En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico no río Canda, denominado Central de Cando, promovido por Lemfi, S.A., situado no concello da Veiga, provincia de Ourense.
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.
* Concello da Veiga.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
9502