Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.814

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Policlínico Vigo, S.A. (Povisa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Policlínico Vigo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial ó día 21-8-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 7-8-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de agosto de 1998.

Fco. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial de Pontevedra en funcións

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) o persoal dependente dela.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas nel constitúen un todo orgánico, e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas coas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a orixe ou causa delas. Así mesmo, poderán ser absorbidas por calquera outra condición superior que, fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidesen aplicarse no sucesivo.

Artigo 4º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outras, e, en todo caso, será de aplicación supletoria a correspondente lexislación laboral vixente.

Artigo 5º.-Vixencia e duración.

Independentemente da súa publicación no BOP, o presente convenio producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 1998 e ata o 31 de decembro de 1999. Así mesmo, ós traballadores seranlles de aplicación tódolos acordos deste convenio durante o mesmo período. O presente convenio, terminada a súa vixencia, continuará en vigor na súa totalidade ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a mesa negociadora del constitúe unha comisión paritaria integrada por un membro de cada sección sindical con representación no comité de empresa e o mesmo número de membros pola dirección. Na súa primera reunión elixiranse o presidente e o secretario.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

-Resolución de cuantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

-Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado e atención das denuncias de incumprimento.

Tanto a dirección como o persoal están obrigados a facilita-las tarefas e a cooperar coa comisión paritaria para o seu mellor desenvolvemento.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Capítulo II

Remuneracións

Artigo 8º.-Estructura salarial.

Salario.

Enténdese como estructura salarial a totalidade dos conceptos que conforman o salario e que se relacionan a continuación, sen prexuízo dos dereitos á súa percepción por cada traballador en función do seu devengo e da particular regulación que cada concepto ten no presente convenio.

Salario base.

Complementos:

* Persoais.-Antigüidade: nos termos establecidos no artigo 10.

-Complemento extrasalarial.

-Gardería.

Gratificación persoal: este concepto engloba as retribucións denominadas gratificación especial, cmplemento voluntario e outras gratificacións.

* Posto de traballo.

-Gratificación nocturnidade.

-Gratificación de xornada partida.

-Gratificación de risco.

-Gratificación de especialidade.

-Gratificación categoría.

-Xefatura.

-Coordinadores e supervisoras.

* Calidade-Cantidade.

-Incentivos.

-Gardas.

-Horas extraordinarias.

* Suplidos:

-Plus de transporte e distancia.

* Gratificacións extraordinarias:

-Paga de abril.

-Paga de xullo.

-Paga de setembro.

-Paga de decembro.

Os complementos de posto de traballo que teñan a súa orixe nun nomeamento específico realizado pola empresa, irán indisolublemente unidos ó desempeño da función e durante a vixencia do nomeamento.

Con independencia do establecido no parágrafo anterior, durante a vixencia deste convenio respectaranse, na súa contía as gratificacións persoais e complementos extrasalariais que o traballador veña percibindo na actualidade, en categorías de ATS e inferiores.

Artigo 9º.-Remuneracións.

A.-O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberá rexerse polos salarios que se relacionan na táboa anexa ó texto deste convenio.

B.-Establécese para o primeiro ano de vixencia, un incremento lineal para tódalas categorías de 3.500 ptas. (tres mil cincocentas pesetas), sobre o soldo base da táboa salarial do ano 1997.

Aplicarase unha revisión salarial para o caso de que o IPC nacional supere o 2% durante o ano 1998, no exceso que supere o dito IPC sobre o soldo base do ano 1997.

C.-Para o segundo ano de vixencia establécese un incremento lineal para tódalas categorías de 3.000 ptas. (tres mil pesetas) sobre o soldo base na táboa salrial do ano 1998.

Aplicarase unha revisión salarial para o caso de que o IPC nacional supere o previsto polo Goberno para 1999, no exceso que supere o IPC establecido, sobre o soldo base de 1998, incluída a revisión do IPC que, se é o caso, se aplicase.

D.-A liquidación das nóminas do persoal levarase a efecto a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de retraso cunha entrega a conta, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade teórica e actualizándose anualmente co incremento por convenio do exercicio correspondente.

Artigo 10º.-Antigüidade.

Ata o 30 de xuño de 1998, todo o persoal afectado por este convenio percibirá un complemento de antigüidade consistente nun 7% do seu salario por cada trienio cumprido, desde a súa data de ingreso na empresa.

A partir do 1 de xullo de 1998, o traballador manterá a antigüidade que percibe, incrementándose esta coa parte proporcional do trienio devengado e non percibido no 30 de xuño de 1998. O importe resultante manterase como un complemento retributivo ad personam extinguíndose xuntamente co cesamento do traballador na empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos citados, a todo o persoal afectado por este convenio, aplicaráselle para a totalidade dos niveis profesionais da táboa salarial anexa e de forma proporcional á xornada de traballo realizada, unha compensación económica como complemento persoal, nos termos sinalados na táboa que a continuación se inclúe, consolidando a partir do ano 2006 un incremento lineal de 25.000 ptas. mensuais, incrementadas no IPC que se aplicase desde

o ano 2000 ó 2005, ambos incluídos; o importe dos cales incrementará o soldo base vixente no ano 2006 de todo o cadro de persoal existente na empresa.

O persoal de nova incorporación, contratado a partir do 1 de xullo de 1998, percibirá desde o 1 de xaneiro de 1999 o complemento persoal reflectido na táboa anexa.

Este complemento citado aboarase en doce meses ata o ano 2005, con exclusión das gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 11 do presente convenio.

Ano 1999. 3000 ptas ó mes.

Ano 2000. 6.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2001. 9.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2002. 13.000 ptas ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2003. 17.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2004. 21.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Ano 2005. 25.000 ptas. ó mes máis IPC ano anterior.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense catro gratificacións extraordinarias de 15 de abril, 15 de xullo, 15 de setembro e 15 de decembro, consistentes cada unha delas nunha mensualidade de soldo base, incrementado coa antigüidad recoñecida, complemento extrasalarial e gratificación categoría, prorrateándose en función do tempo de servicio no período a que corresponde.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa anexa ó texto do convenio, coa recarga dun 30% para nocturnidade, 25% para medicina nuclear e 20% para radioloxía.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias corresponderá á dirección e á libre aceptación ou denegación do traballador, coa excepción daqueles casos que, por considerarse de urxencia ou emerxencia, extará obrigado a realizar. Se o persoal afectado se considerase prexudicado ante posibles valoracións de urxencia por parte da dirección, pode recorrer ante o comité, que iniciará as accións oportunas.

As comunicacións de horas extraordinarias serán feitas por escrito e asinadas polo xefe de servicio ou sección respectiva.

