Técnico encargado de mantemento.

Técnico de mantemento.

Axudante técnico de mantemente e/ou recadador.

Auxiliar de mantemento.

Peón de servicios múltiples.

Epígrafe IV. Mecánico de primeira.

Conductor mantemento.

Conductor de primeira.

Conductor de segunda.

Axudante de guindastre.

Vixilante de depósito.

Recepcionista de depósito.

Epígrafe V. Encargado de vixilantes.

Vixilante ORA.

Epígrafe I. Persoal superior e técnico.

Subdelegado ou xefe de servicio.

É o traballador/a que, seguindo instruccións da dirección, organiza e xestiona baixo a súa responsabilidade o funcionamento dos distintos departamentos ou servicios do centro ou centros de traballo na empresa, podendo ter ó seu cargo a todo o persoal por debaixo da súa categoría profesional, ó cal poderá da-las oportunas ordes relacionadas co posto de traballo de cada categoría. Cubrirá, así mesmo, os partes de traballo e informes que lle encargue a dirección da empresa e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Epígrafe II. Persoal administrativo.

Xefe de negociado.

É o traballador/a que, seguindo as instruccións da dirección da empresa, podendo estar á fronte dun grupo de empregados administrativos, dirixe o labor administrativo e realiza coa máxima eficiacia o control e despacho de correspondencia, relacións administrativas con organismos oficiais, institucións, empresas e asesorías externas da empresa, conta

bilidade da empresa, confeccion de nóminas e seguros sociais, IRPF, contratos de traballo, altas e baixas na Seguridade Social, etc., cubra os partes de traballo e informes que lle solicite a dirección da empresa e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función, respondendo da correcta execución dos traballos do persoal que ten subordinado.

Oficial de primeira.

É o traballador/a que, dotado de iniciativa e responsabilidade, baixo a supervisión do seu inmediato superior, debe realizar coa máxima eficacia no ámbito administrativo os traballos seguintes: control e despacho de correspondencia, relacións administrativas con organismos oficiais, institucións, empresas e asesorías externas da empresa, contabilidade da empresa, confección de nóminas e seguros sociais, organización administrativa en xeral, atención das comunicacións a través da emisora e da radio teléfono en caso de ausencia ou inexistencia de categoría inferior e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel comprimento da súa función. Deberá posuír coñecementos de informática de xestión a nivel de usuario, retencións de impostos, IRPF, etc.

Oficial de segunda.

Pertencen a esta categoría aqueles traballadores/as que, dependendo directamente do xefe inmediato superior, realicen traballos que non requiran propia iniciativa, tales como: clasificación de correspondencia, arquivos, facturación, estatísticas, xestións interiores e/ou exteriores á empresa en relación co seu posto de traballo e outras de análoga importancia, así como a atención das comunicacións a través a emisora ou da radio teléfono en caso de ausencia de categoría inferior e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Deberá ter coñecementos de informática a nivel usuario.

Auxiliar administrativo.

Este posto de traballo será desempeñado por todo traballador/a que, con coñecementos de xestión administrativa de carácter básico, colabora cos seus superiores inmediatos e demais compañeiros de oficina na execución dos traballos administrativos de carácter sinxelo, tales como cubrir formularios, tramitación de expedientes, manexo de ficheiros, confección de vales, notas de pedido e outras funcións e xestións semellantes que se lle encomenden, incluíndo a atención ás comunicacións a través de emisora ou radio teléfono, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Deberá ter coñecemento de informática a nivel de usuario.

Grupo III. Persoal de tralleres e mantemento.

Técnico encargado de mantemento.

É o traballador/a que, seguindo as instruccións da dirección da empresa, do subdelegado ou xefe

de servicio, se é o caso, se responsabiliza da organización, xestión e funcionamento, en xeral, da recadación, así como a programación, mantemento de máquinas recadadoras, conservación, reparación, sinalización e mantemento das zonas ORA e demais centros de traballo. Esta categoría poderá ter ás súas ordes un equipo de axudantes técnicos e/ou recadadores e auxiliares de mantemento. Así mesmo, cubrirá os partes de traballo e informes que a dirección da empresa lle solicite supervisando, en todo caso, que tódolos utensilios e materiais propios para a función do seu posto de traballo e para a empresa, en xeral, se atopen en perfecto estado para o logro dos obxectivos da empresa, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Técnico de mantemento.

É o traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, coa supervisión do técnico encargado de mantemento ou xefe inmediato superior, se encarga da recadación, programación, mantemento de máquinas recadadoras, conservación, reparación, sinalización e mantemento das zonas ORA e demais centros de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Axudante técnico de mantemento e/ou recadador.

É aquel traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, se encargará da reparación, recadación e mantemento técnico das máquinas da ORA e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Auxiliar de mantemento.

