Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Mércores, 18 de novembro de 1998 Páx. 12.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de novembro de 1998 pola que se autoriza o cambio de titularidade e denominación do centro privado de perruquería Astarté Nuevo Estilo Chelo Vigo da Coruña.

Examinado o expediente por instancia de Aurelia Rodríguez Rodríguez, en solicitude de cambio de titularidade e denominación do centro privado que imparte ensinanzas da área tecnolóxico-práctica de perruquería denominado Astarté Nuevo Estilo Chelo Vigo, con domicilio na r/ Andrés Gaos, 34 baixo, da Coruña.

Vistos o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 pola que se desenvolve o antedito decreto (DOG do 15 de decembro).

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado de perruquería Astarté Nuevo Estilo Chelo Vigo da Coruña, a favor de Aurelia Rodríguez Rodríguez, con tódolos dereitos e obrigas contraídas pola cesionista Consuelo Vigo Botana, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro Astarté Nuevo Estilo Chelo Vigo, pola de Astarté Unisex.

Terceiro.-O cambio de titularidade e de denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

10343