Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 10 de novembro de 1998 Páx. 12.089

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de outubro de 1998 pola que se establecen as sedes da inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia e se convoca o procedemento de provisión de postos vacantes nelas.

O Decreto 135/1993, do 24 de xuño, polo que se regulan as funcións e organización da Inspección Educativa na Comunidade Autónoma de Galicia, dispón no seu artigo 17 que a sede do Servicio Provincial de Inspección será a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sen prexuízo de que en determinadas circunstancias, e como consecuencia das necesidades do servicio, algúns postos de traballo da función inspectora teñan a súa sede nunha localidade distinta.

Na Comunidade Autónoma de Galicia existen, ademais das capitais das catro provincias, outras cidades cun elevado número de habitantes que iguala e incluso, nalgúns casos, supera o das capitais provinciais. Por outro lado son, á súa vez, cabeceiras económicas, sociais, culturais e educativas de zonas moi amplas con altos índices de poboación. As esixencias da función inspectora requiren a presencia e actuación directa dos inspectores de educación nestas poboacións, ademais das capitais provinciais que, tendo unha entidade suficiente para o tratamento global das diversas funcións da inspección e que pola súa categoría de referencia obrigada dunha zona de poboación máis ampla, son un punto de encontro ou de aproximación para un elevado número de persoas vinculadas ó sistema educativo.

O Real decreto 2193/1995, do 28 de decembro, (BOE do 30), modificado polo Real decreto 1573/1996, do 28 de xuño (BOE do 29), polo que se establecen as normas básicas para o acceso e provisión dos postos de traballo no corpo de inspectores de educación e a integración nel dos actuais inspectores, establece no seu artigo 15.1º que as administracións públicas educativas competentes convocarán periodicamente concursos de provisión de postos de traballo para funcionarios do corpo de inspectores de educación.

O Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, polo que se regulan os concursos de traslados de ámbito nacional para a provisión de prazas correspondentes ós corpos docentes, establece, na súa disposición transitoria única, a posibilidade de que as administracións educativas con competencias plenas en materia de educación poidan organizar, con anterioridade á celebración do primeiro concurso de traslados de ámbito nacional, procedementos destinados á readscrición dos seus propios efectivos ós postos de traballo da Inspección Educativa do seu ámbito territorial.

Existindo postos vacantes na Inspección Educativa na Comunidade Autónoma de Galicia e sendo necesaria a súa provisión, a Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións que ten conferidas,

DISPÓN:

Primeiro.-Sedes da Inspección Educativa na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. As sedes da Inspección na Comunidade Autónoma de Galicia serán: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo.

2. As sedes da Inspección existentes non recollidas no punto anterior e os inspectores destinados nelas quedarán integrados na sede da capital de provincia respectiva.

3. Os postos de traballo de cada unha das sedes citadas no punto anterior determinaranse oportunamente tendo en conta as demandas de atención á función inspectora xeradas polas características educativas singulares de cada sede e de xeito que poida levarse a cabo unha actuación suficientemente especializada.

Segundo.-Convocatoria de concurso.

Convócase concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Inspección Educativa da Comunidade Autónoma de Galicia das sedes relacionadas no punto primeiro desta orde, así como das resultas que puidesen producirse no proceso de resolución deste concurso.

Terceiro.-Concursantes.

Poderán participar neste concurso:

a) Os funcionarios do corpo de inspectores de educación.

b) Os funcionarios do corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa.

c) Os funcionarios docentes adscritos á función inspectora, pertencentes ó grupo A que tiveran efectuada a primeira renovación de tres anos a que se refería o apartado 7 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificado pola Lei 23/1987, do 28 de xullo.

Cuarto.-Condicións dos concursantes.

1. Participación voluntaria.

Poderán participar voluntariamente neste concurso de traslados os funcionarios que se atopen nalgunha das situacións que se indican de seguido:

a) Situación de servicio activo e con destino definitivo no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e acrediten ter destino definitivo polo menos durante dous anos na praza desde a que participan.

b) Situación de servicios especiais concedida desde un posto dependente da Xunta de Galicia e que acrediten ter destino definitivo polo menos durante dous anos na praza desde a que participan.

c) Situación de excedencia voluntaria concedida desde postos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Participación forzosa.

Estarán obrigados a participar neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios procedentes da situación de excedencia voluntaria que ingresaron no servicio activo e obtiveran, en virtude do devandito ingreso, un destino provisional nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na actualidade.

b) Os funcionarios que tivesen destino provisional nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por outra causa.

Os funcionarios obrigados a participar neste concurso de traslados deberán solicitar, por orde de preferencia, tódalas sedes da Inspección Educativa relacionadas no punto primeiro desta orde.