É o traballador que, coa supervisión directa do técnico encargado de mantemento ou xefe inmediato superior, realiza as tarefas propias de mantemento e limpeza de maquinaria que lle encargue o citado técnico en relación coas funcións encomendadas a este, e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Peón de servicios múltiples.

É o traballador/a que desempeña entre outros os seguintes cometidos: pintura, sinalización, albanelería, carpintería, limpeza de máquinas da ORA e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función baixo a supervisión directa do técnico encargado de mantemento.

Grupo IV. Persoal de retirada e depósito de vehículos.

Mecánico de primeira.

É o traballador/a que, estando en posesión dos coñecementos técnicos adecuados, se encarga e responsabiliza dos traballos de mecánica e mantemento de vehículos da empresa e todos aqueles cometidos

que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Conductor mecánico.

É o traballador/a que, dotado de responsabilidade, actuando coa supervisión dun subdelegado ou xefe de servicio, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública cun vehículo grúa que lle sexa asignado, conducindo vehículos de máis de 3.500 kg ou inferiores cos permisos que marque a lei vial, así como diversas actividades dos distintos servicios que desenvolva a empresa que necesitasen para a dita actividade do servicio destes vehículos. Correspóndelle realizar tódalas manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de tódolos partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondesen. Terá así mesmo ó seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función. Independentemente das funcións anteriormente sinaladas alternará, en caso necesario, como mecánico de mantemento dos vehículos da empresa.

Conductor de primeira.

É o traballador/a que, dotado de responsabilidade, e actuando coa supervisión do delegado, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública co vehículo guindastre que lle sexa asignado, conducindo vehículos de máis de 3.500 kg ou inferiores cos permisos que marque a Lei vial, así como diversas actividades dos distintos servicios que desenvolva a empresa que necesitasen para a dita actividade do servicio destes vehículos. Correspóndelle realizar tódalas manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de tódolos partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondesen. Terá, así mesmo, ó seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Conductor de segunda.

É o traballador/a que, dotado da súa responsabilidade, coa supervisión do delegado, executa as funcións propias destinadas á retirada de vehículos da vía pública co vehículo guindastre que lle sexa asignado, conducindo vehículos de ata 3.500 kg cos permisos que marque a lei vial, así como diversas actividades dos distintos servicios que desenvolva a empresa que necesitasen para a dita actividade do servicio destes vehículos. Correspóndelle realizar tódolas manobras necesarias para o cumprimento de tal fin, así como a elaboración de tódolos partes de traballo da súa actividade e retirada que lle correspondesen. Terá, así mesmo, ó seu cargo a limpeza e decoro do vehículo dentro da xornada de traballo e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Axudante de guindastre.

É o traballador que, seguindo as instruccións do delegado, ten por misión, entre outras, axuda-los conductores na atalaxe do guindastre, enganche e coidado do vehículo segundo as necesidades do servicio e todos aqueles cometidos que sean adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Vixilante de depósito.

É o traballador/a que, dotado de responsabilidade, coa supervisión do delegado, executa, entre outras, as funcións propias de vixilancia e control das entradas e saídas de vehículos, custodiando estes mentres se atopen depositados e informando das anomalías observadas. En todo caso, encargarase da localización dos vehículos retirados no depósito, procurando o aproveitamento máximo do espacio e colaborando, se fose requirido para iso, á descarga dos vehículos e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Recepcionista de depósito.

É o traballador/a que, baixo a supervisión directa do subdelegado e/ou xefe de servicio, se encarga da recepción e saída de vehículos do depósito, así como do cobramento das taxas correspondentes, control de caixa do depósito, o teléfono, atención ó público, organizando os guindastres e demais vehículos da empresa a través da emisora ou radio teléfono e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Grupo V. Persoal de vixilancia.

Encargado de vixilantes.

É o traballador/a que, seguindo as instruccións da dirección da empresa, do subdelegado ou xefe de servicio, se responsabiliza da organización e funcionamento dos vixilantes do servicio de ORA, ós cales poderá dá-las oportunas ordes relacionadas co seu posto de traballo.

Así mesmo, efectuará cando sexa requirido para iso, informes e/ou estatísticas sobre os vixilantes do servicio de ORA e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

Vixilante ORA.

É o traballador/a que, dotado de iniciativa e responsabilidade, coa supervisión do encargado de vixilantes ou xefe inmediato superior, executa as funcións propias nas zonas de aparcamento da ORA, tales como controla-los billetes nos vehículos, as tarxetas de residentes, a comprobación do bo funcionamento das máquinas expendedoras de zona que teña asignada, a expedición de avisos de denuncia por falta de billete, por exceso de tempo de aparcamento, por carecer de tarxeta de residente ou calquera outra, así como o manexo de aparatos de radio teléfono e ordenador portátil e todos aqueles cometidos que sexan adecuados para o fiel cumprimento da súa función.

10199