Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a delimitación do contorno de protección do mosteiro de Santa María, no concello de Monfero, provincia da Coruña.

Por Decreto do 3 de xuño de 1931, (Gaceta de Madrid do 4 de xuño) foi declarado monumento histórico-artístico o mosteiro de Santa María, no concello de Monfero, provincial da Coruña.

Sendo a devandita declaración anterior a entrada en vigor á Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio

histórico español (BOE do 29 de xuño) cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección, consonte o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro).

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral o órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en materia de bens culturais, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente para a delimitación do contorno de protección do mosteiro de Santa María, no municipio de Monfero, provincia da Coruña, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola citada incoación do xeito que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notificarlle a presente resolución ó concello, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, teñan que realizarse con carácter inaprazable, precisarán en todo caso autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e BOE, abríndose un período de información pública de 1 mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

A-B-C-D-E Liña que, partindo do lugar de Visura, discorre pola pista asfaltada que parte cara a Bouzamaior, e a 1.110 m, antes de chegar ó lugar de Piladaleña, desvíase á dereita para uni-los cumios do monte Chouso (a cotas 559.0 e 566.0) e despois baixar pola divisoria das augas ata enlazar coa pista asfaltada que leva ó lugar de Dialcabo e Illa.

E-F Liña que discorre pola dita pista, en dirección oeste, ata enlazar coa estrada que vai do núcleo de Monfero ó Mosteiro.

F-G-H Liña que discorre pola devandita estrada Monfero-Mosteiro uns 300 m para deviarse á esquerda por unha senda que leva ó lugar de Rego de

Eixo, parándose, 200 m antes de chegar ó lugar, onde parte á dereita, unha pista sen asfaltar.

H-I-A Liña que comeza na devandita pista sen asfaltar e discorre uns 700 m e se desvía, á dereita, por un camiño veciñal que conduce ó lugar de Visura, pechando así a delimitación.

10105