No suposto de que non participen no presente concurso ou non soliciten suficiente número de sedes, adxudicaráselles libremente destino definitivo en postos que poidan ocupar de calquera das sedes ofertadas; no caso de que non se lles adxudicase destino definitivo, permanecerán en situación de destino provisional na provincia na que están prestando servicios actualmente.

Quinto.-Forma de participación.

1. Os participantes no concurso de traslados solicitarán as sedes da Inspección Educativa nas que aspiran a ocupar praza consignándoas por orde de preferencia, mediante instancia, axustada ó modelo que se publica como anexo I desta convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

2. O prazo de presentación de instancias e documentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. As instancias e documentos poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais, ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que optasen por presenta-la solicitude ante unha oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia poida ser datada e selada na mesma antes de certificala.

Sexto.-Documentación.

1. Os participantes no concurso de traslados deberán xuntarlle canda a instancia de participación os seguintes documentos:

a) Folla de declaración de méritos e servicios alegados, axustada ó modelo que se publica como anexo II desta convocatoria.

b) Documentación xustificativa dos méritos alegados a que se fai referencia no anexo III desta orde.

2. Só se tomarán en consideración aqueles méritos que, debidamente xustificados, se aleguen durante o prazo de presentación de instancias.

3. Tódalas fotocopias que se remitan terán que ir acompañadas das dilixencias de compulsa.

Sétimo.-Resolución do concurso de traslados.

1. O concurso de traslados dos inspectores de educación será valorado por unha comisión formada polos seguintes membros:

Presidente: subdirector xeral de Inspección Educativa, ou persoa en quen delegue.

Vocais: catro inspectores de educación designados por sorteo entre funcionarios do corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa e do corpo de inspectores de educación.

Actuará como secretario, o vocal de menor antigüidade no corpo.

A comisión poderá contar co asesoramento de especialistas, de consideralo necesario. Os membros da comisión estarán suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1982, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Una vez valorados os méritos dos concursantes e unha vez asignadas as puntuacións a eles, a comisión procederá á adxudicación provisional dos postos que poidan corresponderlles de acordo coas súas peticións, coas puntuacións obtidas e co disposto nesta orde.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, acudirase para dirimilos á puntuación outorgada en cada un dos apartados do baremo conforme a orde que aparece nel (anexo III desta orde). De persisti-lo empate, atenderase á puntuación de cada un dos subapartados pola orde que aparecen no citado baremo.

3. A comisión elevará á Dirección Xeral de Persoal a relación ordenada dos concursantes coa expresión das puntuacións parciais e totais obtidas, de acordo co baremo publicado nesta orde como anexo III e a oportuna proposta de adxudicación de prazas.

4. A adxudicación provisional dos destinos farase pública por resolución da Dirección Xeral de Persoal que se publicará no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán presentar reclamacións no prazo de 10 días a partir do día seguinte ó da súa publicación. As reclamacións presentaranse polo procedemento establecido no artigo quinto.3. desta orde.

5. Unha vez estudiadas as reclamacións presentadas, dictarase a orde pola que se resolve con carácter definitivo o concurso de adxudicación de postos. A dita orde publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Toma de posesión.

A toma de posesión dos novos destinos terá lugar na data que oportunamente se determinará na resolución deste concurso.

Noveno.-Interposición de recurso.

Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Solicitude de participación

Datos persoais:

Primeiro apelido Segundo apelido Nome

DNI Rúa/praza Localidade/CP

Datos de identificación:

Corpo ó que pertence Número de rexistro persoal

Data de ingreso no corpo Destino definitivo na actualidade

Para cubrir só se participa por primeira vez con carácter voluntario:

Sinale, rodeando cun círculo, o baremo que desexa que se lle aplique:

Apartado 1.1.3. Apartado 1.1.4.

Solicita ser admitido no concurso de traslados para prover postos vacantes na Inspección de Educación, convocado pola orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 8 de outubro de 1998, e sinala por rigorosa orde de preferencia as sedes nas que aspira ocupar praza

1.4.7.

2.5.

3.6.

Para os efectos declara expresamente que reúne tódolos requisitos esixidos na convocatoria e que xunta os xustificantes dos méritos que se relacionan na folla anexa.

..., ... de... de 1998.

Asinado polo concursante

ANEXO II

Alegación de méritos e servicios

O funcionario que subscribe alega os méritos e servicios que se indican, segundo a orde establecida no anexo III da convocatoria.

1.1.1

1.1.2

1.1.3

1.1.4

1.2.a)

1.2.b)

1.2.c)

1.3.1

1.3.2

1.3.3

2.1.1

2.1.2

2.2.1

2.2.2

2.2.3

2.2.4

2.2.5

2.2.6

En... o... de... de 1998.

