Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello, en sesión celebrada o día 1 de outubro de 1998, adoptou acordo da modificación da oferta de emprego do concello para o ano 1998, incluíndo a seguinte praza:

* Persoal funcionario:

-Grupo, conforme artigo 25 da Lei 30/1984: D.

-Clasificación: escala de Administración especial.

-Subescala: servicios especiais.

-Clase: policía local.

-Nº de vacantes: unha.

-Denominación: garda da policía local.

Oleiros, 5 de outubro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9571