Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 20 de outubro de 1998, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base III.8 da Orde do 4 de xuño de 1998, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos (DOG nº 121, do 25 de xuño), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no citado corpo, adoptado na sesión celebrada na dita data, faise público o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes na forma que se indica a continuación :

O exercicio celebrarase o día 9 de novembro de 1998, ás 9 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1998.

José Antonio Campo Andión

Presidente do tribunal

9790