As horas extraordinarias non poden en ningún caso ser fixas na súa contía, nin periódicas no seu devengo, nin aplicables en forma acumulada e dunha soa vez; ademais procurarase que sexan repartidas equitativamente entre todo o persoal do servicio ou sección respectiva.

Artigo 13ª.-Plus de risco.

O persoal que exclusiva ou preferentemente preste servicios en radioloxía e medicina nuclear percibirá un plus de Perigosidade, consistente nun 20 % e un 25 % respectivamente do seu soldo base, complemento extrasalarial e antigüidade recoñecida.

Artigo 14º.-Plus de especialidade.

Todo o persoal que en posesión do certificado correspondente expedido por Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) como consecuencia dos cursos que vén realizando e preste os seus servicios exclusiva ou preferentemente no servicio a que corresponda a dita especialidade, percibirá mensualmente unha gratificación de 1.000 ptas. (mil pesetas).

Artigo 15º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade na contía dun 30% sobre o salario base de cada traballador, o cual percibira sobre as horas efectivas traballadas, entendéndose ó respecto como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 8 horas.

Artigo 16º.-Plus de distancia e transporte.

Policlínico Vigo, S.A. aboará durante a vixencia deste convenio a tódolos traballadores que residan habitualmente fóra do núcleo urbano de Vigo, a cantidade de 10 ptas. (dez pesetas) por quilometro diariamente recorrido desde o seu domicilio ata o casco urbano e viceversa, co límite de 350 ptas. (trescentas cincuenta pesetas).

Policlínico Vigo, S.A. aboará, así mesmo, a tódolos seus traballadores un plus de transporte mensual, cunha contía que se establece na táboa de salarios anexa.

Artigo 17º.-Plus de festivos.

Por cada festivo traballado, nacional, autonómico ou local, o traballador percibirá un plus de festivo consistente na contía de 1.000 ptas. (mil pesetas) quedando excluídos do dito plus aqueles traballadores que foran contratados a tempo parcial para realiza-la súa xornada de traballo nos ditos festivos, así como os que a realicen e perciben a súa retribución polo concepto de garda.

O presente plus será aboadao a tódolos traballadores a xornada completa sempre e cando parte dela se desenvolva nos citados festivos, con independencia das horas traballadas.

Artigo 18º.-Incentivos.

Para premia-la dedicación, competencia, colaboración e puntualidade, o persoal, con excepción do director técnico, xefes de servicio, xefes de sección e facultativos, percibirán a retribución aboada pola empresa en concepto de incentivo, cunha contía mínima mensual que poderá variar entre 5, 10, 15 e 20% sobre os salarios establecidos no anexo II deste convenio. O 5% de incentivos considerarase fixo, o cal se perdería totalmente polos motivos seguintes:

a) Acumulación de retrasos que resulten superiores a sesenta minutos ó mes.

b) Unha falta de xornada inxustificada.

c) Seis retrasos inferiores a quince minutos cada un e por mes, durante tres meses consecutivos. O incentivo descontarase no cuarto mes.

d) Tres veces por faltas ou ausencias de xornadas completas no mesmo mes, xustificadas posteriormente.

e) Sanción con amoestación ou suspensión de emprego e soldo. Aínda cando a sanción fose modificada pola dirección, oído o comité de empresa, o incentivo que se conceda rebaixarase nun 0, 20, 40, 60, 80 ou 100%.

Capítulo III

Xornada de traballo, permisos e excedencias

Artigo 19º.-Xornada de traballo.

Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha xornada máxima de 1.780 horas de traballo efectivo ó ano, distribuídas nas seguintes quendas:

1. Xornada continuada.

a) Os traballadores sometidos a quenda de mañá, tarde e noite distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de 42 horas de presencia e 39 horas efectivas de traballo semanais. Na quenda nocturna, o persoal feminino e masculino que realice funcións sanitarias auxiliares, porteiros, celadores de portería e administrativos de urxencias, realizarán a súa xornada diaria en días alternos, distribuíndose na forma que se viña realizando. As horas así distribuídas, que excedan das limitacións legais, serán compensadas na forma que se viña facendo e ademais, por este concepto este persoal terá dereito a dous días de descanso ó ano, que se desfrutarán preferentemente, en período non vacacional.

b) Os traballadores sometidos a quenda de mañá e tarde distribuirá a súa xornada, semanalmente, da forma seguinte:

Corenta e unha horas de presencia e 38 horas efectivas de traballo semanais.

c) Todo o persoal sometido a quendas descansará 30 minutos diarios, cun período que é diferencia entre as horas de presencia e as horas efectivas de traballo.

2. Xornada partida.

a) Os traballadores sometidos a xornada partida realizarán 40 horas semanais de presencia distribuídas da seguinte forma:

Trinta e oito horas e trinta minutos semanais efectivas de traballo e 15 minutos diarios de descanso.

En cada servicio, manteranse os horarios vixentes desde o 1 de xaneiro de 1990.

b) Atópase sometido ó réxime de xornada partida, todo o persoal dos servicios e categorías que a continuación se relaciona:

Servicios: medicina nuclear, banco de sangue e queimados.

Categorías: licenciados, técnicos superiores, xefes (de servicio, negociado, taller, etc.), supervisoras, encargados/as e subencargados/as. Así como calquera outro cargo que entrañe mando.

c) Concédese a este persoal de xornada partida, un mes de xornada continuada en quenda de mañá, que se desfrutará nos meses de xullo, agosto ou setembro, de acordo coas necesidades do servicio, cunha xornada semanal de 41 horas de presencia, distribuídas da seguinte forma:

Trinta e oito horas semanais efectivas de traballo e 30 minutos diarios de descanso.

A dirección da empresa, por necesidades organizativas ou de producción, poderá transformar ó persoal de xornada continuada en non continuada, aboándolle durante os días que realice tal xornada, o 10 % do seu salario base diario.

Cando un traballador solicite, por motivos particulares realiza-la xornada partida por un período de tiempo determinado, a dirección poderá aceptar tal cambio, sen aboarlle ó mesmo o 10 % que se sinala no apartado anterior.

O desfrute dos descansos será concedido polos respectivos superiores de cada servicio, no momento máis conveniente, segundo as necesidades del, entre as 10 e as 12 horas en quenda de mañá, entre as 18 e as 20 horas en quenda de tarde e entre as 0 horas e 2, en quenda de noite, salvo nos casos de emerxencia, neste caso, naturalmente, poderá ser variado o citado horario.

A empresa fará coincidi-los descansos do persoal, de modo que este desfrute, como mínimo, dun domingo ó mes, e a este domingo, bimestralmente, seralle engadido un sábado, sen prexuízo dos posibles pactos entre empresa e traballadores.

