Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.120

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anexo 8º do convenio colectivo da empresa Envases Carnaudmetalbox, S.A.

Vista a acta da reunión realizada pola comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación do convenio colectivo de Envases Carnaudmetalbox, S.A., fábrica de Vigo, presentada nesta delegación provincial con data do 21 de setembro de 1998, na que tomou un acordo sobre a duración dos contratos eventuais, e na que solicita o seu rexistro para que figure como anexo ó devandito convenio

colectivo publicado no BOP nº 175, do 11-9-1997 e no DOG nº 205, do 23-10-1997, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto nos artigos 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, como anexo 8º do convenio colectivo da citada empresa.

Vigo, 13 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión da comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación do convenio colectivo de empresa de Envases Carnaudmetalbox, S.A., fábrica de Vigo, celebrada o día 18 de setembro de 1998.

Sendo as 12.30 horas do día da data, reúnense os membros da comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación do convenio colectivo de Envases Carnaudmetalbox, S.A., fábrica de Vigo, para trata-lo seguinte:

Orde do día:

1. Contratos eventuais.

2. Rogos e preguntas.

Asistentes:

Emilio Pérez Pérez.

Elena Rodríguez Giráldez.

Ángel Rodríguez Viéitez.

Mª José Rodríguez Goberna.

Juan Iglesias Carreira.

Camilio Gómez Macías.

Antonio Vidal Pérez.

Rosario Priegue Araújo.

Ignacio Alfageme Pernas.

1. Contratos eventuais.

Por instancia do comité de empresa reúnese esta comisión, co obxecto de tratar sobre a duración máxima dos contratos eventuais.

Iníciase a reunión debatendo sobre a posibilidade de incrementa-lo período máximo de seis meses a que fai referencia o artigo 15.1º B) do Estatuto dos traballadores, xa que o convenio colectivo de empresa non reflicte nada ó respecto.

Despois de debater sobre esta cuestión, acórdase adopta-lo artigo 24-contrato temporal do convenio colectivo da industria metalgráfica e de fabricación de envases metálicos asinado en Madrid o 22 de xullo de 1998, e que di textualmente:

«Artigo 24.-Contrato temporal. Os contratos eventuais previstos no artigo 15.1º B) do Estatuto dos traballadores, poderán concertarse por unha duración máxima de 13 meses e medio nun período de 18 meses.».

Acórdase tamén presentar esta acta na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para que figure como un anexo ó convenio colectivo desta empresa.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 13.30 horas.

En Vigo, 18 de setembro de 1998.

9726