Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 10 de novembro de 1998 pola que se amplía o prazo de presentación das solicitudes de axudas para a protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción, de acordo co Plan Integral de Mellora Xenética do gando vacún de Galicia.

A orde desta consellería, do 11 de setembro de 1998, de protección das razas bovinas autóctonas

en perigo de extinción, de acordo co Plan Integral de Mellora Xenética do gando vacún de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 18 de setembro), establece no seu artigo 7, punto 2º, que o prazo de presentación das solicitudes das axudas recollidas nela rematará o 15 de novembro de 1998.

O hábitat natural das razas vacunas autóctonas de Galicia está constituído por áreas montañosas, moi despoboadas e deprimidas, con acusadas dificultades orográficas e de dispersión da poboación. Esta circunstancia, unida á avanzada idade de gran parte dos titulares das explotacións nas que se atopa esta clase de gando, dificulta o acceso á información dos posibles beneficiarios das axudas, polo que é necesario a ampliación do prazo para a presentación das solicitudes de axudas ás que fai referencia a Orde do 11 de setembro de 1998.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-O prazo de presentación das solicitudes de axudas para a protección das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción previsto no artigo 7, punto 2º da orde desta consellería, do 11 de setembro de 1998, amplíase ata o 30 de novembro de 1998.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria

10453