O dito sábado será por conta dos festivos establecidos no calendario laboral e convenio colectivo.

Artígo 20º.-Licencias e permisos.

Os permisos retribuídos a que ten dereito o traballador serán os seguintes, segundo se indica:

a) No caso de falecemento do cónxuxe, compañeoiro, pais, fillos e irmáns, sete días.

b) No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave, debidamente acreditada, valorada polo médico de empresa, de cónxuxe, compañeiro, pais, fillos e irmáns de catro a sete días a xuízo da empresa.

c) No caso de enfermidade grave, debidamente acreditada, intervención cirúrgica grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade (avós, netos, pais políticos, fillos políticos e irmáns políticos), dous días, ampliables ata catro, cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para tal efecto.

d) Por razón de matrimonio, quince días naturais.

e) Por parto de esposa ou compañeira, entendéndose siempre con convivencia debidamente acreditada, catro días laborables.

f) Despois de parto, a traballadora terá dereito a unha pausa no seu traballo, dunha hora, ata que o seu fillo acade os nove meses. Esta pausa poderase dividir en dous períodos ou reducir en media hora

a xornada laboral. O dereito á pausa ou reducción da xornada é optativo para o pai traballador.

No caso de que os dous membros da parella traballen no centro, só un deles poderá exercer este dereito.

g) No caso de adopción, o pai e a nai adoptantes desfrutarán dos mesmos dereitos que os pais naturais.

h) Por matrimonio de pais, fillos, irmáns e avós, o traballador terá dereito ó día natural en que se produza o feito.

i) Por traslado do domicilio habitual, dous días naturais.

j) Para probas ou recoñeocementos médicos en centros sanitarios, o tempo necesario, que deberá acreditar con xustificante médico.

k) Para consulta médica oficial, tres horas, que deberá acreditar con xustificante médico.

l) Licencia por cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal:

Para a realización destes deberes, os traballadores terán dereito á licencia polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poida facer fóra da xornada de traballo.

Para efectos do presente convenio, considéranse deberes inexcusables de carácter persoal, os siguintes:

-Expedición ou renovación do DNI, carné de conducir, pasaporte, certificados e rexistros de organismos oficiales. Citacións de xulgados, comisarías, gobernos civís e militares e revista militar.

m) Por realización de estudios, o traballador terá dereito a un permiso para concorrer ós exames; os ditos permisos comprenderán as dúas horas anteriores ás do exame e ata a súa finalización; cando o exame se celebre fóra de praza, o permiso será dun día natural se coincide coa súa xornada laboral.

Artígo 21º.-Excedencias.

1. Entenderase como excedencia a suspensión do contrato de traballo por un período de tempo determinado, de conformidade co establecido no Estatuto dos traballadores e a seguinte regulación.

2. A excedencia poderá ser forzosa, especial e voluntaria.

Forzosa.

3. A excecendia forzosa, conforme os supostos que a continuación se regulan, dará efecto á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia. Concederase excedencia forzosa ós traballadores designados ou elixidos para o desempeño dun cargo público representativo que imposibilite a asistencia ó traballo; así mesmo, poderán solicita-lo paso á situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Especial.

4. Os traballadores fixos na empresa terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para antende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción, contado desde a data de nacemento deste, ou a de acollida e/ou adopción, se é o caso. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de ata tres anos que, se é o caso, poñerá fin ó que viñese desfrutando. En caso de traballar ámbolos cónxuxes, só un deles poderá exercer este dereito.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional; para a participación neles deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante os dous primeiros anos de excedencia, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo; transcorrido o dito prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo nivel ou equivalente.

5. En desenvolvemento do número 6 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, regúlase a continuación un suposto de excedencia que dará dereito á reserva do posto de traballo: o traballador con polo menos, un ano de antigüidade na empresa terá dereito a ser recoñecido en situación de excedencia, e a súa duración non será inferior a tres meses nin supeiror a un ano, sempre que a súa causa veña motivada por algunha das seguintes circunstancias:

a) Necesidades de atende-lo cónxuxe ou familiares, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, incapcitados por enfermidade grave ou diminución física ou psíquica.

b) Necesidade de tratamento médico por razóns de rehabilitación ou recuperación non comprendidos nunha situación de incapacidade temporal.

c) Realización de estudios relacionados co cometido profesional desempeñado ou que se vai desempeñar na empresa, así como coa súa proxección profesional nela. Para este suposto o traballador deberá ter polo menos unha antigüidade de dous anos na empresa.

Non poderá desfrutar desta excedencia, simultaneamente, máis do dez por cento do cadro de persoal do centro de traballo.

Esta excedencia non poderá volver a ser solicitada polo traballador ata que transcorran tres anos desde o final da anterior.

Voluntaria.

6. O traballador fixo con polo menos unha antigüidade na empresa de dous anos ten dereito a que se lle recoñeza situarse en excedencia voluntaria por un prazo mínimo de seis meses e máximo de cinco anos.

Este dereito só poderá ser executado outra vez polo mesmo traballador se trancorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O período inicial de excedencia só pode ser prorrogado ata o prazo máximo de cinco anos, cando exista pacto expreso entre a empresa e o traballador.

O período correspondente á excedencia non se computa para efectos de presencia efectiva na empresa.

O traballador en excedencia voluntaria conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría que houbera na empresa sempre e cando non se cumpran as seguintes excepcións á presente regra xeral:

A. O persoal que ingresara na empresa con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1987 terá dereito á reincorporación inmediata á finalización da excedencia, sempre e cando a solicite cun mes de antelación, tempo de aviso previo, co obxecto de que a empresa poida acomoda-lo excedente.

B. O persoal que ingresara na empresa con posterioridade ó 1 de xaneiro de 1987 terá dereito á reincorporacióin inmediata á finalización da excedencia, cando o solicite cun mes de antelación, sempre que o persoal fixo, en situación de excedencia, non supere o tres por cento do cadro de persoal dado de alta a partir do 1 de xaneiro de 1987.

7. Para a obtencióin de calquera clase de excedencia, o empregado deberá comunica-la súa solicitude por escrito á empresa cun mes de antelación, como mínimo, á data en que deberá comezar a tomar efecto.

Igualmente, á súa terminación, será preciso un aviso previo dun mes para que o correspondente dereito á reincorporación ó traballo poida facerse efectivo.

8. A empresa, en consonancia co previsto no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores, facilitará información á representación legal dos traballadores sobre a relación de traballadores en situación de excedencia e o período dela.

9. No caso de cubrirse o posto do traballador excedente, poderá facerse mediante contratación externa ou suplencia interna.

