Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.096

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Fundamental e Industrial, a Jesús José Fernández Sánchez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 26 de novembro de 1997 (BOE do 17 de decembro), para a provisión da praza número 97/050 de profesor titular de universidade da área de coñecemento química inorgánica, do departamento de Química Fundamental e Industrial desta universidade, a favor de Jesús José Fernández Sánchez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús José Fernández Sánchez profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Fundamental e Industrial desta universidade.

A Coruña, 15 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

9617