Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.122

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do convenio colectivo da empresa Seragua-FCC, S.A. UTE Lei 18/1982.

Visto o escrito presentado nesta delegación provincial con data do 16 de outubro de 1998, pola empresa Seragua-FCC, S.A. UTE Lei 18/1982, relativo ó convenio colectivo que foi publicado no BOP nº 123, do 30-6-1998, e no DOG nº 144, do 28-7-1998, no que nos comunicaba que, por un erro na disposición derradeira e na acta derradeira do citado convenio, figuraban como asinantes del Luis Gayo Rivas, José M. Pereira Valles e Luis A. Clavo Iglesias, todos eles representantes do sindicato CIG, cando, en realidade, non o fixeron, e nos solicitaba a corrección das citadas deficiencias, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de

marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores en relación co Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e con Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la publicación das novas actas no BOP e no DOG, en substitución da disposición

derradeira e da acta derradeira inicialmente publicadas.

Vigo, 20 de outubro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Disposición derradeira.

Son partes asinantes do presente convenio colectivo:

Pola parte económica:

José Luis García Ibáñez

Andrés F. Mariño Vilar

Luis de Francisco Fronteriz.

Pola parte social:

Luis Rodríguez Pérez (presidente comité).

Manuel J. Sande Pardal (secretario comité).

Gustavo Álvarez Díaz

Jesús Casal García

Guillermo García Hermida

Manuel Rodríguez Río

Manuel Rodríguez Rodríguez

Antonio A. Rey Breijo (delegado sindical CC.OO.)

José Antonio Seijas Ron (delegado sindical UGT)

Acta derradeira

Reunidos na sala de reunións da UTE Seragua-FCC, S.A., sita na rúa Cantabria, s/n, a comisión negociadora do convenio colectivo, composta polas personas que a seguir se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se xunta, e, en proba de conformidade, asinan a presente acta en Vigo o 11 de xuño de 1998, agás os representantes do sindicato CIG.

Pola parte económica:

José Luis García Ibáñez

Andrés F. Mariño Vilar

Pola parte social:

Luis Rodríguez Pérez (presidente comité).

Manuel J. Sande Pardal (secretario comité).

Gustavo Álvarez Díaz

Jesús Casal García

Guillermo García Hermida

Luis Gayo Rivas

José M. Pereira Valles

Manuel Rodríguez Río

Manuel Rodríguez Rodríguez

Antonio A. Rey Breijo (delegado sindical CC.OO.).

José A. Seijas Ron (delegado sindical UGT).

Luis A. Clavo Iglesias (delegado sindical CIG).

10126