Artigo 22º.-Festivos.

Ademais dos festivos establecidos no calendario laboral, establécense como festivos non recuperables os días 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, mércores de Cinza, luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2 de novembro.

Estes festivos poderanse desfrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades do servicio.

No suposto de que os festivos establecidos por convenio coincidiran en domingo ou cos festivos do calendario laboral, acordarase anualmente, entre empresa e comité, dentro dos 30 días seguintes á publicación do calendario laboral de festas, o seu traslado ó día laboral inmediatamente anterior ou posterior.

Os festivos 7 e 24 de decembro, Sábado Santo, mércores de Cinza, luns de Pascua, 24 de xuño, 17 de setembro, 17 de agosto, 14 de febreiro e 2

de novembro, cando coincidan coas vacacións do traballador, serán considerados de libre disposición e deberá solicitalo o traballador con polo menos un mes de antelación e sempre que non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

A dirección comprométese a concede-los días libres pendentes de desfrute, que se soliciten cun mes de antelacióin, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

Artigo 23º.-Vacacións.

Todo o persoal terá unha vacación anual retribuída de trinta e un días naturais a razón do seu salario base, complemento extrasalarial, antigüidade recoñecida, plus de especialidade, plus de transporte, gratificación persoal, gratificación categoría, gardería e rateo dos tres últimos meses dos seguintes conceptos: incentivos, gardas, plus de risco, plus de nocturnidade e plus de xornada partida.

Durante o ano 1999, as vacacións desfrutaranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O calendario das vacacións fixarase entre a dirección e o comité de forma que cada traballador poida coñece-las datas que lle corresponden polo menos con dous meses de antelación á data do inicio do período vacacional.

Para iso establécense as seguintes normas:

-Con carácter xeral, as vacacións desfrutaranse desde o primeiro día natural do mes, ata o seu remate e para os meses de duración inferior a trinta e un días, ata completar estes; a diferencia de días considerarase de libre disposición que se desfrutará cun aviso previo de trinta días, sempre e cando non afecte o normal desenvolvemento do servicio.

-O persoal contratado eventualmente, desfrutará das vacacións que lle correspondan nos meses de outubro, novembro e decembro, sempre e cando non afecte ó normal desenvolvemento do servicio.

-A empresa fará coincidi-lo desfrute das vacacións dos matrimonios, e compañeiros que acrediten a convivencia e que traballen neste centro, dando preferencia de elección ó cónxuxe ou compañeiro con maior antigüidade no centro.

-O mes de novembro queda destinado para aquelas persoas que no mes programado das súas vacacións estiveron de baixa por enfermidade.

-Para establecer unha orde dentro da programación de vacacións, tódolos cambios efectuaranse entre persoas do mesmo grupo e categoría, e mediante comunicado escrito e asinado polas persoas.

-O desfrute das vacacións poderá fraccionarse en dous períodos por solicitude do traballador. No caso de que un dos períodos non poida ser desfrutado nos meses correspondentes á planificación, por necesidades do servicio, poderá ser solicitado nos oito meses restantes e de acordo co normal desenvolvemento do servicio.

-Os traballadores que voluntariamente desfruten as súas vacacións anuais nos meses de febreiro, marzo, abril, maio, outubro e novembro veranse com

pensados cunha bolsa de vacacións de 20.000 pesetas (vinte mil pesetas), excepto os traballadores a tempo parcial, que percibirán o dito importe proporcional á súa xornada de traballo.

-Cando as vacacións, por solicitude do traballador, se desfruten en períodos quincenais e estes coincidan cos meses considerados como voluntarios, o traballador percibirá a bolsa de vacacións na nómina correspondente á segunda quincena.

-Todo traballador que solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, deberá facelo mediante comunicado escrito, con polo menos un mes de antelación ó mes que lle corresponda desfrutar por planificación.

-Cando un traballador solicite cambio ou fraccionamento das súas vacacións, na forma e tempo establecido, de non ter resposta da dirección nun prazo máximo de quince días, entenderase concedida a petición. Cando esta sexa denegada, a dirección deberá comunicarllo por escrito ó interesado, e fará conta-las causas da dita denegación.

-Cando un traballador considere que as causas que provocaron a denegación da súa petición de cambio ou fraccionamento das vacacións, son arbitrarias ou non coinciden coa realidade, poderá recorrer á comisión paritaria co fin de que decida sobre a reclamación formulada.

-A empresa fará coincidi-las vacacións do persoal feminino en situación de baixa maternal antes ou despois do permiso por maternidade, sempre e cando sexa solicitado pola traballadora, polo menos, con dous meses de antelaciíon á data do inicio do período vacacional. Cando sexa denegada a dita petición, esta será estudiada pola comisión paritaria.

Artígo 24.-Aviso previo para o cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio, se pretendese cesar ó servicio da empresa, avisará por medio de escrito simple, cunha antelación mínima de quince días, excepto o persoal titulado, que o fará cun mes. O que non o faga así, perderá o dereito ó percibo da liquidación que lle correspondese.

Artígo 25º.-Día de permiso retribuído.

Establécese un día de permiso retribuido, ademais dos que legalmente están establecidos o cal se desfrutará, preferentemente, no período non-vacacional.

Artígo 26º-Permiso sen soldo.

Todo o persoal con máis de dous anos de antigüidade, sempre que sexa posible a súa substitución e que o solicite cun mes de antelación, terá dereito a un mes de permiso sen soldo, que poderá ser ampliado ata tres meses, sempre e cando transcorreran dous anos desde o permiso anterior, se este fose de duración superior a un mes. O dito permiso non poderá ser fraccionado e durante el, o traballador permanecerá de baixa na Seguridade Social, repercutíndolle na debida proporción de ausencia ó traballo, nas gratificacións extraordinarias e vacacións.

Artigo 27º.-Noite 24/31 de decembro.

O persoal que traballe a noite do 24 e/ou 31 de decembro descansará dous días naturais por cada

unha destas noites. Estes días poderanse desdrutar en calquera época do ano e de acordo coas necesidades de cada servicio, e poderán ser aboados en caso de imposibilidade de concesión.

Artigo 28º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós sesenta e cinco anos para o persoal afectado por este convenio, sempre e cando o traballador reúna un período mínimo de cotización que lle permita acada-lo oitenta por cento da base reguladora. Por cada xubilación obrigatoria, a empresa comprométese a facer un contrato indefinido, de igual xornada, dentro dos tres meses anteriores ou posteriores de terse producido.

O presente precepto será de aplicacióin para os traballadores maiores de sesenta e cinco anos, que continúen traballando na empresa á sinatura do covenio e reúnan os requisitos mínimos establecidos no apartado anterior.

