Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.096

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 98/016 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade 98/016 convocada por Resolución do 4 de marzo de 1998 (BOE do 25 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 16 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía vexetal

Praza nº: 98/016

Comisión titular:

Presidente: Gil Rodríguez, María Candelaria, catedrática de universidade. Universidade da Laguna.

Secretario: Cremades Ugarte, Javier, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Sabater García, Francisco, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Fernández García, José Antonio, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Gracia Barba, Enric, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: Izco Sevillano, Jesús, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Nogerol Seoane, Ángela, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Seoane Camba, Juan Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Ibars Almonacil, Ana María, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi general).

Pérez Moral, Emilio, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

9618