Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 16 de novembro de 1998 Páx. 12.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica para a explotación e operación en quenda de noite con destino ó centro de proceso de datos, por concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 32/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a explotación e operación en quenda de noite con destino ó Centro de Proceso de Datos.

c) Diario oficial e data de publicación:

DOG nº 176, do 10 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Lote I: seis millóns de pesetas (6.000.000) IVE incluído.

Lote II: tres millóns seiscentas mil pesetas (3.600.000) IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 21 de outubro de 1998.

b) Contratista: Coremain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote I: cinco millóns duascentas oitenta mil pesetas (5.280.000) IVE incluído.

Lote II: tres millóns cento sesenta e oito mil pesetas (3.168.000) IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

9970