Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 16 de novembro de 1998 pola que se modifica a do 23 de abril de 1998 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da oferta balneoterápica de Galicia.

Para os efectos de conseguir unha axeitada adecuación na tramitación orzamentaria das subvencións ó abeiro da Orde do 23 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da oferta balneoterápica de Galicia fíxose preciso unha redistribución dos créditos existentes dentro da propia aplicación orzamentaria. Este feito

motiva que se faga preciso proceder a un reaxuste dos prazos que de presentación de xustificación da inversión executada se establecen no artigo 8.1º da orde de convocatoria ampliándoos no que respecta a 1998 e para tales efectos,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo punto 1º do artigo 8 da Orde do 23 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da oferta balneoterápica de Galicia, que queda redactado do seguinte xeito:

Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde e cando o seu importe se atribúa en dúas ou máis anualidades terán como data límite para a presentación da xustificación do investimento executado, que se deberá realizar de conformidade co programa de obras, as seguintes:

Fase de 1998: 15 de decembro de 1998.

Fase de 1999: 30 de xuño de 1999, se o importe da subvención se imputou a dúas anualidades. No caso de terse imputado a tres, 15 de novembro de 1999.

Fase de 2000: 30 de xuño de 2000.

Se a subvención se imputou só ó exercicio de 1998, a data límite de presentación será o 15 de decembro de 1998.

En todo caso, os beneficiarios de subvencións, unha vez executado o investimento, deberán xustificalo o antes posible e nunca con posterioridade ás datas indicadas, datas que son límite de presentación da xustificación.

Disposición derradeira

A presente orde entra en vigor o día de su publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

10322