Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 04 de novembro de 1998 Páx. 11.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación dos expedientes L-VR-0932/1995 e L-VR-2549/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, transcorrido o prazo previsto para a realización das obras aprobadas provisionalmente dos expedientes solicitados ó abeiro do Decreto 142/92, do 5 de xuño, e ó non ter recibido a preceptiva comunicación de remate delas, comunícaselles que lle deberán remitir a esta delegación do IGVS a mencionada comunicación de remate, xunto coas fotografías que mostren tódolas obras realizadas co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente segundo o previsto no artigo 9 do citado decreto.

Advírteselles que, de non facelo desde que transcorran tres meses a partir da publicación do presente requirimento, se producirá a caducidade do procedemento cos efectos previstos no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino a presente cédula en Lugo o 30 de setembro de 1998.

José A. Cobreros Aranguren

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: L-VR-0932/1995.

Solicitante: José Vázquez Arias.

Último enderezo: Sanfiz Marcelle, Monforte.

Expediente: L-VR-2549/1995.

Solicitante: Mª Trinidad Blanco Iglesias.

Último enderezo: A Pena - Barreiros.

9507