Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.095

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se citan os aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 8 de abril de 1996 para a formalización do correspondente contrato de traballo.

O punto 5 da base oitava da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo

Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que a dirección xerencia do complexo citará a tódolos aspirantes seleccionados en cada categoría para a formalización do correspondente contrato de traballo indicando a data de toma de posesión efectiva da praza da correspondente categoría.

Rematado enteiramente o dito proceso selectivo coa publicación da lista de aspirantes seleccionados en cada unha das categorías, mediante as resolucións do 14 de maio, 26 de maio e 30 de xullo de 1998, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, e comisionado este centro directivo

para a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación a tódolos interesados para a formalización do correspondente contrato de traballo

RESOLVE:

Primeiro.

Convocar a tódolos aspirantes seleccionados nas categorías de ATS/DUE, TEL, TER, auxiliar de enfermería, grupo de xestión da función administrativa, asistente social, auxiliar administrativo, telefonista, celador e operario, convocadas pola Resolución do 8 de abril de 1996, para a formalización do oportuno contrato de traballo, previsto no punto 5 da base oitava da citada resolución.

Segundo.

O acto de formalización celebrarase na Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense, sita na rúa Ramón Puga nº 52, de Ourense, ás 11 horas do día 16 de novembro de 1998.

Terceiro.

a) Os aspirantes deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

b) Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con carácter previo ó acto de elección de destino definitivo ante a dirección xerencia do dito complexo hospitalario, mediante comparecencia expresa do que dá o poder e do apoderado.

c) Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non asinen o correspondente contrato de traballo ou os que, sen causa xustificada, non tomen posesión do posto correspondente.

d) No suposto de que algún dos aspirantes seleccionados estivese desenvolvendo outro posto de traballo no sector público, poderá solicitar por escrito, no dito acto de elección, o paso á situación administrativa que corresponda.

Para tal efecto, xunto coa solicitude deberá presentar certificación acreditativa de atoparse en situación de activo noutro posto de traballo do sector público, con referencia ó día anterior ó da celebración do dito acto de elección de destino.

Cuarto.

Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base novena da respectiva convocatoria.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

9619