Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.289

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (12/1998).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 12/1998, se segue xuízo de faltas sobre lesións en agresión, no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia: en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1998.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 12/1998, seguidos por agresión, nos que foi parte denunciante Ana Isabel Seoane Jesús, maior de idade, aparecendo como parte denunciada Raquel Enjo Valle, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Raquel Enjo Valle da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma á denunciada, Raquel Enjo Valle, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteséis de outubro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

9993