Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.872

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (259/1996).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador José Luis Chouciño Mourón, en nome e representación de José Manuel Mato Mato, contra Ana María Mato Verdes e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 31 de xullo de 1997 a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous da vila de Carballo e o seu partido, pronunciou no nome da S.M. El Rei de España, a seguinte sentencia:

«En Carballo o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Vistos os presentes autos de xuízo de separación conxuxal número 259/1996, seguidos por instancia de José Manuel Mato Mato, domiciliado en Froxán número 48, Ponteceso, representados polo procurador Chouciño Mourón e defendidos polo letrado Varela Pet, contra Ana María Mato Verdes en ignorado paradoiro e con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimo a demanda presentada polo procurador Chouciño Mourón en nome e representación de José Manuel Mato Mato en contra de Ana María Mato Verdes e na súa virtude debo declarar e declaro a separación matrimonial de ámbolos cónxuxes con tódalas consecuencias legais inherentes a tal pronunciamento, debendo seguila situación persoal e patrimonial dos cónxuxes conforme queda dito no fundamento segundo desta resolución que se dá aquí por reproducido. Non se fai expresa imposición de custas. Firme a presente resolución, practíquense as inscricións marxinais pertinentes no Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio, librándose para o efecto os oportunos despachos. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte día da súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Déixese testemuña da presente resolución nos autos a que se refire e arquívese o orixinal no libro de sentencia que se leva neste xulgado. Así,

por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ó/s demandado/s rebelde/s Ana María Mato Verdes, con DNI/CIF domiciliado en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Carballo o trece de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

9566