Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación da acta levantada para corrixi-los erros advertidos na publicación do pacto extraestatutario do persoal laboral do Concello de Rubiá de Valdeorras (DOG número 134, do 14 de xullo de 1998).

Visto o texto da acta levantada pola comisión de seguimento do pacto extraestatutario do persoal laboral do Concello de Rubiá de Valdeorras (código nº 3200802) de Ourense, co fin de correxi-los erros observados na publicación (DOG nº 134 con data do 14 de xullo de 1998), prégolle que se dea as ordes oportunas para proceder á súa publicación.

Ourense, 9 de outubro de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión de seguimento do pacto extraestatutario do persoal laboral do Concello de Rubía de Valdeorras.

Representación social:

Manuel Fernández Fernández.

Manuel Nuñez Domínguez.

Representación empresarial:

Antonio Cao Rodríguez (alcalde).

En Rubiá de Valdeorras, ás 12 horas do dia 29 de setembro de 1998, xúntanse na Casa do Concello de Rubiá as representacións social e empresarial, membros da comisión de seguimento do pacto extraestatutario para o persoal laboral do Concello de Rubiá de Valdeorras, constituída polas persoas anteriormente sinaladas, coa finalidade de proceder á revisión do texto do pacto referido publicado no Diario Oficial de Galicia nº 134, do 14 de xullo.

Feita a pertinente lectura do texto, esta comisión advirte os seguintes erros:

1º) Artigo 19, non publicado, o texto literal do cal é o que segue:

Artigo 19º.-Excedencias.

Regularanse de acordo coa lexislación vixente.

2º) Artigo 20, non publicado, o texto literal do cal é o que segue:

Artigo 20º.-Licencias sen soldo.

Os traballadores fixos que leven como mínimo un ano de servicio poderán pedir licencias sen soldo, por un prazo non inferior a 15 días nin superior a 6 meses, nun intervalo de tempo de dous anos. O traballador solicitará a licencia, polo menos cun mes de antelación á data de inicio do seu desfrute. O concello contestará dentro deste prazo e de non facelo, entenderase concedido o permiso.

3º) Artigo 50, onde di: «... e, en especial o contido da comisión», debe dicir: «... e, en especial o contido nos artigos 64 e 65 do Estatuto dos traballadores e, en especial:

* Das actuacións que afecten o persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal. Remitiráselle en prazo razoable no que constará a convocatoria e a orde do día. Así mesmo, permitirase a presencia do representante legal dos traballadores na mencionada comisión.».

4º) Sobra e, polo tanto, deberá de ser suprimido o anexo que figura publicado ó final do texto.

Acórdase por unanimidade dos membros da comisión solicitar da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o rexistro e publicación das modificacións contidas na presente acta, co fin de que sirva como corrección de erros do texto publicado con data do 11 de xullo.

Acórdase así mesmo, facultar ó alcalde do Concello de Rubiá, como parte integrante da comisión de control, para que remita a pertinente solicitude á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de dar cumprimento ó acordado nesta xuntanza, e que se reflicte na presente acta.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a xuntanza, as 13 horas, da cal se levanta a acta que asinan os membros da comisión de control anteriormente citados como proba da súa conformidade.

9573