ANEXO III

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos

Méritos expresamente indicados na disposición adicional 9.4 da LOXSE

1.1. Antigüidade (ver nota primeira).

1.1.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados en situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo de inspectores de educación ou corpo de inspectores ó servicio da Administración educativa.2 puntosFotocopia compulsada do título administrativo con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Para os efectos de determinar esta antigüidade recoñeceranse, respectivamente, os servicios efectivos prestados desde a data de acceso como docentes á función inspectora de conformidade coa disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, e os prestados como funcionarios de carreira nos corpos de inspectores de procedencia.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos

1.1.2. Por cada ano de servicios efectivos prestados en situación de servicio activo como funcionarios de carreira noutros corpos e escalas docentes ós que se refire a LOXSE.1 puntoFotocopia compulsada do título administrativo con dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano de permanencia ininterrompida como funcionario con destino definitivo no mesmo cadro provincial ou nas unidades territoriais nas que está organizada a inspección educativa.Fotocopia compulsada do título administrativo con dilixencias de posesión e cesamento, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Polo primeiro e segundo ano2 puntos

Polo terceiro ano3 puntos

Polo cuarto e quinto ano4 puntos

Polo sexto e seguintes anos5 puntos

Ós funcionarios obrigados a concursar por ter perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren de situación de excedencia forzosa ou por supresión expresa con carácter definitivo do seu posto de traballo, a puntuación deste apartado será a correspondente ó posto do que foron desposuídos, ós que se acumularán os servicios con destino provisional que tiveran prestado posteriormente.

1.1.4. Ós funcionarios de carreira en expectativa de destino e os que, participando por primeira vez con carácter voluntario, opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este apartado en substitución da correspondente ó apartado 1.1.3. (Véxase nota segunda).Fotocopia compulsada do título administrativo con dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

Por cada ano de servicio1 punto

1.2. Méritos académicos.Ata 10 puntos

a) Doutoramento e premios extraordinarios:

Por ter obtido o título de doutor na titulación alegada para o ingreso no corpo desde o que se concursa ou para o acceso no seu día ós postos de inspección educativa.5 puntosFotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición.

Por premio extraordinario no doutoramento da titulación alegada para o ingreso no corpo desde o que se concursa ou para o acceso no seu día ós postos de inspección educativa.1 puntoDocumento xustificativo del.

Por premio extraordinario na titulación alegada para o ingreso no corpo desde o que se concursa, ou para o acceso no seu día nos postos de inspección educativa.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

Polo título de doutor noutras licenciaturas3 puntosFotocopia compulsada do título de doutor na licenciatura alegada para o ingreso no corpo e cantos outros presente como méritos ou, se é o caso, dos certificados de aboamento dos dereitos de expedición.

Por premio extraordinario noutro doutoramento0,50 puntosDocumentos xustificativo del.

Por premio extraordinario noutra licenciatura0,25 puntosDocumentos xustificativo del.

b) Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non foran alegadas para o ingreso no corpo desde o que se concursa ou para o acceso no seu día ós postos da inspección educativa, valoraranse do xeito seguinte.

Por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes3 puntosFotocopia compulsada do título alegado para o ingreso no corpo e cantos outros presente como méritos ou, se é o caso, dos certificados de aboamento dos dereitos de expedición.

Por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo de licenciatura, arquitectura ou enxeñería.3 puntosFotocopia compulsada do título alegado para o ingreso no corpo e cantos outros presente como méritos ou, se é o caso, dos certificados do aboamento dos dereitos de expedición.

Non serán baremables aqueles destes estudios utilizados para obte-lo título alegado para o ingreso ou algún dos títulos baremados polo apartado anterior.

c) Titulacións de ensinanzas de réxime especial:

As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiales de idiomas e conservatorios de música e danza, valoraranse do siguinte xeito:Fotocopia compulsada do título alegado para o ingreso no corpo e cantos outros presente como méritos ou, se é o caso, dos certificados do aboamento dos dereitos de expedición.

Música e danza: grao medio.1 punto

Escolas oficiais de idiomas:

Ciclo elemental1 punto

Ciclo superior1 punto

Unicamente se terán en conta para efectos da súa valoración os títulos con validez oficial no Estado español.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos

1.3. Formación, perfeccionamento:Ata 8 puntos

1.3.1. Por cursos superados de formación e perfeccionamento, relacionados coa función docente ou inspectora, organizados polas administracións educativas que estean en pleno exercicio das súas competencias educativas, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións anteditas, así como os organizados polas universidades.Ata 4 puntosFotocopia compulsada das certificacións acreditativas.

