Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-228/1997 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictada no expediente que por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de outubro de 1998.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-228/1997.

Denunciado: José Manuel Alfonso Aguiar.

Último enderezo coñecido: Redondelo-Tortoreos. As Neves.

Feito denunciado: cazar en terreno cinexético especial, couto PO-10.047, sen levar consigo a preceptiva autorización, o día 18 de decembro de 1997, termo municipal As Neves.

Precepto infrinxido: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

9614