Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno de Ferrol, en sesión celebrada o vintesete de agosto do ano en que estamos, aprobou definitivamente a modificación do plan parcial remodelado enseada da Gándara, así como a normativa urbanística, que literalmente di:

«3. Determinacións urbanísticas que se modifican.

En relación á xustificación descrita e tendo presentes as normas urbanísticas do plan parcial remodelado, así como os planos, redáctase a modificación requirida para a súa tramitación.

3.1. Alcance e contido da modificación.

O criterio fundamental da presente modificación é o cambio de uso da parcela número 23 do polígono, que pasa de te-lo uso de zona de servicio a superficie edificable de parcela, co mesmo uso có resto das parcelas de polígono e rexéndose pola ordenanza xeral.

3.2. Normas urbanísticas que se modifican.

Non se modifica a normativa de aplicación, senón unicamente a cualificación de uso da parcela número 23.

3.2. Puntos da memoria que se modifican.

Non se modifica o contido das ordenanzas, sendo de aplicación as vixentes actualmente.

Unicamente nos puntos 3.5.2 e 3.5.3 da memoria do plan parcial remodelado elimínase a alusión á parcela 23 en canto á necesidade de instalación dun depósito de auga ou grupo de presión, así como a instalación dun centro de transformación. Isto por xa se teren resolto estes servicios sen recorrer ó uso da parcela.

O sexto parágrafo do punto 3.5.2 que dicía:

«Este caudal está correctamente asegurado desde a acometida que discorre pola Avda. do Xeneralísimo, que asegura un caudal de 720 1/seg. A acometida principal lévase pola avenida principal do polígono ata un depósito situado na parcela 23, o cal pode ser ben depósito elevado, cun equipo de bombeo ou ben depósito de presión que o dote da presión necesaria para fornece-las zonas máis afastadas do polígono, ás cales, debido á gran distancia que debe de recorrer, a auga chegaría cunha presión por debaixo dos 5 kg/cm2, esixidos sen o citado depósito».

Queda redactado da seguinte maneira:

«Este caudal está perfectamente asegurado pola rede realizada no polígono que dá servicio de forma mallada á totalidade das parcelas».

E o terceiro parágrafo do punto 3.5.3 que dicía:

«A subministración de enerxía eléctrica realízase mediante unha toma da liña de alta tensión que cruzará o polígono, alimentando un parque de transformación alta-media tensión situado na parcela nº 23 da primeira fase. Deste parque saen varias

ramas de distribución en media tensión que alimentan a centros secundarios de transformación distribuídos polo polígono co fin de evita-las grandes seccións que serían necesarias para a distribución en baixa a partir do parque de transformación. Destes centros secundarios de transformación parten os aneis e ramais de distribución en baixa que alimentan cada unha das parcelas».

Queda redactado como segue: «A subministración de enerxía eléctrica realízase mediante a instalación dunha rede de transformadores distribuídos pola totalidade do polígono, conseguíndose así un óptimo reparto de tensións e mínimas perdas».

Estas modificacións limítanse a recolle-la realidade física da urbanización realizada e xa en funcionamento desde hai anos.

3.3. Planos do plan parcial que se modifican.

A modificación afecta unicamente o plano 4 Parcelario (non vinculante), onde se reflicte o uso das parcelas, pasando o uso da parcela 23 de zona de servicios a superficie edificable de parcela.

A vía peonil de conexión coa zona verde pública V47 será urbanizada con cargo á edificación da parcela 23.

Os planso 6 e 7 de auga, 8 e 9 de electricidade e 10 e 11 de saneamento, coas infraestructuras que se prevían no documento de aprobación de decembro de 1973, son substituídos polos planos de estado actual das infraestructuras que se recollen no anexo II...».

O que se fai pública para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a aprobación definitiva, logo de comunicación ó órgano municipal que a adoptou, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que coide conveniente.

Ferrol, 23 de setembro de 1998.

O alcalde

Rubricado

10077