Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 11 de novembro de 1998 Páx. 12.119

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da construcción.

Advertidos erros na publicación do convenio colectivo da construcción do ano 1998, da provincia da Coruña, feita no Diario Oficial de Galicia, número 179 do pasado 15 de setembro, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 10.293, artigo 42º, onde di: «Artigo 42º.- Aviso de peche.», debe dicir: «Artigo 42º.-Aviso de cesamento.» e onde di: «Os avisos de peche, ...», debe dicir: «Os avisos de cesamento, ...».

-Na páxina 10.298, anexo I, táboa salarial, na columna de pluses debe figurar enriba de «Asistencia», a palabra: «Salariais» e enriba de «Distancia e transporte», a palabra: «Extrasalariais». No nivel II, na columna do mes, onde di: «178.880», debe dicir: «176.880».

-Na páxina 10.299, anexo III, as seguintes correc

cións:

-Debaixo de «Nº ....», debe figurar: «Data de expedición......»

-No mesmo anexo, máis abaixo, onde di: «Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data da súa expedición pola Asociación Provincial de Empresarios de Construcción da Coruña APECCO», debe dicir: «Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data da súa expedición. Expedido pola Asociación Provincial de Empresarios de Construcción da Coruña APECCO.»

-No anexo IV, páxina 10.300, artigo 6.2º, onde di: «... no artigo 86.6º...», debe dicir: «... no artigo 85.6º...».

9474