Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.827

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se convoca o concurso de traslados das prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo dos corpos nacionais de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza dotados orzamentariamente, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico do corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordenadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñen convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte no presente concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ós devanditos corpos, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non remataran o período de suspensión, sempre que reúnan as condicións para concursar conforme o establecido no artigo 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

2. Poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I desta convocatoria, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

As devanditas vacantes identificaranse polo código do centro de destino, relación de postos de traballo e número de orde do posto de traballo.

3. Tamén se poderán solicita-los postos que queden vacantes nas relacións de postos de traballo da Administración de xustiza como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, agás que se pretendan amortizar ante proxecto avanzado ou en trámite de negociación de modificación do cadro de persoal orgánico ou reordenación de efec

tivos dun centro de traballo, respectándose a porcentaxe máxima de desviación por dotacións totais e corpos do cinco por cento do cadro de persoal.

Os postos de traballo teñen que se identificar polo código de centro de destino, relación de posto de traballo e número de orde de posto de traballo (nunca o número de orde de convocatoria), precisándose todo iso para identifica-lo posto solicitado. Coa soa solicitude dun posto de traballo dun órgano xudicial, enténdese pedidas tódalas vacantes do corpo existentes no dito órgano.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exerce-lo dereito que se lles recoñece de solicita-las resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución e durante o período de presentación de solicitudes, expoñeranse nos taboleiros de anuncios das xerencias territoriais do departamento e, a través delas, nas sedes dos tribunais superiores de Xustiza e audiencias provinciais, no Servicio de Información do Ministerio de Xustiza e nos departamentos competentes das consellerías das comunidades autónomas con transferencia de funcións en materia de provisión de medios persoais ó servicio da Administración de xustiza, a seguinte documentación que permita identificar e solicitar adecuadamente os postos:

Relación de postos de traballo da Administración de xustiza da mesma natureza cós convocados que se poidan solicitar con identificación do centro de destino, relación de postos e número de orde dos postos en cuestión.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57.c) do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios en servicio activo con destino provisional nos órganos que se oferten estarán obrigados a participar no presente concurso.

No caso de que non obtiveran destino en concurso, atribuiráselle-lo desempeño con carácter provisional dun posto correspondente ó seu corpo.

3. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996, (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreran dous anos como mínimo desde que fosen declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996 só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do último destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34.a) do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, gozarán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu o seu cesamento no servicio activo, de dereito preferente para ocupala. Para exerceren este dereito deberán de solicitar tódalas vacantes que se ofertan na localidade para a que se exerce a preferencia.

6. Non poderá adxudicárselles ós funcionarios un posto de traballo correspondente ó mesmo centro onde estean destinados coa excepción prevista no artigo 52.c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ó regula-la reordenación de efectivos.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valora-la antigüidade e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, e os coñecementos informáticos naquelas prazas para as que así se estableza.

1. Antigüidade. Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios, e computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma ou homologación do título achegado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

a) Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

3. Coñecementos informáticos. Nas prazas que se vaian prover que comporten especiais coñecementos informáticos e que así se sinalen nas relacións de prazas tanto do anexo como de resultas, a quen acredite mediante fotocopia compulsada de certificación oficial os ditos coñecementos, outorgaráselles para estes efectos ata 6 puntos, ademais da antigüidade ou dos puntos obtidos polo coñecemento da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma que corres

ponda, de conformidade co establecido no punto 10 do artigo 54 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro. Para tal efecto teranse en conta os seguintes criterios:

1º Nivel 1: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Educación e Cultura, Ministerio de Xustiza, Ministerio para as Administracións Públicas, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Comunidades Autónomas sen competencias transferidas e centros homologados e/ou recoñecidos, 0,50 puntos por curso, cun máximo de dous puntos.

2º Nivel 2: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e Departamentos de Xustiza das Comunidades Autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Admón. de xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de ata 100 horas lectivas, tres puntos.

3º Nivel 3: certificados oficiais de asistencia e/ou aproveitamento de cursos de informática expedidos polo Ministerio de Xustiza e Departamentos de Xustiza das Comunidades Autónomas con competencia en materia de xestión de persoal ó servicio da Admón. de xustiza e centros homologados e/ou recoñecidos, cunha duración de máis de 100 horas lectivas, cuatro puntos.

4º Nivel 4: títulos de formación profesional II ou III grao, especialidade informática, diplomatura en informática, catro puntos.

5º Nivel 5: licenciatura en informática, seis puntos.

