Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.872

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (180/1998).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado baixo o número 180/1998, por instancia de Faustino García Maroño, representado polo procurador Pena Martínez, sobre declaración de validez de contrato de compra-venda e outros extremos; por medio da presente cédula emprázase os demandados Antonio García García, Dolores Etelvina García Louro e herdeiros de María Dolores Louro Fernández, con últimos domicilios en Ollerias Altas, número 7, Bilbao, San Isidro, 2-2º A, Murcia e Claveles, 10-2º Dta., Oviedo, respectivamente, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días comparezan nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaeren sobre eles os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento en forma ós devanditos demandados, a quen se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de outubro de mil novecentos noventa e oito.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

9529