Artigo 29º.-Promoción do traballador.

Cando se produza o cesamento dun traballador fixo e a tempo completo por motivo de falecemento, xubilación, invalidez ou cesamento voluntario, ou se produza un cambio de categoría e se acorde a provisión do posto de traballo pola empresa, antes de prover este, ofertarase tal posto a tódolos traballadores que reúnan as condicións profesionais e de titulación para a súa provisión.

Para tal respecto, efectuarase unha convocatoria que se exporá no taboleiro de anuncios por un período mínimo de dez días hábiles coas probas que se vaian realizar e para a valoración delas formarase unha comisión composta por tres membros do comité e outros tantos en representación da empregadora, que proporán á dirección o candidato que consideren máis adecuado.

O comité de empresa coñecerá, con antelación á formación da comisión, os candidatos que optan ó posto.

O traballador que sexa designado pasará a desempeñar tales funcións na modalidade contractual laboral na que se atope afecto no momento da convocatoria.

No suposto de non proporse ningún candidato, ben por falta de presentación ou por considerar non reuniren as condicións necesarias ningún dos presentados, procederase á contratación directa.

Terán preferencia ós ditos postos en igualdade de valoracións globais, primeiro os familiares dos traballadores e as persoas en situación de paro.

No suposto de que se trate de postos de mando, a dirección da empresa reserva para si o establecemento das probas e a súa avaliación.

Capítulo IV

Beneficios e melloras sociais

Artigo 30º.-Manutención.

No caso de que o persoal que preste os seus servicios en Policlínico Vigo, S.A., o faga na modalidade

de semiinterno, terá dereito á manutención durante o tempo que permaneza no centro.

O persoal de cociña, autoservicio e cafetería será considerado, para efectos de manutención, como semiinterno.

Cando por necesidades do servicio, calquera traballador, por solicitude da empresa, realice horas extraordinarias, durante as horas dstinadas normalmente a manutención Policlínico Vigo, S.A. farase cargo dela.

Os traballadores que realicen quendas ncturnas, terán dereito a unha pequena colación as cero horas, consistente en bocadillo, froita, café e leite, conservando en adecuadas condicións hixiénicas.

Artigo 31º.-Autoservicio.

Os productos de consumo habituais acordados en actas do comité serán incrementados na porcentaxe que estableza o Goberno para o incremento do IPC para os anos 1998 e 1999.

Artigo 32º.-Gardería infantil.

A empresa aboaralles ós traballadores que teñan fillos menores de seis anos a cantidade de 4.000 ptas. (catro mil pesetas) mensuais por cada fillo, como compensación para a utilización dos servicios de gardería infantil.

En caso de matrimonios, enténdese que este beneficio alcanzará só a un dos cónxuxes.

Artigo 33º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo para todo o persoal afectado por este convenio por un capital base dun millón de pesetas, en caso de morte e riscos complementarios especificados en póliza. O importe total da dita pólixa será aboado integramente pola empresa. No suposto de ser rexeitada a proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador, queda sen efecto a obriga empresarial aquí pactada, incluíndolle nos seus haberes o importe da achega empresarial da dita póliza. O comité de empresa coñecerá o nome dos traballadores que foran rexeitados, co fin de tratar de conseguir que a totalidad e do cadro de persoal fose admitida nesta ou outra compañía.

Artigo 34º.-Fondo de préstamos.

A empresa disporá da cantidade de 5.000.000 de ptas. (cinco millóns de pesetas) para concesión de préstamos ós seus traballadores, os cales controlará e xestionará o comité de empresa.

Artigo 35º.-Bolsas e asistencia a congresos.

A empresa disporá da cantidade única de 1.500.000 pesetas (un millón cincocentas mil pesetas), para bolsas de estudios e asistencia a congresos dos seus traballadores fixos, todo iso relacionado co traballo. Para a concesión, crearase unha comisión formada por dous membros do comité de empresa, o xefe de servicio do solicitante e o xefe de

formación. En caso de non existir acordo nesta comisión, decidirá a dirección da empresa.

Co fin de promociona-la formación dos traballadores da empresa para adecualos ás novas funcións que se van desenvolver, a empresa destinará ata 10.000.000 (dez millóns) de pesetas en cada ano de vixencia do convenio para facer fronte ós gastos que iso comporte e que o habiliten par ao mellor desempeño das súas funcións. Por iso, a empresa proporá ós traballadores que crea conveniente a realización de cursos oficiais que o habiliten para o desempeño das novas funcións. Pola súa vez, o comité de empresa poderá propoñer aquelas iniciativas que considere oportunas.

Artigo 36º.-Uniformes e roupa de traballo.

En función das tarefas que se van desenvolver ou características ou necesidades do posto de traballo que se vai desempeñar, a empresa facilitaralle ó persoal a roupa de traballo e/ou protección adecuadas ás ditas circusntacncias e será a súa facultade decidi-lo tipo de pezas de roupa que deberán utilizar, as cales estarán en función dos servicios que se desempeñen.

Estas pezas entregaranse cunha periodicidade de dous anos par aquelas que teñan un carácter de uso continuado e permanente nun réxime de xornada completa. Nas demais situacios, a dita entrega efectuarase coa perodicidade suficiente para que garanta o decoro, boa presencia persoal e, se é o caso, seguridade deste colectivo, sen prexuízo de tódolos casos dos dereitos adquiridos a nivel de empresas e dos estipulados na lexislación vixente, debendo facerse cargo a empresa do lavado, entrega e mantemento do uniforme.

Artigo 37º.-Complemento por accidente de traballo e enfermidade profesional.

A empresa comprométese a solicita-la acreditación como emepreas colaboradora na xestión da Seguridade Social para estas continxencias antes do 1 de setembro de 1998. A partir da autorización oficial expedida polos organismos oficiais, a empresa comprométese a aboar, durante a situación de IT por estas continxencias e por un período máximo de dezaoito meses, o cento por cento do salario que o traballador teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización vixente no momento de producirse a baixa por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo e enfermidade profeisoal, confirmada polos servicios médicos da empresa.

A empresa poderá renunciar á súa condición de autoaseguradora no suposto que se produzan perdas anuais consecutivas ou acumuladas que acaden a cantidade de 1.000.000 de ptas. (un millón de pesetas).

No caso que se produza o exercicio de dereito de renuncia anteriomente relacionado, a empresa comprométese a negociar co comité de empresa o establecemento doutras melloras sociais.

Artigo 38º.-Complemento por enfermidade común e accidente non laboral.

