Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 14-10-1998, o proxecto de modificación puntual do PXOU vixente na zona da ponte da Estación-Ponte Romai, redactado polos arquitectos José Arias Jordán e Luis Asorey Daviña.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla,

nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias de parcelamento de terreos, edificación e demolición na totalidade dos terreos comprendidos no seu ámbito, que supoñan modificación das determinacións do réxime urbanístico vixente, sendo o prazo desta suspensión o dun ano.

Area de suspensión:

Norte: rúa Virxe dos Ollos Grandes, rúa Tres Marías. Camiño Romai, rúa Casas Vellas e Ponte Romai.

Sur: praza Conde Fontao e rúa Carlos Azcárraga.

Leste: Serra de Meira e Calzada das Gándaras.

Oeste: avenida Duquesa de Lugo, rúa Alexandre Bóveda, rúa Río Sil e rúa Alta.

Contra o acordo de suspensión do procedemento de outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Lugo, 20 de outubro de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente-alcalde delegado de Área

9572