Os devanditos criterios non terán carácter acumulativo. No caso de que o funcionario alegue coñecementos informáticos aplicables a dous ou máis criterios considerarase únicamente aquel que lle otorgue maior puntuación, e para o caso de non constaren as horas do curso impartido polo Ministerio de Xustiza ou Comunidade Autónoma con competencia en xestión de persoal ó servicio da Admón. de xustiza, considerarase do valor dos sinalados no punto 2º desta clasificacón.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado o seu posto de traballo, situados no territorio nacional, sen competencias transferidas, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II da resolución do Ministerio de Xustiza no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado e DOG, dirixidas ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

Os funcionarios destinados nos xulgados ou tribunais de Galicia interesados nas prazas que se ofertan neste concurso presentarán a súa solicitude ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o modelo e prazo referido no parágrafo anterior.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de posto de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do Art. 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes, que desexen solicitar prazas ofertadas no presente concurso na súa calidade de oficial ou auxiliar, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II desta resolución prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da resolución no Boletín Oficial del Estado dirixidas ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar no presente concurso, como os excedentes forzosos aínda que tiveren un destino provisional, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo, os participantes con destino provisional por teren reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II desta resolución no prazo dos 10 días naturais seguintes ó da publicación da resolución no Boletín Oficial del Estado dirixidas ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitude poderán remitirse tamén na forma prevista no Art. 38 da Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das duas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, Xerencias Territoriais ou Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano s/n 15701 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de Galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no con

curso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidera acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadirán á súa solicitude declaración de non teren sido separados de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante. Do mesmo modo mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo, polo que o seu destino se ofrecerá como praza vacante en concepto de resultas.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario, unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

Quinta..-Peticións condicionadas.

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous funcionarios pertencentes ós corpos de oficiais, auxiliares e axentes, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadise a fotocopia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia de solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Tramitación.

As unidades de persoal das xerencias territoriais do Ministerio de Xustiza onde tiveran entrada as solicitudes de participación no presente concurso, a Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza e a Comunidade Autónoma Galega efectuarán a gravación no proceso informático.

Rematado o dito proceso, se efectuará a baremación, conforme os datos que figuran no anexo III da resolución do Ministerio de Xustiza.

Este anexo III de cada participante farase chegar ós solicitantes mediante envío á sede do órgano de destino actual do funcionario ó seu domicilio se se atopara en excedencia por interese particular, por coidado de fillos ou por agrupación familiar, de xeito que deberá de facer constar na solicitude o domicilio de notificación.

Os funcionarios interesados expresarán no prazo de 10 días a súa conformidade cos datos que constan no anexo III ou a súa desconformidade con algún deles, solicitando a súa corrección, para o que deberán achegar no dito prazo a proba documental oportuna e fotocopia selada da instancia que presentaron no seu día, todo de acordo co establecido no artigo 71.1º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez asinado o apartado correspondente, será devolto ás unidades de persoal que procederon á gravación informática como proba de conformidade ou non, cos datos que constan no citado anexo III.

A non devolución do dito anexo III no prazo establecido entenderase como mostra de conformidade e aceptación dos datos contidos nel.

Sétima.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde de escalafón do funcionario.

Oitava.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Novena.-Resolución e prazo posesorio.

1. A presente convocatoria resolverase por resolución provisional do director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza por delegación do secretario de Estado de Xustiza de forma coordinada cos órganos competentes das comunidades autónomas do País Vasco, Cataluña, Galicia, Comunidad Valenciana, Canarias y Andalucía, de forma que se publiquen simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, das xerencias territoriais de Xustiza, das comunidades autónomas mencionadas, así como nos dos tribunais superiores de Xustiza e audiencias provinciais.

2. A resolución provisional expresará o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta da de activo e o

posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra as resolucións provisionais polas que se resolvan os concursos de traslado cabe formular alegacións no prazo de dez días desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, perante a autoridade a quen se dirixiu a petición de participación no presente concurso, utilizando para iso o modelo que se xunta á resolución do Ministerio de Xustiza como anexo IV. Resoltas estas, por outras resolucións, o concurso de traslados obterá firmeza.

Aquelas alegacións que non foran resoltas expresamente consideraranse desestimadas ante a publicación da resolución definitiva do concurso.

4. As resolucións definitivas do concurso poderán separarse por corpos, co fin de que os cesamentos dos funcionarios concursantes, oficiais, auxiliares e axentes, poidan ser graduados no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data puidera ser prexudicial para o servicio público.

5. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido atoparase dentro do establecido no Art. 55 do regulamento orgánico aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, pero cando teña lugar dentro da mesma poboación, deberá efectuarse nos oito días naturais seguintes ó cesamento.

6. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

7. Se a resolución comporta reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá comezar a contar desde a dita publicación.

8. Se non se lograra a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

9. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Décima.-Recursos.

