Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1998 pola que se convoca unha praza de persoal funcionario para o Igape-Santiago de Compostela.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección (concurso de méritos e entrevista persoal), para cubrir unha praza técnica (xefe da Unidade de Seguimento e Control de Incentivos), conforme o establecido no artigo 17.2º da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, e conforme o establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación.

1. Será requisito indispensable que deberá ser acreditado no momento de presenta-la solicitude:

-Estar en posesión do título de funcionario de carreira en activo grupo A, ou funcionario de carreira en activo grupo B, ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

2. Documentación que se presentará coa solicitude:

-Folla de servicios certificada.

-Fotocopia compulsada do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Currículum vitae demostrable.

-Fotocopia compulsada de tódolos documentos xustificativos dos méritos alegados, segundo baremo.

3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes (segundo o modelo publicado neste mesmo DOG), presentaranse en calquera das oficinas do Igape, sendo o prazo de presentación de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Débese xuntar a esta toda a documentación requirida no punto anterior.

4. Proceso de selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se se dá o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, por petición do interesado, emendar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios do Igape.

As probas de selección consistirán nun concurso de méritos (segundo baremo), e entrevista persoal.

O concurso de méritos suporá un 50% da nota final, e o 50% restante a entrevista persoal, na que se avaliarán os coñecementos e adecuación ó posto dos candidatos.

O comité de selección nomeado para levar a cabo este proceso será o encargado de asigna-la puntuación que lles corresponda ós participantes no concurso de méritos segundo o baremo, publicando posteriormente os resultados, así como de avalia-los resultados da entrevista persoal.

5. Unha vez rematado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada, que pasará a prestar servicios no Igape conforme o establecido no artigo 17.2º da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, quedando na situación prevista na disposición adicional décima da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, que modifica a disposición adicional décimo primeira da Lei 1/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

6. Baremo de méritos:

6.1. Por cada ano de servicios efectivamente prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira grupo A ou B na Administración da Xunta de Galicia (2 puntos, cun máximo de 15). Ós que fosen prestados como xefe de área, sección, unidade e/ou programa de características similares ou equivalentes características ó ofertado sumaráselles 0,5 puntos por ano cun máximo de 5, sendo o máximo total deste epígrafe de 20 puntos.

6.2. Por cada ano de servicios efectivamente prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira grupo A ou B noutras administracións (1,5 puntos, cun máximo de 10 puntos). Ós que fosen prestados como jefe de área, sección, unidade e/ou programa de características similares ou equivalentes características ó ofertado sumaráselles 0,5 puntos por ano cun máximo de 5, sendo o máximo total deste epígrafe de 15 puntos.

6.3. Curso de iniciación de galego (1 punto).

6.4. Curso de perfeccionamento de galego (2 puntos). Non acumulables ó anterior.

6.5. Cursos relacionados con axudas e subvencións (1 punto por curso cun máximo de 2 puntos). Os cursos para que se valoren deberán ter como mínimo 20 horas.

6.6. Curso de informática (0,5 puntos cun máximo de 1 punto). Os cursos para que se valoren deberán ter como mínimo 20 horas.

6.7, Por pertencer ó grupo A, 2 puntos. Por pertencer ó grupo B e estar en posesión dunha titulación superior 1,5 puntos.

Para pasar á entrevista persoal a puntuación obtida no concurso deberá ser como mínimo de 20 puntos.

7. Na entrevista persoal avaliarase, ademais da adecuación dos candidatos ó posto de traballo, os coñecementos sobre:

-O contorno xeral do sistema productivo galego.

-O contorno específico da empresa galega.

-A empresa galega. Análise interna.

-Sistemas de apoio horizontal á empresa galega. Especial incidencia ás liñas de axuda do Igape.

-Sistemas de apoio sectorial á empresa galega.

-Igape/Sodigs/Inesga e BIC, como instrumentos de apoio ó sistema productivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1998.

Casto Varela Gesto

Director xeral adxunto do Instituto Galego

de Promoción Económica

10018