Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 e 1999 do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 e 1999 do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-10-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social pola delegada de persoal o día 27-2-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación as representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de outubro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta do acordo de revisión salarial do convenio colectivo de Radio Marineda, S.A.

Na Coruña, ás 17 horas do día 27 de febreiro de 1998, reúnense no centro de traballo da empresa, Pablo Vilar Díaz, en nome e representación da empresa Radio Marineda, S.A. e Ana María Blanco Remuiñán, representante legal dos traballadores, co obxecto de proceder ó estudio e aprobación, de se-lo caso, da táboa salarial do convenio colectivo da empresa para o ano 1998 e 1999.

Examinada a táboa salarial para o ano 1998, acórdase a súa aprobación, que se xunta a esta acta como anexo I.

Así mesmo, para o ano 1999, acórdase unha suba salarial que se realizará segundo o seguinte:

a) Incrementa-lo salario base e plus de transporte da táboa salarial de 1998 nunha porcentaxe igual ó IPC resultante o 31 de decembro de 1998, sempre e cando sexa, polo menos, dun 2%.

b) Un incremento para tódalas categorías de 2.520 ptas./mensuais, que se farán efectivas en catorce pagas.

Non habendo máis asuntos que tratar, remata a sesión ás 18 horas do día indicado.

Pola empresaRep. Leg. traballadores

Pablo Villar DíazAna Mª Blanco Remuiñán

ANEXO I

Táboa salarial de Radio Marineda, S.A. para 1998

Categoría laboralSB díaSal. baseI.D.T.I.C. 1ºI.C. 2ºBruto anual

Redactor xefe3.820114.60013.5901.753.890

Redactor locutor3.505105.15013.5901.621.590

Auxiliar de redacción3.20296.06013.5901.494.330

Técnico control e mantemento3.06591.95013.5901.436.790

Xefe de administración3.559106.77013.5901.644.270

Oficial administrativo3.31199.33013.5901.540.110

Auxiliar administrativo3.06591.95013.5901.436.790

Xefe comercial3.820114.60030.00024.0002.198.400

Comercial2.78083.40015.00024.0001.596.600

Notas:

I.D.T.= indemnización de distancia e transporte. Art. 16.6.a).

I.C.1º= indemnización de comerciales. Art. 16.6.b) 1º.

I.C.2º= indemnización de comerciales. Art. 16.6.b) 2º.

Bruto anual: salario base por 14 pagas + indemnizaciones por 11 pagas.

9732