Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.289

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (129/1995).

Eu, Evelia Marcos Arroyo, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta vila e o seu partido, fago saber que no xuízo de faltas número 129/1995 deste xulgado, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón o 25 de marzo de 1996.

Vistos por José Manuel Vilela Lage, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón, os autos de xuízo de faltas 129/1995, por malos tratos, con intervención do Ministerio Fiscal en representación da acción pública, nos que foron parte, como denunciante, María Yolanda López Otero e, como denunciado, Carlos D. Castro Villar, do que as súas circunstancias persoais constan en autos, de acordo cos seguintes, decido que debo absolver e absolvo a Carlos Castro Villar, declarando de oficio as custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial en cinco días.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A dita sentencia non é firme e poderá interporse contra ela recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

E para a súa publicación e que sirva de notificación ó demandado Carlos Calvo Villar.

Dado en Padrón o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9870