Puntuaranse 0,10 puntos por cada 10 horas de curso. Para estes efectos, sumaranse as horas de tódolos cursos, e non puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10. De non constar outra cousa, cando os cursos veñan expresados en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.3.2. Por participaren na dirección ou execución de programas educativos, ou impartición de cursos de perfeccionamento convocados e/ou autorizados polas administracións educativas que estean no pleno exercicio das súas competencias educativas.Ata 4 puntosFotocopias compulsadas das certificacións acreditativas.

Puntuaranse 0,25 puntos por cada 10 horas de curso. Para estes efectos, sumaranse as horas de tódolos cursos, e non puntuarán o resto do número de horas inferiores a 10.

II. Outros méritosAta 16 puntos

2.1. PublicaciónsAta 6 puntos

2.1.1. Por investigacións e publicacións que teñan relación coa función inspectora ou coa función docente:Os exemplares correspondentes.

-por libro1,50 puntos

-por artigo en revista especializada0,50 puntos

-por artigo en prensa0,25 puntos

A puntuación dividirase sempre entre o número de autores.

2.1.2. Por investigacións e publicacións relacionadas con temas educativos non recollidas no apartado anterior:Os exemplares correspondentes.

-por libro1,00 puntos

-por artigo en revista especializada0,25 puntos

-por artigo en prensa0,10 puntos

A puntuación dividirase sempre entre o número de autores.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.

2.2. Valoración polo traballo desenvolvido.Ata 10 puntos

2.2.1. Por cada ano de servicio en postos de subdirector xeral de inspección de educación, inspector xeral ou inspector xefe da inspección central de educación básica, de bacharelato ou ensino medio ou coordinador xeral de formación profesional.1,50 puntosFotocopias compulsadas do acordo de nomeamento, coa dilixencia de posesión e cesamento, e se é o caso, certificado de que continúa no cargo.

2.2.2. Por cada ano de servicio en postos de inspector central, inspector central de educación básica, bacharelato ou ensino medio ou coordinador central de formación profesional, secretario ou administrador da inspección central ou inspector coordinador da Subdirección Xeral da Inspección de Educación.1 puntoFotocopias compulsadas do acordo de nomeamento, coa dilixencia de posesión e cesamemento e, se é o caso, certificación de que continúa no cargo.

2.2.3. Por cada ano de servicio en postos de inspector xefe provincial de educación básica ou inspector xefe de distrito de bacharelato ou ensino medio ou coordinador xefe provincial de formación profesional, ou xefe de servicio provincial de inspección técnica de educación ou xefe de división.0,75 puntosFotocopias compulsadas do acordo de nomeamento, coa dilixencia de posesión e cesamento e, se é o caso, certificación de que continúa no cargo.

2.2.4. Por cada ano noutros postos da administración educativa incluídos na relación de postos de traballo de nivel igual ou superior a 26.0,25 puntosFotocopias compulsadas do acordo de nomeamento, coa dilixencia de posesión e cesamento e, se é o caso, certificación de que continúa no cargo.

2.2.5. Por ter acadada a condición de catedrático.1 puntoFotocopia compulsada do documento acreditativo.

2.2.6. Por cada ano como director, xefe de estudios, secretario ou administrador en centros docentes.0,25 puntosFotocopia compulsada do acordo de nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento.

NOTAS:

Primeira.-Valoración da antigüidade. Para os efectos do apartado 1 do baremo computarase o presente curso académico como curso completo. Os servicios aludidos no apartado 1.1.2. non se terán en conta os anos en que foron simultáneos cos servicios dos apartados 1.1.1., 1.1.3, ou 1.1.4.

Para os efectos previstos nos apartados 1.1.1 e 1.1.3, serán computados os servicios que se prestaran na situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos apartados previstos no artigo 29.2º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á Lei 30/1984, do 2 de agosto. Igualmente serán computados, para estes efectos, o primeiro ano de excedencia por coidado dun fillo declarada de acordo coa Lei 4/1995, do 23 de marzo.

Segunda.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario. Estes funcionarios optarán, indicando na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó apartado 1.1.3 deste baremo ou polo apartado 1.1.4.

No caso de exerce-la opción polo apartado 1.1.4, puntuaráselles por este apartado, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que tivesen prestados no posto desde o que participa con destino definitivo.

No suposto de non manifestar opción ningunha na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó apartado 1.1.3.

Terceira.-Cómputo por cada mes fracción de ano. Nos apartados nos que se establezan puntos por ano, para obtene-la puntuación correspondente en cada mes fracción de ano, dividirase por 12 a puntuación fixada por ano.

Cuarta.-Para os efectos previstos no subapartado 2.2.4 non se terán en conta cando sexan simultáneos ós subapartados 2.2.1; 2.2.2 e 2.2.3 do apartado 2.2.

10080