Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 03 de novembro de 1998 Páx. 11.871

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1998 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para ingreso na escala auxiliar desta universidade.

En relación coa convocatoria de probas selectivas para cubrir 31 prazas da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, publicada no Diario Oficial de Galicia, do 9 de xullo de 1998 (nº 131).

O rector, en uso das competencias que lle están atribuídas polo artigo 18 da Lei 11/1983, de reforma universitaria, en relación co artigo 3 e), así como nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, resolve:

Modifica-la composición do tribunal que figura na convocatoria, nomeando os seguintes:

-Mª Dolores Varela Míguez, funcionaria da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, como vocal titular en substitución de Mª del Pilar Parguiña Fernández.

-Mercedes Julia Fandiño Suárez, funcionaria da escala auxiliar da Universidade de Santiago de Compostela, como vocal suplente, en substitución de Mª Dolores Varela Míguez.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderá formularse, logo da notificación a este rectorado, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

9567