No caso de enfermidade común e accidente non laboral, a empresas comprométese a aboarlle ó traballador unicamente durante os días que permaneza ingrado nunha institución santiaria por estas continxencias, a diferencia entre a prestación económica con cargo á Seguridade Social e o salario que o traballador teña recoñecido no momento do feito causante, ata o tope máximo de cotización e por un máximo de dezoito meses, sempre e cando o traballador acredite un período mínimo de cotización de cento oitenta días, dentro dos cinco anos anteriores á data da baixa por IT.

Artigo 39º.-Política de emprego.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a non facer uso da modalidade do contrato de formación e a non utiliza-lo contrato en prácticas nunha cantidade anual superio ó dous por cento do cadro de persoal.

Así mesmo, comprométese a non facer uso da contratación de persoal a través de empresas de traballo temporal excepto para o suposto de substitución de persoal por razóns de interinidade, vacacións, excedencias, licencias, permisos, festivos, baixas por IT e, con carácter excepcional, durante a tramitación do proceso de seleccióin do persoal.

Capítulo V

Ordenación xurídica de faltas e sancións

Artigo 40º.-Definición e principios xerais.

1. Considérase falta toda acción e omisión que supoña unha infracción ou incumprimento de deberes laborais derivados do estableido no presente capítulo ou doutras normsa de traballo vixente, xa sexan legais ou contractuais.

2. Prención: promoveranse políticas de xestión e desenvolvemento dos recursos humanos que contribúan á xeración dun adecuado clima social, previndo, se é o caso, posibles procedementos de axuda en situacións que requiran medidas de recuperción ou rehabilitación.

3. As faltas poderán ser sancionadas pola dirección da empresa, sen prexuízo da proposta que poida formula-la representación legal dos traballadores, de cordo coa graduación e procedemento que se establecen nos artigos seguintes respectando á legalidade vixente e ós principios xurídicos que a conforman:

-Principio de legalidade e tipicidade: esixe con carácter xeral que as conductas ilícitas e as sancións que se vaian impoñer estean establecidas e determinadas con base na lei (artigo 58 ET).

-Principio Non bis idem: evitar que uns mesmos feitos poidan ser sancionados máis dunha vez (artigo 25.1º CE) sen que poidan imporse sancións que reduzan vacacións, descansos do traballador ou multa de haber.

-Principio de igualdade de trato e non discriminación (artigo 14 CE e 17 ET).

-Principio de proporcionalidade e ecuanimidade: equilibrio que debe existir entre a conducta infratora, as súas consecuencias e a sanción que vaia impoñerse e a esixencia de imparcialidade.

-Principio de audiencia previa na forma que máis adiante se regula, en harmonía co previsto no convenio 158 de OIT.

-Principio de protección xurisdiccional dos dereitos: as sancións impostas pola empresa sempre poderán ser impugandas polo traballador ante a xurisdiccióin competente conforme o procedemento establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Artigo 41º.-Graduación das faltas.

Toda falta cometia por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia ou transcendencia en leve, grave ou moi grave.

1. Faltas leves. Todas aquelas que, comportando falta de dilixencia debida ou descoidos escusables, non causen un prexuízo cuantificable dentro do ámbito desta ordenación; entre as que hai que considerar incluídas as seguintes:

a) De tres a cinco faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

b) O abandono do posto de traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por un breve período de tempo, sempre que este non orixine un prexuízo grave para a empresa, pois en tal suposto operaría a cualificación conseguinte.

c) A non notificación previa ou no prazo de vintecatro horas das razóns da susencia ó traballo, agás caso de forza maior.

Nos postos de traballo que garden relacion directa coa atención sanitaria, a comunicación da ausencia realizarase antes do inicio da xornada laboral, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

d) A falta de asistencia ó traballo dun a dous días no mes sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

Para os efectos regulados no presente artigo, considerarase falta de asistencia a incorporación ó traballo despois de trancorrido desde o seu inicio un corenta por cento da xornada diaria de que se trate.

e) A desatención e falta de respecto ou de corrección no trato cos seus compañeiros ou co público cando non prexudique gravemente a imaxe da empresa.

f) Non levar uniforme completo na xornada laboral naqueles postos de traballo que se determinara, sempre que estea á disposición do traballador.

g) Non comunicar á empresa o lugar de notificación (ou a súa modificación) das comunicación oficiais desta, con independneica do lugar de residencia do traballador.

2. Faltas graves. Todas aquelas que impliquen unha conducta grave de neglixencia ou indisciplna, prexudiquen de modo cuantificable o proceso productivo e/ou supoñen a infracción de leis, regulamentaria ou convencional; entre as que se van considerar incluídas as seguintes:

a) De seis a nove faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

b) A falta de asistencia ó traballo de tres días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

c) Falseamento dos datos ou comunicacións que tiveran incidencia cuantificable na Seguriade Social.

d) A desobediencia manifesta ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade.

e) Os malos tratos de obra ou de palabra que supoñan evidente e notoria falta de respecto cara a outros empregados ou co público, así como a actitude notoria de acoso sexual.

f) A falta de aseo e limpeza perosal cando sexa de tal índole que afecte o normal desenvolvemento do traballo, á imaxe da empresa, ou produza queixa xustificada e reiterada dos compañeiros. Así mesmo, a fata ás normas de hixiene do persoal sanitario que poida representar un risco para os pacientes.

Considerarase necesario que houbese para o efecto apercibimento previo.

g) O incumprimento das obrigas legais, regulamentarias ou convencionais impostas ó traballador en materia de prevención de riscos laborais, seguridade e saúde laboral, cando esta orixine un risco grave para a integridade física ou saúde do propio traballador, os seus compañeiros, terceiras persoas, ou para as instalacións da empresa. A dita conducta cualificarase como falta moi grave cando a trascendencia do incumprimento fóra de tal índole.

h) Relizar traballos particulares durante a xornada laboral, así como empregar para uso propio materiais da empresa sen a a debida autorización.

i) A embriaguez non habitual ou situación análoga derivada do consumo de productos psicotrópicos ou similares, posta de manifesto durante o traballo.

j) Orixinar rifas, alborotos ou discusións graves que entorpezan a normal actividade da emrpesa.

k) A neglixencia, desinterese ou descoido inescusable na prestación do servicio sempre que diso se derivase prexuízo grave par a empresa, as persoas ou as cousas.

l) O quebrantamento ou violación de segredos de obrigada reserva que non produza grave prexuízo para a empresa.

m) O abandono, sen previo aviso, do posto de traballo sen causa xustificada cando como consecuencia del se orixine prexuízo grave para a empresa.

n) Simula-la presencia doutro traballador na empresa.

o) Alegar causa inexistente para a obtención de permisos.

p) A reincidencia na comisión de dúas ou máis faltas leves da mesma natureza, ou tres ou máis de distinta natureza, sempre que teñan lugar dentro dun período de dous meses contado desde a comisión de primeira e mediara advertencia escrita ou sanción sobre estas.

