Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 19 de novembro de 1998 Páx. 12.418

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998 pola que se inscribe a Asociación de Amigos do Camiño do Norte da Provincia de Lugo no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago,

presentada pola Asociación de Amigos do Camiño do Norte da Provincia de Lugo, con data do 22 de xaneiro de 1998.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos do Camiño do Norte da Provincia de Lugo quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 092.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

9534