Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-181/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se menciona as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 3110001181, da Caixa Galicia (2091), clave (90) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de outubro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-181/1997.

Denunciado: Adolfo Álvarez Pérez.

Último domicilio coñecido: Val Miñor, 5-7º H, Vigo.

Feito denunciado: transitar por un refuxio de caza cun can sen a debida dilixencia para evitarlle molestias ás pezas de caza, as súas crías e seus ovos, o día 29 de novembro de 1997, no termo municipal de Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 57.11º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.

9503