Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.289

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (184/1997).

Dolores Rolle Insua, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de menor contía que se seguen neste xulgado co número 184/1997, promovidos por Josefa Rodríguez Conde, reprewsentada pola procuradora Caridad González Cerviño, contra María Rodríguez Conde, Pedro Cambeiro Oreiro, María Cambeiro Oreiro, José Cambeiro Cambeiro, Josefa Cambeiro Oreiro, Adoración Cambeiro Oreiro, José Val Val e José Cambeiro Carreira, sobre nulidade de contratos de permuta dictouse resolución pola que se acordou notificar e empraza-los demandados José Cambeiro Cambeiro, Josefa Cambeiro Oreiro, Adoración Cambeiro Oreiro, José Val Val e José Cambeiro Carreira, por medio de edictos, sinalándoselle-lo prazo de dez días para compareceren no xuízo con avogado que os defenda e procurador que os represente, baixo apercibimento de que, de non o verificaren dentro do termo expresado, serán declarados en rebeldía, dándose por precluído o trámite

de contestación á demanda, e seguirá o preito o seu curso, notificándoselles na sede do xulgado a resolución que para o efecto se dicte e as posteriores.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados referidos e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Muros, A Coruña o oito de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

9829