3. Faltas moi graves. Todas aquelas que impliquen conductas que prexudiquen con grande importancia cuantitativa o proceso productivo e/ou supoñan infracción de leis, regulamentos ou convenios, entre as que se deberán considerar incluídas as seguintes:

a) A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza, grave e culpable, nas xestións encomendadas.

b) O furto ou o roubo, tanto á empresa como ós compañeiros de traballo ou a calqura outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

c) A simulación de enfermidade ou accidente.

d) Dez ou máis faltas de puntualidade inxustificadas no período dun mes.

e) A falta de asistencia ó traballo de máis de trs días dentro dun período dun mes, sen a debida autorización ou causa que o xustifique.

f) O abandono do traballo sen causa xustificada, cando como consecuencia del se orixine un prexuízo moi grave para a empresa.

g) O quebrantamento ou violación do segredo de correspondencia ou de documentos reservados, ou datos de reserva obrigada que produza grave prexuízo para a organización e funcionamento da empresa.

h) A embriaguez habitual ou toxicomanía posta de manifesto durante a xornada laboral se repercute negativamente no traballo, sen prexuízo do etablecido na lexislación respecto da seguridade e saúde no traballo.

Entenderase que a embriaguez é habitual cando mediaran previamente dous apercibimentos escritos pola mesma causa.

i) Desenvolver unha actividade, por conta propia ou allea, que estea en concorrencia desleal coa actividade da empresa, cando expresamene estea prohibido pola dirección desta.

j) Actos de acoso sexual, considerándose de especial gravidade os dirixidos a persoas subordinadas con abuso de posición privilexiada.

k) Actos abusivos no exercicio das funcións de mando. O que o sufra porao inmediatamente en coñecemento da diracción da empresa, ben directamente, bena través da representación legal dos traballaodres. En todo caso, considerarase acto abusivo a actuación dun superior que supoñe infracción da normativa legal con prexuízo directo para o empregado.

l) A desobediencia ás ordes dos superiores, así como o incumprimento das normas específicas da entidade que impliquen quebranto manifesto de dis

ciplina ou delas derive grave prexuízo para a empresa.

m) A reincidiencia na comisión de tres faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre ue teñan lugar nun perído de seis mess desde a comisión da primeira e mediase sanción sobre estas.

n) Toda actuación que supoña discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calqura outra condición ou circunstancia persoal ou social.

o) A obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

Artigo 42º.-Procedemento sancionador.

1. Réxime xurídico.

1.1. A facultade de impoñer sancións corresponde á dirección da empresa, quen a exercerá na forma que se establece no presente convenio e conforme o regulado no Estatuto dos traballadores.

1.2. Entra dentro da competencia da representación legal dos traballadores na empresa facer denuncia e/ou proposta á dirección dela sobre feitos ou actuacións, en espeical aquelas conductas que puideran implicar actos abusivos no exercicio das funcións de mando, susceptibles de seren cualificadas como falta, para os conseguintes efectos.

1.3. A dirección da empresa transmitirá á representación legal dos traballadores, dentro das setenta e dúas horas seguintes de ter coñecemento por escrito das infracción que cometera o persoal, os cargos que se lle imputen ó infractor, co obxecto de que esta poida comunicar á dirección dentro das setenta e dúas horas seguintes, a existencia ou non de atenuantes ou de calquera circunstancia que poida contribuír ó esclarecemento dos feitos. O presente trámite de audiencia suspende os prazos de prescrición pactados no presente convenio.

O traballador, pola súa parte, deberá de asina-lo correspondente enterado e non poderá acudir no seu defecto a calquera outra forma acreditativa da recepción da comunicación da empresa.

1.4. Tratándose de sancións por faltas graves ou moi graves a traballadores afiliados a un sindicato e constándolle formalmente esta circunstancia á empresa, deberase dar audiencia preiva ó delegado sindical correspondente na empresa, nos termos pactados no apartado 1.3.

1.5. No suposto de sancións por faltas graves ou moi graves impostas a membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais, será obrigatoria a apertura de expediente contradictorio no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa ou restantes delegados de persoal e/ou sindicais.

Finalizado o expediente contradictorio, se é o caso, procederase á imposición da sanción, ó arquivo ou á anulación, entendéndose durante a tramitación del suspendidos os prazos de prescripción da falta.

1.6. O traballador poderá impugna-la sanción que lle fora imposta mediante demanda ante a xurisdicción competente, nos termos regulados pola Lei de procedemento laboral (artigos 114 e seguintes).

Artigo 43º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días; para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

Agora ben, naqueles supostos en que a falta sexa descuberta como consecuencia de auditoría, o cómputo dos prazos antes sinalados comezará a partir da data en que se emita o correspondente informe do auditor, sempre que non trasncorresen os seis meses establecidos no parágrafo anterior.

Artigo 44º.-Sancións.

As sancións máximas que poden impoñerse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

A. Por faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

B. Por faltas graves:

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo de tres a dez días.

C. Por faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de once a trinta días.

Inhabilitacón temporal para o ascenso por un perído de ata un ano.

Despedimento disciplinario.

Artigo 45º.-Cancelación.

As faltas que serasen sanción quedarán canceladas, pra os conseguintes efectos, ó cumprírense os seguintes prazos: as leves ós tres mese, as graves ós nove meses e as moi graves ós dezaoito meses.

Capítulo VI

Artigo 46º.-Dereitos sindicais.

A empresa disporá dun local adecuado para uso exclusivo do comité de empresa. Cada membro do comité disporá como máximo de corenta horas mensuais para desenvolve-las funcións do seu cargo sindical e quedará excluído deste cómputo o tempo de reunión por instancia da empresa e o investido nas reunións de negociación colectivo do convenio da empresa.

O comité de empresa poderá reunirse fóra das horas de traballo e dentro das horas de traballo, logo do coñecemento dos seus superiores.

O comité de empresa coñecerá a contratación de novo persoal, así como o tipo de contrato e os posto que se van cubrir por promoción interna.

Para a celebración das asembleas, requirirase autorización previa da dirección que deberá ser solicitada a esta cun mínimo de corenta horas de antelación.

O comité de empresa disporá dun taboleiro de anuncios con vitrina e pecho para o seu uso exclusivo. Así mesmo, cada sección sindical con representación no comité de empresa disporá doutro taboleiro nas mesmas condicións.

