Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 02 de novembro de 1998 Páx. 11.837

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para provisión da praza 98/031 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1994, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 98/031 convocada por resolución con data do 6 de abril de 1998 (BOE do 30 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 13 de outubro de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Praza nº: 98/031.

Comisión titular:

Presidente: Álvarez Amorós, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Toro Santos, Antonio Raúl de, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Coy Ferrer, Francisco J., catedrático de universidade. Universidad de Valencia (Estudi General).

Bou Franch, Amparo P., profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Rodríguez Ledesma, M. Nieves, profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: Alcaraz Varo, Enrique, catedrático de universidade. Universidad de Alacant.

Secretario: Míguez Ben, Manuel E., profesor titular de universidade. Universidad de Santiago de Compostela.

Vocais:

Bernárdez Sanchís, Enrique, catedrático de universidade. Universidad Complutense de Madrid.

Farrel Kane, Mary, profesora titular de universidade. Universitat Jaume I, Castellón.

Conde Silvestre, Juan Camilo, profesor titular de universidade. Universidad de Murcia.

9469