Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.835

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se convoca o concurso de traslados das prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses.

De conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, que aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses e Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, anúnciase concurso de traslado para a provisión, entre tódolos funcionarios do corpo de médicos forenses das forensías ou agrupacións de forensías vacantes dos xulgados que no anexo se relacionan, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios que desexen participar poderán solicitar calquera praza vacante do Estado relacionada nos anexos publicados no Diario Oficial de Galicia correspondentes tanto a esta resolución como ós publicados no BOE polo Ministerio de Xustiza e restantes comunidades autónomas que recibisen traspasos de medios persoais, mediante unha única instancia ou solicitude, exprsando os destinos ós que aspiren numerados correlativamente por orde de pre

ferencia, con indicación da data de posesión do último destino.

2. Os funcionarios destinados definitivamente en forensías e agrupacións de forensías de Galicia, os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo durante o primeiro ano de excedencia que teñan reservado o posto de traballo, así como o resto de excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, ou os excedentes por maternidade a partir do primeiro ano que perderan a reserva do posto de traballo e os funcionarios doutros corpos ou doutras administracións que se atopen en excedencia por tal causa no corpo de médicos forenses, presentarán solicitude no prazo de dez días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no BOE dirixidas ó director xeral de Xustiza e Administración Local, debendo ter entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, r/ San Caetano, s/n, 15701 Santiago de Compostela.

3. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario: neste caso terá que ter entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado: neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán envia-la instancia que conteña o selo da oficina de correos, sen que se poida admitir, rematado o prazo de presentación de instancias, aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidera acreditar tal extremo.

4. Os excedentes voluntarios por interese particular xuntaranlle á súa solicitude declaración de non teren sido separados de calquera das administracións públicas.

5. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que soliciten prazas radicadas fóra desta Comunidade Autónoma que, por tanto, figuran nas convocatorias que simultaneamente a esta son realizadas polo Ministerio de Xustiza e outros gobernos autónomos e se publican no BOE e nos boletíns oficiais das comunidades autónomas respectivas.

6. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios do corpo de médicos forenses só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreran dous anos desde a toma de posesión no seu actual destino.

2. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas nos artigos 61 e 62 do Real decreto 296/1996 (excedencias por interese particular e por agrupación familiar), só poderían participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreran máis de 2 anos desde que foran declarados nesa situación.

3. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 59 do Real decreto 296/1996, só poderán concursar se transcorreron máis de dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

4. Os suspensos en firme non poderán participar mentres dure a suspensión.

Terceira.

1. Criterios para a adxudicación de prazas.

2. Valoración da lingua nas comunidades autónomas.

1. O nomeamento dos médicos ofrenses para as prazas vacantes recaerá no solicitante con maior antigüidade na escala.

2. Para a provisión de postos de traballo vacantes radicados na Comunidade Autónoma galega, o coñe

cemento oral e escrito da lingua será valorado da seguinte forma:

A. a) Curso de iniciación e perfeccionamento: dous puntos.

b) Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

c) Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

B. Para valorar estas linguas oficiais das comunidades autónomas deberase achegar xunto coa instancia certificación das comunidades autónomas respectivas da homologación e do nivel ó que correspondan os títulos aportados.

C. Cada punto equivalerá a un ano de antigüidade.

Cuarta.-Peticións condicionadas.

No suposto de estaren interesados nas vacantes que se anuncian, para municipios da Comunidade Autónoma, dous funcionarios que reúnan os requisitos esixidos, poderán condiciona-las súas peticións ó feito de que ámbolos dous obteñan destino neste concurso en municipios da mesma Comunidade Autónoma, entendéndose, no caso contrario, anulada a petición efectuada por ámbolos funcionarios. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicionada deberán concretalo na súa instancia e xuntar fotocopia da petición doutro funcionario.

Quinta.-Tramitación.

A Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local recibirá as instancias e valorará estas de acordo co previsto na base terceira.

Sexta.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razón do servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Sétima.-Resolución e prazo posesorio.

1. Esta convocatoria resolverase por resolución do director xeral de Xustiza e Administración Local de forma coordenada co Ministerio de Xustiza e cos órganos competentes das comunidades autónomas, de forma que se publiquen no BOE e nos boletíns das comunidades autónomas. No suposto de que a devandita simultaneidade non fora posible, os prazos computaranse a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

2. A resolución expresará o posto de orixe dos interesados a quen se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa se esta é distinta á de activo e mailo posto adxudicado a cada funcionario.

3. O prazo para tomaren posesión do novo destino obtido será dun mes de acordo co establecido no artigo 28 do Regulamento orgánico aprobado por

Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, mais cando non implique cambio de residencia deberase efectuar nos tres días hábiles seguintes ó do cesamento.

4. O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento que se deberá efecutar dentro dos tres días hábiles eguintes ó da publicación da resolución no BOE.

5. Se a resolución comporta reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a devandita publicación.

6. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen as licencias que se atopen desfrutando os funcionarios, agás que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Oitava.-Recursos.

Contra esta convocatoria poderá interporse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, logo de comunicación a este centro de acordo co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro de 1992).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1998.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Comunidade Autónoma de Galicia.

A Coruña:-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Carballo e Negreira.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Corcubión e Muros.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ferrol nº 5 e Ortigueira.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Noia e nº 3 de Ribeira.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón e de Ribeira nº 1 e nº 2.

Lugo:-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 5 de Lugo.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 e nº 3 de Lugo.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 4 e nº 6 de Lugo.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá e de Sarria.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Fonsagrada.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Mondoñedo.

-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Monforte de Lemos e de Chantada.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Vilalba.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Viveiro.

Ourense:-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Bande, Celanova e Xinzo de Limia.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras e da Pobra de Trives.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 do Carballiño e Ribadavia.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Verín.

Pontevedra:-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Cambados.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Cangas do Morrazo e Marín nº 1.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Lalín e A Estrada.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 do Porriño e Redondela.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ponteareas nº 1 e nº 2.-Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 e nº 2 de Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.

9470