Os membros dos comité de empresa e delegados sindicais poderán proceder, logo da notificación á dirección, á acumulación das horas sindicais, da forma que consideren máis conveniente para a realización das súas tarefas.

Capítulo VII

Disposicións derradeiras

Artigo 47º.-Celador.

As funcións que realizará o celador serán as que constan na acta de deliberacións do convenio de data 16-2-1981.

Artigo 48º.-Entrega do convenio.

Policlínico Vigo, S.A. comprométese a entregar, unha vez asinado, aprobado e publicado no BOP, o presente convenio, unha copia del a cada traballador de alta na empresa, en castelán e galego.

Artigo 49º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio entenderase prorrogado por un ano , se algunha das partes non o denuncia, cunha antelación mínima de dous meses ó seu vencemento.

Artigo 50º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio foi subscrito, en representación da parte económica, por tres representantes designados para o efecto pola dirección da empresa e en representación da parte social, polo comité de empresa.

Capítulo VIII

Disposición transitoria I

As partes comprométense a negocia-las definicións de categorías e grupos profesionais.

Táboa de salarios según ó convenio 1998

Categoría profesional

Soldo base

Incentivos

Hora extraPlus de transporte

* Persoal técnico sanitario
Director técnico154.6771.6894.443
Xefe de servicios143.1021.4565.722
Médico xefe de sección ou adxunto142.1661.4445.911
Médico interno de garda137.3461.3976.878
Médico sen especialidade128.3171.4548.683
Médico contrato en prácticas78.8221.03513.993
Farmacéutico, químico, odontólogo137.3461.3976.878
Enfermeira xefe144.0571.4647.771
Fisioterapeutas e matronas144.05787.3341.4648.476
Supervisoras144.05787.3341.4648.476
ATS144.05783.7951.4649.182
Téc. Esp. A. Patolóxica, RX e Lab.121.91079.8981.2319.867

* Persoal subalterno sanitario
Celadores118.01476.0031.19210.553
Coidadores sanitarios e aux. clínica114.29972.2871.15611.421
Aux. clínica<18 anos100.54658.5341.01414.157

Categoría profesional

Soldo base

Incentivos

Hora extraPlus de transporte

* Persoal administrativo
Administrador142.1661.4445.911
Xefe de contabilidade125.8051.2729.182
Oficiais administrativos121.91079.8981.2319.867
Auxiliares administrativos112.39770.491.01411.855
Aspirantes<18 anos100.18258.1711.01114.068

* Persoal servicio hoteleiro
Xefe de servicio125.8051.2729.182
Encargado113.48071.5121.14611.637
Subencargado107.09565.0831.07712.942
Xefe de cociña120.02478.0131.21510.339
Cociñeiro de 1ª116.78274.7711.18410.988
Cociñeiro de 2ª113.52471.5121.14611.638
Axudante de cociña110.28068.2691.11612.290
Pinches>de 18 anos95.67553.66597713.252
Pasador de ferro, lavandeira,

costureira

106.53964.5281.07713.041
Limpadora106.53964.5281.07713.041
Camareiro110.28068.2691.11612.290
Conserxes113.52471.5121.14611.639
Telefonistas108.30866.2981.09312.680
Mozo dos recados91.06349.05191611.790

* Persoal servicio mantemento
Xefe de mantemento125.8051.2729.182
Electricista121.91079.8981.2319.867
Electro-mecánico121.91079.8981.2319.867
Electrónico121.91079.8981.2319.867
Albanel, pintor, carpinteiro108.79966.7881.09712.586
Peón106.53964.5281.07713.041

* Persoal de compras e almacén
Xefe de compras e almacén125.8051.2729.182
Axudante de almacén108.79966.7881.09712.586

* Persoal servicios sociais
Xefe de asuntos sociais125.8051.2729.182
Asistente social118.62676.6151.20210.619
Porteiros e ordenanzas108.79966.7881.09712.586

Táboa de salarios según ó convenio 1999

Categoría profesional

Soldo base

Incentivos

Hora extraPlus de transporte

* Persoal técnico sanitario
Director técnico157.6771.6894.443
Xefe de servicios146.1021.4565.722
Médico xefe de sección ou adxunto145.1661.4445.911
Médico interno de garda140.3461.3976.878
Médico sen especialidade131.3171.4548.683
Médico contrato en prácticas81.8221.03513.993
Farmacéutico, químico, odontólogo140.3461.3976.878
Enfermeira xefe147.0571.4647.771
Fisioterapeutas e matronas147.05787.3341.4648.476
Supervisoras147.05787.3341.4648.476
ATS147.05783.7951.4649.182
Téc. Esp. A. Patolóxica, RX e Lab.124.91079.8981.2318.867

* Persoal subalterno sanitario
Celadores121.01476.0031.19210.553
Coidadores sanitarios e aux. clínica119.15774.1451.17410.987
Aux. clínica<18 anos103.54658.5341.01414.157

* Persoal administrativo
Administrador145.1661.4445.911
Xefe de contabilidade128.8051.2729.182
Oficiais administrativos124.91079.8981.2319.867
Auxiliares administrativos115.39770.4291.01411.855
Aspirantes<18 anos103.18258.1711.01114.068

* Persoal servicio hoteleiro
Xefe de servicio128.8051.2729.182
Encargado116.48071.5121.14611.637
Subencargado110.09565.0831.07712.942
Xefe de cociña123.02478.0131.21510.339
Cociñeiro de 1ª119.78274.7711.18410.988
Cociñeiro de 2ª116.52471.5121.14611.638
Axudante de cociña113.28068.2691.11612.290
Pinches>de 18 anos98.67553.66597713.252
Pasador de ferro, lavandeira,

costureira

109.53964.5281.07713.041
Limpadora109.53964.5281.07713.041
Camareiro113.28068.2691.11612.290
Conserxes116.52471.5121.14611.639
Telefonistas111.30866.2981.09312.680
Mozo dos recados94.06349.05191611.790

* Persoal servicio mantemento
Xefe de mantemento128.8051.2729.182
Electricista121.91079.8981.2319.867
Electro-mecánico124.91079.8981.2319.867
Electrónico124.91079.8981.2319.867
Albanel, pintor, carpinteiro111.79966.7881.09712.586

Categoría profesional

Soldo base

Incentivos

Hora extraPlus de transporte

Peón109.53964.5281.07713.041

* Persoal de compras e almacén
Xefe de compras e almacén128.8051.2729.182
Axudante de almacén111.79966.7881.09712.586

* Persoal servicios sociais
Xefe de asuntos sociais128.8051.2729.182
Asistente social121.62676.6151.20210.619
Porteiros e ordenanzas111.79966.7881.09712.586

9791