Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7023; XG-397, entre Pontevedra, Cangas, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da concesión

(ampliación de tráficos Pontevedra -CUVI) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7023; XG-397, entre Pontevedra, Cangas, Bueu, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, con anexos, da titularidade da empresa Transportes La Unión, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo de quince día contados a partir do día da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9840