Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 09 de novembro de 1998 Páx. 12.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de concurso.

Anuncio de licitación. De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso, con procedemento aberto, para adxudica-las obras de ampliación do cemiterio municipal de Fene, 2ª fase do cuarteirón G, consonte o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras de ampliación do cemiterio municipal de Fene, 2ª fase do cuarteirón G.

2. Tipo de licitación: sinálase como tipo de licitación máximo o de 45.629.380 pesetas, IVE incluído.

3. Duración do contrato: o prazo de execución das obras é de cinco (5) meses.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida 1998.443.689.00 do orzamento muncipal de gastos.

5. Exposición de pregos de cláusulas administrativas: durante os oito primeiro días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, na secretaría do concello suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

6. Exposición do proxecto: o proxecto das obras foi aprobado pola corporación municipal en sesión do 15 de outubro de 1998 e permanecerá exposto ó público na Secretaría deste concello por espacio dun mes.

7. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional será de 912.599 ptas. e a definitiva de 1.825.175 ptas.

8. Clasificación do contratista: requírese a clasificación no grupo C, edificacións, subgrupo 2, estructura de fábrica ou formigón, categoría d.

9. Presentación de proposicións: durante os venteseis días naturais seguintes ó da publición do anuncio de licitación no BOP e no DOG, en horas das 10 ás 13, no rexistro xeral da Casa do Concello, en tres sobres pechados asinados polo licitador ou persoa que represente.

10. Apertura do sobre que conterá a proposición económica: terá lugar ás 11 horas de sétimo día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: as proposicións axustaranse ó seguinte modelo:

Don/Dona ..., con domicilio en ... rúa ... nº ... teléfono ... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº ... actuando en nome propio (ou en representación de ... DNI ou CIF nº ... e con domicilio en ... nº ... teléfono ...) toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ... e para tales efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ... ptas. que significa unha baixa de ... ptas. en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

En ..., ... de ... de 19...

O licitador (asinado e rubricado).

Fene, 16 de outubro de 1998.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde

9535