Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Por resolución do 29 de setembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 194, do 6 de outubro de 1998, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás

probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas pola Orden do 4 de xuño de 1998, publicada no DOG nº 121, do 25 de xuño de 1998. Esta Dirección Xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas, de luns a venres, e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base 1.3.1., os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, e deberán consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentaron e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación defintiva de excluídos do proceso selectivo para o acceso o corpo superior de Administración, escala de estatísticos (grupo A) acceso libre.

Apelidos e nomeDNICausas

exclusión

Burgos Prieto, María Jesus52.126.24410

García Fernández, Emma34.971.26430

Pérez Fernández, Antonio76.709.69320

Causas de exclusión.

10Instancia fóra de prazo.

21Taxas baremo non aboadas.

30Falta DNI ou DNI incorrecto

9743