Contra a presente convocatoria poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado logo de comunicación a este centro de acordo co establecido no Art. 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 20 de agosto de 1993).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 1998.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO I

DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLODOTACIÓNPREFERENCIAS

COMUNIDADE AUTÓNOMA

DE GALICIA

CÓDIGO

RTP

Nº ORDE

OFIC.

AUX.

AXENT.

IDIOMA

INFORMÁTICA

OFI.AUX.AXE.

DECANATO DA CORUÑA925202101500135--3--1SINON

SERVICIO COMÚN DE NOTIFICACIÓNS DE EMBARGOS DA CORUÑA9252021215001352--6--SINON

1ª INSTANCIA NÚM. 1 DA CORUÑA925210011500135-4--1-SISI

INSTRUCCIÓN NÚM. 2 DA CORUÑA925220021500135-5--1-SISI

INSTRUCCIÓN NÚM. 3 DA CORUÑA925220031500135-5--1-SISI

INSTRUCCIÓN NÚM. 5 DA CORUÑA92522005150013545-11-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. DE ARZÚA (A CORUÑA)925230001506035--5--1SINON

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 1 DE FERROL (A CORUÑA)925230011535035-5--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 3 DE RIBEIRA (A CORUÑA)925230031572035-4--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 4 DE SANTIAGO (A CORUÑA)925230041577035--5--1SINON

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 6 DE SANTIAGO (A CORUÑA)925230061577035-4--1-SISI

SOCIAL NÚM. 1 DA CORUÑA925260011500135-4--1-SISI

SOCIAL NÚM. 2 DA CORUÑA9252600215001353--1--SISI

SOCIAL NÚM. 2 DE SANTIAGO (A CORUÑA)9252600215770353--1--SISI

VIXILANCIA PENITENCIARIA DA CORUÑA925270001500135--5--1SINON

CONTENCIOSO ADM. DA CORUÑA925240001500135345242SISI

PAZ DE PONTECESO (A CORUÑA)925290001567035--1--1SINON

AUDIENCIA PROVINCIAL DE LUGO925122042700135--6--1SINON

FISCALÍA PROVINCIAL DE LUGO925136002700135-7--1-SISI

SERVICIO COMÚN DE NOTIFICACIÓNS E EMBARGOS DE LUGO92523212270013512-41-SINON

SOCIAL Nº 1 DE LUGO925260012700135-4--1-SISI

MENORES DE LUGO925280002700135--5--1SINON

CONTENCIOSO ADM. DE LUGO925240002700135345242SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 6 DE OURENSE925230063200135--5--1SINON

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 2 DO CARBALLIÑO (OURENSE)925230023219035345232SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 1 DE VERÍN (OURENSE)92523001328403545-11-SISI

SOCIAL Nº 2 DE OURENSE925260023200135--5--1SISI

PENAL Nº 1 DE OURENSE925250013200135-4--1-SISI

CONTECIOSO ADM. DE OURENSE925240003200135345242SISI

ADSCRIPCIÓN FISCALÍA DE VIGO (PONTEVEDRA)925136013656035-5--1-SISI

DECANATO DE VIGO (PONTEVEDRA)925202103656035-2--1-SINON

DECANATO DE PONTEVEDRA925202103600135--2--1SINON

DECANATO. OFICINA REXISTRO E REPARTO DE PONTEVEDRA925203023600135-2--1-SISI

SOCIAL Nº 1 DE PONTEVEDRA9252600136001353--1--SISI

CONTECIOSO ADM. DE PONTEVEDRA925240003600135345242SISI

SOCIAL Nº 3 DE VIGO (PONTEVEDRA)9252600336560353--1--SISI

1ª INSTANCIA Nº 4 DE VIGO (PONTEVEDRA)925210043656035-4--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 2 DE CANGAS (PONTEVEDRA)925230023608035--5--1SINON

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 1 DE CAMBADOS (PONTEVEDRA)925230013606035-5--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 2 DE CAMBADOS (PONTEVEDRA)925230023606035--5--1SINON

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 1 DE LALÍN (PONTEVEDRA)9252300136240354--1--SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 2 DE MARÍN (PONTEVEDRA)925230023626035-4--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. DE REDONDELA (PONTEVEDRA)925230003644035-4--1-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 1 DE TUI (PONTEVEDRA)92523001365403545-11-SISI

1ª INSTANCIA E INSTRUC. NÚM. 2 DE VILAGARCIA DE AROUSA (PONTEVEDRA)9252300236590353--1--SISI

PENAL Nº 1 DE PONTEVEDRA925250013600135-4--1-SISI

PENAL Nº 2 DE PONTEVEDRA925250023600135-4--1-SISI

PENAL Nº 1 DE VIGO (PONTEVEDRA)925250013656035-4--1-SISI

SOCIAL Nº 2 DE VIGO (PONTEVEDRA)925260023656035--5--1SINON

9744