Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 12 de novembro de 1998 Páx. 12.157

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de setembro de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Cervantes da Coruña.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 202 do luns, 19 de outubro de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 11.280, onde di: «Examinado o expediente... en solicitude de cesamento de actividades no dito centro», debe dicir: «Examinado o expediente... en solicitude de cesamento de actividades nos niveis de preescolar e educación xeral básica no dito centro».

No segundo parágrafo, onde di: «autorización definitiva», debe dicir: «autorización condicionada».

Onde di: «Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se relaciona ...», debe dicir: «Autoriza-lo cesamento de actividades nos niveis de preescolar e educación xeral básica no centro privado que se relaciona...».

Na páxina 11.281, no anexo, onde di: «Autorización do cesamento de actividades do centro», debe dicir: «Autorización do cesamento de actividades nos niveis de preescolar e educación xeral básica».

E debe engadirse:

Composición resultante:

- 1 unidade de FP1 da rama: administrativa e comercial; profesión: administrativa.

- 1 ciclo formativo de grao medio Xestión administrativa da familia profesional de administración (1 unidade).

9857